"RCH" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 203.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alabarda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero da infraorde dos Lemuriformes, procedente das chairas litorais de Madagascar e extinguido en época recente, que posuía unha relativa autonomía filética no seo do seu grupo. A súa dentadura era apta para cortar e descascar alimentos vexetais. Debía ser parcialmente terrestre, ademais de arborícola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves fósiles da subclase dos arqueornitas, de ata 35 cm de longo, de cabeza pequena e ollos grandes, mandíbulas finamente dentadas e cola ósea longa. As extremidades superiores son longas e delgadas con tres dedos e as patas son semellantes ás das aves corredoras actuais. Como características propias das aves modernas, presentan unha estrutura típica orixinada pola unión das dúas clavículas e unhas longas plumas nas ás e na cola. De vida insectívora e propia de bosques abertos, tiña capacidade para desprazarse entre as árbores mediante o voo. Foi descuberta en 1861 en Alemaña, nos xacementos xurásicos da formación Solnhofen de Baviera. Estes animais, que comparten coas aves actuais antecesores comúns, constituíron un importante apoio para a teoría da evolución, ao ser descubertos poucos anos despois de saír do prelo On the origin of the species (A orixe das especies, 1859) de Darwin e interpretarse como unha “especie elo”, ou de transición, entre os réptiles e as aves.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano de orixe francesa que iniciou o seu labor artístico no teatro para finalmente asentarse en Hollywood. Dirixiu filmes dramáticos, de intriga policial e westerns interpretados por Hopalong Cassidy e Gene Autry. Posúe unha das filmografías máis longas de todo o cinema americano. Dirixiu, entre outras moitas películas, The iron ring (O anel de ferro, 1917), Diamonds and pearls (Diamantes e perlas, 1918), The trap (A trampa, 1918), The miracle of Manhattan (O milagre de Manhattan, 1921), Men of steel (Homes de aceiro, 1926), Lost squadron (O último escuadrón, 1932), Hotel Haywire (O Hotel Haywire, 1937), The woman of the town (A muller da cidade, 1943), Texas masquerade (Mascarada de Texas, 1944), Dangerous adventure (Aventura perigosa, 1947), The old west (O vello Oeste, 1952) e Last of the pony riders (O último dos xinetes, 1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
alabardeiro.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Murcia, ao NO da capital, na Vega del Segura (14.163 h [1996]). Posúe unha interesante necrópole ibérica. Ten fontes termais de augas sulfurosas que brotan a máis de 50°C. As termas véñense aproveitando para a explotación balnearia dende a época romana. En 1778 construíuse un gran balneario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘condutor’, ‘xefe’, usada para indicar preeminencia ou superioridade (ex: arquiduque, arquidiocese) ou tamén valor superlativo dun adxectivo (ex: arquimillonario, arquifamoso). OBS: Pode presentar as variantes arce-, arci- (ex: arcebispado, arciprestado).
-
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica italiana. Obtivo un extraordinario éxito co seu primeiro filme Mignon è partita (Mignon marchou, 1988) e coa súa segunda realización Verso sera (Ó atardecer, 1990), onde narra un conflito de xeracións interpretado por Marcello Mastroianni. Dirixiu tamén Il grande cocomero (A gran sandía, 1993) e Con gli occhi chiusi (Cos ollos pechados, 1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, regado polo río Guadalhorce e accidentado polas serras do Conjuro, da Virgen e do Umbral (8.246 h [1996]). Caracterízase por unha agricultura mediterránea na que o cereal, a vide e a oliveira, son os principais produtos de cultivo. Posúe unha industria derivada das canteiras de xeso e mármore que explotan no seu territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación informática que busca documentos na Internet relacionados cun determinado tema. Foi desenvolvida por Alan Emtage, Bill Heelan e Peter Deuscht na Univesidade McGill. Este termo procede do inglés archive ‘arquivo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de arquitectos ingleses fundado en 1961. Preconizaba os sistemas tecnolóxicos como definidores da arquitectura e como organizadores do hábitat humano. Estaba formado por Chalk, Cook, Crompton, Greeve, Herron e Webb.
-
PERSOEIRO
Escultor ucraíno, nacionalizado norteamericano (1928). Viviu en París e, dende 1923, nos EE UU. A partir de 1920 traballou na evocación de figuras humanas mediante a construción de ritmos xeométricos. É un dos principais representantes da investigación cubista na escultura. En 1922 retornou a un depurado clasicismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito xeral da documentación procedente dos organismos do estado francés, radicado en París. Creado durante a Revolución pola Asemblea (1789), ampliouse despois (1790) á categoría de arquivo nacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documentación das múltiples empresas comerciais do mercador toscano Francesco di Marco Datini. Cando morreu no ano 1410, os arquivos quedaron na fundación Pia Causa dei Ceppi, de Prato (Toscana).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto da documentación da Santa Sé relativa a toda a Igrexa Católica. Primeiramente estivo situado preto da basílica de San Lourenzo, en Damaso no s IV; tres séculos despois repartiuse toda a documentación entre a basílica de San Xoán Lateranicio e a Turris Chartularia, próxima ao Arco de Tito. Durante o pontificado de Inocencio III (1198-1216) comezou a serie ininterrompida dos rexistros papais, que se situou preto de San Pedro do Vaticano. Actualmente as súas principais seccións son as seguintes: chancelería, dataría, cámara apostólica, consistorio (deliberacións) e secretaría do estado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito da documentación relativa aos descubrimentos, ás conquistas e á administración das antigas posesións castelás de América e doutros territorios de ultramar, situado en Sevilla. Foi creado por Carlos III en 1781. Ocupa o antigo edificio da lonxa sevillana, construído a finais do s XVI. Os seus fondos orixinarios proveñen do Archivo General de Simancas, da Casa de Contratación e, posteriormente, do ministerio de Ultramar e doutros arquivos de carácter privado. A documentación que recolle (dividida en 14 seccións) comprende información sobre os descubrimentos, descrición de territorios e poboacións, os méritos e servicios dos primeiros descubridores, as reais cédulas de concesión de escudos de armas, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito establecido en Zaragoza para axuntar a documentación do antigo Reino de Aragón. A súa formación foi ordenada polas cortes de Monzón do 1427. As bombas francesas de 1809 incendiárono nunha boa parte. A conservada da deputación do Reino comprende, entre outras, as seguintes seccións: obras, correo enviado, mandatos, inventarios, nomeamentos, rexistros de actas, índice sumario, asistencia, habilitación de cabaleiros, matrículas de insaculados, infanzonía e finanzas.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación periódica do Instituto Diego Velázquez do CSIC (Madrid). Fundada en 1940, continúa a mesma liña da antiga publicación Archivo Español de Arte y Arqueología (1925-1937), dedicada a difundir traballos de erudición sobre diversos temas de arte hispánica, constituíndo a súa fonte fundamental.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito documental formado en Pamplona cos arquivos diplomáticos, de gobernación e de contabilidade do antigo Reino de Navarra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito documental destinado a gardar a documentación producida polas diversas institucións estatais de Castela e da monarquía hispánica. O arquivo contén 61.505 legados e 5.196 volumes, comprendidos principalmente entre os ss XV e XVIII. As series principais catalogadas son títulos de Castela, Flandres, Italia e Portugal, amais de negociacións con Inglaterra e rexistros do selo.