"Pedre" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 47.

  • PERSOEIRO

    Poeta e editor. Formou parte do Front Nacional de Catalunya e como editor contribuíu á recuperación da actividade literaria en Catalunya tras a Guerra Civil Española. Creou as series de poesía Els Llibres de l’Óssa Menor (1949) e Els Llibres de les Quatre Estacions, e os premios Óssa Menor de poesía e Carles Riba. Escribiu poemas en galego e catalán, que recolleu en El llibre dels verns (1985). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ornitólogo. Recolleu as distintas denominacións que reciben certas especies de aves en Galicia, en colaboración con X. M. Penas Patiño. Das súas publicacións destaca a Guía de aves de Galicia (1980), primeira obra de aves en galego; e Aprendendo coas aves (1995). Tamén publicou artigos na revista Verba, como “Nomes galegos do Erithacus rubecula e do Troglodytes troglodytes”, sobre o nome galego das aves. Foi membro fundador da Sociedade Galega de Historia Natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Doutor en Filosofía e Letras, exerceu como catedrático de instituto en La Laguna, Baeza, Cuenca e A Coruña. Colaborou na prensa diaria, de xeito habitual en La Voz de Galicia, El Eco de Galicia, Revista Contemporánea, Ilustración Nacional ou Unión Católica, en Madrid, desde os que atacou a ideoloxía rexionalista. Participou na fundación de Las Noticias de Cuenca, e dirixiu Diario de la Laguna, El Lagunero e Aguerre en Canarias. Da súa obra destacan La enseñanza de la geografía, lo que es y lo que debe ser en España (1909), Ensayo de antología geográfica (1910), Desde la terraza (ensayos poéticos) (1912), Descripción de España. Nociones elementales de geografía nacional (1915) e o inacabado Cuadros de España (1914). Recibiu a Cruz de Alfonso XII e foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sisán (Ribadumia). De planta rectangular, ten unha fachada anterior con dous balcóns de pedra e unha fornela coa Virxe da Anunciación entre ambos os dous, debaixo da que se abre a porta principal. Á dereita da fachada principal destaca unha especie de torre ameada e unha gran cheminea situada nun dos ángulos. Ten un patio-xardín cun portalón con arco de medio punto na parte central sobre o que hai un reloxo de sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Couso en Couso (Avión). Contruíuse en granito e presenta un só van. Sitúase nun camiño local de Avión a Beariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Ludrio (Castro de Rei). O seu cumio acada os 572 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que ten o oficio de traballar a pedra.

      2. Persoa que traballa sacando pedra dunha pedreira.

      1. Enxeño de guerra que lanzaba pedras.

      2. Canón de artillaría empregado desde os ss XVI e XVIII que disparaba bólas de pedra de diferentes grosores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo. Discípulo de Joan Nin, en 1873 estableceuse en Barcelona e en 1894 marchou a Madrid, onde traballou como mestre do conservatorio (1915). Introdutor da obra de Wagner en España e un dos primeiros cultivadores da ópera, foi un estudoso da música, como reflicten os seus traballos sobre as Cantigas de Afonso X, ademais de mestre de compositores como E. Granados, Manuel de Falla e Albéniz. Como compositor deixou diversas óperas, como Quasimodo (1875), Cléopâtre (1878), Los Pirineos (1891) e El comte Arnau (1904). Ademais de catro zarzuelas, escribiu poemas sinfónicos, obras relixiosas e composicións de cámara. Publicou diversos libros e tratados musicais, como Dicionario técnico de la música (1894) ou El organista litúrgico español (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea anual, de follas lanceoladas, con talos pouco angulosos e follas de nervios paralelos. As flores son moradas ou brancas e os froitos están en legume. Emprégase como forraxe, especialmente para o gando ovino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é da natureza da pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Ribeira (Cervantes). O seu cumio acada os 900 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao S de Estepa (4.960 h [2001]). A base da súa economía céntrase na agricultura, na gandaría e nas industrias derivadas como os lagares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combina varias cores, pero con predominio da branca ou da negra.

    2. Que é de cor máis escura do habitual.

    3. Que ten o pelo entre negro e branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e xurista, irmán de Tomé Pedret Casado. Ordenado sacerdote en 1922, obtivo a cátedra de Dereito Canónico en Santiago de Compostela e escribiu numerosas obras, das que destacan, La Evolución de la enseñanza del derecho canónico en España (1946), José Andrés Cornide y la Galicia del s XVIII (1948), Fuentes del conocer del derecho canónico: algunos aspectos de su historia (1950), La venida de Santiago El Mayor a España (1954) e Mis maestros gratuitos (1957). Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Gallega (1907), da Academia de Xurisprudencia e Lexislación, e vicedirector do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, irmán de Paulino Pedret Casado. Foi profesor e secretario da facultade de Dereito de Santiago de Compostela, e membro correspondente da Real Academia de Ciencias, Bellas Letras y Nobles Artes de Córdoba. Escribiu Derecho civil: parte general.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado nos contrafortes da serra de Guadarrama (1.670 h [2001].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo N da parroquia da Cervela (O Incio), no límite con Sarria. O seu cumio acada os 720 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no S da parroquia da Broza (O Saviñao). O seu cumio acada os 658 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Pintor, Xastre ou Negro, formou parte dos milicianos que intentaron conter a sublevación militar que iniciou a Guerra Civil. Detivérono ao finalizar o conflito e permaneceu encarcerado ata 1943. En 1945 incorporouse á guerrilla e foi elixido xefe militar da IV Agrupación Guerrilleira de Galicia e iniciou unha forte actividade propagandística e de combate. Morreu nun tiroteo coa Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO