"Rubin" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 23.

  • PERSOEIRO

    Bailarina rusa. Discípula de M. Fokine, formou parte dos Ballets Rusos de Diaghilev (1910) e formou parella con V. F. Nižinskij. En 1911 creou a súa propia compañía e acadou un éxito mundial con Le martyre de Saint-Sébastien, que C. Debussy compuxo para ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente obreiro. Coñecido como o Noi del Sucre, impulsou a creación de Solidaritat Obrera e da organización dun congreso (1908) do que xurdiu a Federació Regional Obrera Catalana. Apoiou a alianza entre UGT e CNT, da que foi elixido secretario xeral (1918). Mediou na folga obreira coñecida como La Canadenca e defendeu a creación dun partido obreiro de ámbito catalán, apoiado por F. Macià e F. Layret, que lle valeu as antipatías dos anarquistas e da Federació Patronal. Ao iniciarse a etapa de violenta represión de Martínez Anido, os tres foron asasinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Peroxa baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO