"Roberto" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 60.
-
PERSOEIRO
Actor e director de escena. Desde 1990 traballa en Galicia, onde coordinou obradoiros de iniciación ao teatro e participou como actor, director e axudante de dirección en espectáculos coas compañías Teatro Xalgarete, Teatro Galileo, Teatro da Lúa e o Centro Dramático Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte italiano. Especializouse en pintura renacentista e barroca italiana e escribiu Piero della Francesca (1927), Viatico per cinque secoli di pittura veneziana (1946) e Caravaggio (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Asesor da exposición Galicia e América, da súa obra destaca Comportamientos religiosos en Asturias durante el Antiguo Régimen (1989), Muerte y religiosidad en el siglo XVIII e Ceremonia y poder en el Antiguo Régimen: algunas reflexiones sobre fuentes y perspectivas de análisis (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deseñador. Coñecido como Roberto Verino, creou a súa primeira colección pret à porter feminina en 1982 e abriu a súa primeira tenda en París (1983). Participou de forma continuada na Pasarela Cibeles (1984-1999 e 2002-2003), lanzou a súa primeira Colección de Hombre e a Verino Jeans en 1997, e xunto a diversos deseñadores fundou a Asociación de Moda de España (1999). Tamén iniciou a comercialización de produtos como perfumes (1992), lentes (1997) e revestimentos e pavimentos cerámicos (2002). Recibiu a Aguja de Oro (1992), a Medalla Castelao (1996) e a Vieira de Prata (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor chileno. Formouse como arquitecto (1931) e marchou a Europa en 1933, onde traballou con Le Corbusier e Gropius en París e, xunto con Josep Lluís Sert, no Pabellón Español da Exposición Internacional de 1937. A través de S. Dalí e F. García Lorca entrou en contacto co movemento surrelista. A súa obra pictórica evocaba espacios oníricos poboados por seres fantásticos, cun tón de denuncia moi acusado. Da súa obra destaca Nacimiento de América e La Ajenidad. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Artes en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista mexicano. Formouse na Academia de San Carlos de México, onde ingresou en 1906 e onde coñeceu a Diego Rivera. Viaxou a Europa en varias ocasións; en España asistiu aos obradoiros de I. Zuloaga e J. Sorolla, e en París relacionouse con artistas como Picasso, J. Gris ou Cocteau. No eido da ilustración, evolucionou cara ao decorativismo, mentres que como pintor tendeu ao eclecticismo. De novo en México en 1920, conseguiu altos cargos artísticos oficiais, fundou e dirixiu o Museo de Arte Popular (1934) e cultivou o muralismo. Destaca o seu mural Fiesta de la Santa Cruz (1924), o óleo Desesperación (1949) e o mosaico La muerte de las artesanías (1964). Publicou Pintura Mexicana del período 1800-1860 e Retablos mexicanos (1951). Recibiu o Premio Nacional das Artes de México en 1967.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Coñecido como Luis Mosquera ou Luis Spiegel, ocupou diversos cargos directivos en entidades bancarias e foi xefe de prensa do BBV. Deportista federado, foi presidente da Federación Galega de Hockey e da de Tenis de Mesa. Traballou en Radio Coruña-SER, La Voz de Galicia, El Mundo (Caracas), The Lion (EE UU) ou El Ideal Gallego. Director da Axencia Galega de Noticias, exerceu tamén como director da axencia de noticias Galicia Press. Como correspondente cubriu os principais acontecementos deportivos. Publicou La Magia Celta, Esoterismo y Mística, Astrología y Horóscopos ou Marianismo en Galicia: Fe, tradición, Esoterismo y Folclore. Presidente do congreso de Maxia e Bruxería de Galicia, é membro da Enxebre Orde da Vieira.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Judoka. Baixo a dirección técnica de Bernardo Romay, foi dúas veces campión de España (1993 e 1995), participou en dous campionatos do mundo (1993 e 1995) e nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996). Despois de deixar a competición, converteuse en seleccionador galego junior e absoluto masculino.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e escritor. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en 1907. Tras doutorarse, traballou no Hospital de Caridad de Teresa Herrera na Coruña, gañou a cátedra de Patoloxía Xeral tanto da Universidade de Santiago de Compostela como a de Madrid, e foi durante estos anos cando realizou moitas das súas investigacións, das que destacan a clasificación que realizou das enfermidades do fígado, o estudo dos reflexos tónico-postulares, o estudo das influencias psicoxénicas sobre o sistema neurovexetativo ou a súa achega para diagnosticar a hidatidose, enfermidade producida pola hidátide. Publicou artigos en revistas tanto nacionais como estranxeiras e varios libros e ensaios, como Documenta pathologica, a célebre Patología general (1916), convertida en obra de referencia na medicina española, Physis y Psyquis (1922), La mujer, nuestro sexto sentido y otros esbozos (1929), o ensaio Significación y devenir del sexo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Futbolista brasileiro. Coñecido como Bebeto, xogou, entre outros, no Flamengo, no Vasco da Gama e no R. C. Deportivo de la Coruña. Gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988), a Copa América (1989), a Copa do Mundo de EE UU (1994) e a Copa do Rei (1995). Recibiu o trofeo Pichichi como máximo goleador da Liga (1993) e o Balón de Ouro como mellor xogador de América (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante, humorista e pintor. Foi un dos fundadores do xornal El Miño e subdirector de Vida Gallega (1924-1927), onde publicou o primeiro debuxo humorístico en 1916 e da que foi colaborador ata 1935. Traballou tamén noutras publicacións, como Faro de Vigo, El Ideal Gallego e La Semana de Tui, ademais de participar en diferentes mostras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e historiador da arte italiano. Profesor na Universidade de Nápoles desde 1942, especializouse en restauración de monumentos e centros históricos e destacou como investigador. En 1949 traballou para a UNESCO. Escribiu biografías de Palladio (1960), Ferdinando Fuga (1956) Bernini (1953) e Gaudí (1962), ademais de I Rinascimento nell’Italia Meridionele (1977) e outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. No ámbito político, foi primeiro radical e despois socialista. Fundador de La Tribuna (1888), colaborou en La Nación. Algúns dos seus traballos xornalísticos foron reunidos en La Australia Argentina (1898) e En las tierras del Inti (1909). Como escritor, é o autor máis importante do costumismo crioulo, e das súas obras destacan El casamiento de Laucha (1906), Pago Chico (1908) e Las divertidas aventuras del nieto de Juan Moreira (1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo, irmán de María del Carmen Quintero. Director e propietario de Roberto Quintero-Fotografía Técnica Industrial, foi presidente da Asociación de Fotógrafos Profesionales de Pontevedra, presidente da Federación Gallega de Fotógrafos e vogal da Federación Nacional de Fotógrafos Profesionales.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do xermánico Hrothberht, de *hroth- ‘fama, sona’ -elemento frecuente na formación de nomes, como Rodrigo, Rodolfo ou Rolando-, e berht ‘brillante, esplendoroso, ilustre’, co significado de ‘o que brilla pola súa fama, famoso’. Presenta a forma antiga Ruperto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Roberto Belarmino.
-
PERSOEIRO
Mestre de obras francés. En 1212 foille encargada a reconstrución da catedral de Reims, da que se lle atribuíu o cruceiro. O seu fillo Roberto de Coucy (? - Reims 1311) comezou a construción das torres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras francés. Na catedral de Amiens, construíu a nave, o transepto sur e a fachada co rosetón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Fundador da orde do Císter, foi prior de varios mosteiros beneditinos e fundou o mosteiro de Molesmes (1075), de onde saíu a reforma do Císter. Iconograficamente representouse vestido co hábito negro dos beneditinos, cun báculo (abade) nunha man e unha maqueta da igrexa (reformador) na outra, coa mitra no chan (renuncia ao bispado) e cun anel, que ao parecer recibiu da Virxe (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 29 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Clemente VII.