"Ramil" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 25.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate sostido entre o exército inglés e o francés o 23 de maio de 1706, próximo á poboación homónima, en Brabante (Bélxica), durante a Guerra de Sucesión Española. Os ingleses, dirixidos polo duque de Marlborough, venceron as forzas francesas.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense, en 1956 converteuse en conselleiro delegado da empresa familiar Ramilo SA. Foi presidente do Sindicato Provincial de la Construción, Vidrio y Cerámica (1966-1970) e da xunta local de Vigo de Acción Social (1969-1970). Alcalde de Vigo (1970-1974), emprendeu o primeiro Plan de Ordenación Urbana da cidade e foi procurador en Cortes en representación dos concellos de Pontevedra (1971-1974). Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi senador por Coalición Popular (1986-1989). Presidente do Consejo Provincial de Empresarios (1974-1976), participou na fundación da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (1976), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (1977) e a Confederación de Empresarios de Galicia (1981), da que foi presidente (1991-2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribadeo baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Produtor de cine e televisión, director do Orfeón Lucense e do portal Galiciadixital.com, participou en títulos colectivos como Antonio Raimundo Ibáñez: o marqués de Sargadelos (1988) e publicou Galicia, 70 anos de nacionalismo (1918-1988) (1989), Historia da lingua contada aos nenos (1993) ou San Froilán (1999).
VER O DETALLE DO TERMO