"Rafael" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 122.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Viviu en Barcelona, onde realizou a maior parte da súa obra. Foi un dos primeiros pintores americanos interesados polo Cubismo e o seu estilo estivo moi emparentado co Futurismo italiano xa que tiña un compoñente dinámico, por iso intentou crear o Vibracionismo. Expuxo nas galerías Dalmau e colaborou en publicacións como Un enemic del poble.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante. Colaborou en diversas revistas e xornais. Foi asesor artístico do concello da Coruña. Membro da Real Academia de Belas Artes da Coruña, en 1962 ingresou na Real Academia Galega cun discurso titulado: “Breves divagaciones sobre el arte en relación con algunos pueblos y épocas de la antigüedad que lo crearon”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante, cartelista e deseñador. Ao ser delineante municipal traballou moitos anos como organizador das carrozas e das escenografías no teatro da Farándula. Ademais realizou numerosos carteis de festas da cidade nas dúas primeiras décadas do século XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudou na Escola de Belles Arts de Barcelona e na de Pintura Mural Contemporànea de Sant Cugat del Vallés. Entre o 1966 e o 1968 agrupouse con E. Arranz i Bravo, G. Sala i Rosselló e R. Llimós i Oriol, pero soamente mantivo o traballo conxunto con Arranz i Bravo, con quen expuxo ata o 1982. Froito do seu traballo conxunto son algunhas esculturas, as decoracións murais da fábrica Tipel (1971), en Parets do Vallés, a dun centro comercial en Magaluf (1973) e a casa de Camilo José Cela en Mallorca. Cultivou a abstracción xeométrico-lírica con ilusións eróticas. Nos últimos tempos diversificou a súa produción cara á cerámica, á ilustración e á escultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director. Fundou en Madrid a orquestra que levaba o seu nome (1916), e o primeiro gran coro mixto de Madrid (1918). Foi un destacado pedagogo musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro. Pertence á xeración de 1925, da que é un destacado representante das correntes racionalistas. Logo da Guerra Civil emigrou a Venezuela, de onde regresou anos despois. Foi o autor da colonia do Viso (1931) en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático de Química Inorgánica. Exerce como director do Grupo de Investigación de Química Inorgánica da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela. Investigou, principalmente, a química de coordinación con metais esenciais para a vida, a cristaloquímica, a fotosíntese artificial, a química de sistemas supercondutores, a fixación do SO2 con precursores metálicos, os helicatos metálicos miméticos do ADN e o uso de manganoenzimas como catalizadores. Participou en proxectos e convenios nacionais e internacionais sobre a fotosíntese artificial, a desulfuración con complexos metálicos, a modelización teórica e os biomodelos do manganeso. Dedicouse á Pedagoxía e á Historia da Ciencia, contribuíndo á normalización lingüística do galego nas súas publicacións. Entre as súas obras destacan: Carbenos e carbinosarbinos (1983), O patrimonio histórico da Universidade de Santiago de Compostela (1996) e Manual práctico de Química Agrícola (1998). Foi director...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto arxentino. Profesor de Dereito Administrativo na Universidade de Bos Aires desde 1924, agás o período 1952-1955, no que foi separado da cátedra polas súas opinións políticas. É autor de obras como Ciencia de la administración e Derecho administrativo y legislación administrativa argentina, que tiveron influencia en Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador e caricaturista. Fundou numerosas publicacións e foi correspondente gráfico de The Illustrated London News nas guerras carlistas españolas. Foi autor tamén de caricaturas satíricas de factura policromada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Catedrático de Farmacia Galénica da Universidad de Madrid, foi o primeiro docente de España que incorporou a biofarmacia e a farmacocinética como parte fundamental da farmacia galénica. Entre outras obras, publicou en 1999 Interacciones medicamentosas (y otros factores modificadores de la respuesta). Foi director da Real Academia de Farmacia, presidente da Fundación José Casares Gil de Amigos da Real Academia de Farmacia, fundador do Comité Científico Europeo de Biofarmacia e Farmacotecnia e membro de número da Academia Nacional de Medicina e da Real Academia de Doctores. Foi galardoado coa Medalla especial do Comité Científico Europeo de Biofarmacia e Farmacocinética en 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político venezolano. Catedrático de Dereito do Traballo na Universidad Central de Venezuela. Fundou en 1942 o partido Acción Nacional, que máis tarde formou parte do partido socialcristián denominado Comité de Organización Política Electoral Independiente (COPEI). Ocupou o cargo de presidente da República entre 1968 e 1974, mandato no que legalizou o Partido Comunista e asinou o Protocolo de Trinidad, no que se estableceron as fronteiras con Guyana. Entre 1994 e 1999 foi elixido novamente presidente como candidato independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político costarriqueño. Formado en dereito, participou dende moi novo na vida política costarriqueña, a pesar de ter nacido en Nicaragua, onde seu pai, Rafael Ángel Calderón Guardia, estaba exiliado. Fundador do Partido Social Cristiano, foi ministro de Asuntos Exteriores e membro do Consello de Seguridade Social entre 1978 e 1982. Presentouse ás eleccións presidenciais en 1982 e 1986, sen embargo, só chegaría a ocupar este cargo entre 1990 e 1994. A súa política caracterizábase por potenciar as privatizacións sen esquecer as melloras de carácter social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político costarriqueño. Líder do Partido Republicano Nacional (PRN), foi deputado e presidente da Cámara ata ser elixido en 1940 presidente da República. Durante o seu mandato, que se prolongou ata 1944, declarou a guerra aos países do Eixe. En 1948 o seu partido perdeu as eleccións presidenciais, mais ao ter a maioría no Parlamento as eleccións foron declaradas nulas, co que se iniciou unha guerra civil. En 1949 viuse obrigado a exiliarse a Nicaragua, desde onde dirixiu numerosos intentos de golpe de estado. Regresou ao seu país en 1958, cando foi elixido deputado polo Partido Republicano Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e político. Catedrático nas universidades de València e Madrid, foi fundador e director da revista Arbor (1944) e membro destacado do Opus Dei. Publicou diversas obras de tema político como España sin problema (1949), Teoría de la Restauración (1952) ou La fuerza creadora de la libertad (1958). Posteriormente evolucionou cara a posicións liberais, expresadas a través do diario Madrid, que dirixiu entre 1966 e 1968. Exiliado en París (1971), participou na Junta Democrática de España. Pertencen á súa segunda etapa, entre outros, os libros Franco frente al Rey (1972), La ditadura de los franquistas (1973) e Hacia la III República Española? (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rafael García Gómez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e crítico literario. Entre as súas novelas destacan El pobre Baby (1915), El eterno milagro (1918) e La huelga de los poetas (1921). Como crítico publicou La nueva literatura (1917-1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Dirixiu a revolta antiliberal contra Morazán e Gálvez en 1839. Trala vitoria exerceu unha ditadura militar en Guatemala, que separou das Provincias Unidas de América Central. Foi presidente da República no período 1844-1848 e en 1851. Tres anos despois foi nomeado presidente vitalicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Traballou como redactor do xornal El Mundo e como correspondente de El Noroeste. Participou na fundación do movemento agrarista Acción Gallega, liderado por Basilio Álvarez, na Liga Agrario-Redencionista e en numerosos encontros cos catalanistas de Cambó. Politicamente estivo vinculado á parte maurista do Partido Conservador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e entallador. Foi discípulo do seu pai Juan Bautista Celma. Realizou en 1601 un retablo para a confraría do Rosario de Santiago de Compostela na igrexa do mosteiro de San Domingos e encargóuselle, no mesmo ano, outro retablo para a igrexa de San Paio de Sabugueria (Enfesta-Santiago) que rematou o seu pai, xa que morreu antes de finalizalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Meteorólogo e profesor. Doutor en Ciencias Exactas, catedrático e profesor emérito da Universidad de Zaragoza. Exerceu como meteorólogo dos aeroportos de Las Palmas (1949-1952) e Zaragoza (1952-1960). En 1957 obtivo a cátedra de Astronomía Xeral, Topografía, Astronomía Esférica e Xeodesia na facultad de Ciencias de Zaragoza. Foi decano da facultad de Ciencias de Zaragoza (1968-1972) e director do Instituto de Ciencias de la Educación (1973-1979). Foi nomeado conselleiro adxunto do Consello Superior de Investigacións Científicas (1966), asociado de honra da Asociación Española de Ingenieros Geógrafos (1970) e membro da comisión de Mecánica Celeste da Unión Astronómica Internacional (1982). Entre os seus libros destacan: Mecánica Teórica (1965), On the Problem of the internal constitution of the Earth (Sobre o problema da constitución interna da Terra, 1991) e Geodesia, Geométrica, Física y por Satélites (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO