"Oliver" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 26.
-
PERSOEIRO
Xornalista. Subdirectora do xornal El Mundo, comezou a traballar en TVE (1974) en “Al Cierre” (1980), “El Arte de Vivir” (1982) ou “Españoles” (1984). Directora de “La Brújula del Mundo”, de Onda Cero (2001-2002), e colaboradora habitual en radio (RNE e Onda Cero), televisión (TVE, Antena 3TV) e prensa (Blanco y Negro, Interviú ou ABC), dirixiu o documental “Así murió Franco” (medalla de prata no Festival de Nova York, 1994) e a serie de televisión “La Transición” (Premio Víctor de la Serna 1995). Publicou Así se hizo la Transición (1995), Dicionario de la Transición (1999) e Presidentes (2000). Recibiu a Antena de Oro (1996) e o Premio del Ministerio de Trabajo a la No Violencia contra las Mujeres (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Durante a mocidade entrou en contacto co círculo artístico e literario de Vicente Risco e asistiu aos seus parladoiros con asiduidade. Formouse en maxisterio e exerceu como docente durante dous anos en San Mamede de Urrós (Allariz), onde desenvolveu o seu grande interese pola vida do campo e onde xermolaron as características da súa obra. En 1935 regresou a Ourense e tras o estalido da Guerra Civil Española (1936), incorporouse ao exército ata 1942. Ao ano seguinte foi expulsado do corpo de mestres por razóns políticas, polo que desde entón se dedicou en exclusividade á pintura. Partiu dun realismo íntimo de corte popular, para definirse posteriormente como un expresionista de técnica empastada. Interesouse pola obra de Rembrandt e Cézanne, que lle resultou sorprendente pola súa visión da natureza. Tras os seus primeiros traballos en acuarela e debuxo (Desnudo, Maternidad), desenvolveu unha obra caracterizada pola diversidade temática. A comezos da década de 1970,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en neurocirurxía e neuroloxía. Catedrático de Neurocirurxía (1981) e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela (1992) e director do Instituto Universitario de Ciencias Neurolóxicas Pedro Barrié de la Maza (1982), foi pioneiro da neurocirurxía en Galicia. Foi xefe e fundador do servizo de neurocirurxía do Hospital Clínico Universitario (1955) e o primeiro director da Escola Universitaria de Enfermaría (1978). Publicou numerosos artigos e estudos, entre os que destaca Estudio de las indicaciones en neurocirugía de la vía trans-esfenoidal (1972), e dirixiu o Dicionario Galego de Termos Médicos (2002). Académico correspondente da Real Academia Nacional de Medicina de España, desde 1992 preside a Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia. Membro de honra da Sociedad Gallega de Neurocirugía e da Sociedade Galega de Neuroloxía, recibiu, entre outros galardóns,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e guionista cinematográfico. Escribiu os guións de Midnight Express (1977), Conan, the Barbarian (1981) ou Scarface (1983). Da súa filmografía destacan Salvador (1986) Wall Street (1987), Born on the Fourth of July (1989, Oscar ao mellor director), JFK (1991), Heaven and Earth (1993), Natural Born Killers (1994), The People vs. Larry Flynt (1996), Savior (1998) e Alexander (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Melvin James Oliver.
-
PERSOEIRO
Escritor noruegués. A súa obra principal, Dansen giennom skuggeheimen (A danza para o casal dos homes, 1911-1924), recollida en dez volumes, fala do mundo dos traballadores da terra.
VER O DETALLE DO TERMO