"STL" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 25.
-
-
Dereito que tiña o cidadán romano, que fora prisioneiro de guerra, de ser reintegrado en todos os seus dereitos cando volvese a Roma.
-
Restitución dos dereitos e bens ao cidadán dunha cidade ou territorio ocupado, cando o exército ocupador é obrigado a deixalo.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo inglés. Dotado dun estilo literario humorístico e sentimental, cultivou a novela con The Good Companions (1929), en que criticou a sociedade contemporánea. Autor de pezas teatrais moi coñecidas, como Time and Conways (1937) e An Inspector Calls (1946), nas súas obras móvese entre a reflexión do tempo e as súas preocupacións sociais. Tamén escribiu o ensaio Man and Time (1965) e un libro de viaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico inglés. A súa condición de teólogo e pastor non foi un impedimento para a actividade científica, iniciada baixo a influencia de B. Franklin coa redacción de History and Present State of Electricity (1767), seguida de investigacións sobre o denominado aire fixo (dióxido de carbono) e outros gases. En 1774 obtivo por primeira vez osíxeno puro (que el denominaba aire desfloxisticado) ao quentar óxido de mercurio. Despois de escribir Experiments and Observations on Different Kinds of Air (1877), marchou a EE UU con outros disidentes relixiosos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Pintor. Desde a base do realismo de G. Coubert, pasou por unha etapa impresionista, a partir da que chegou a unha síntese de impresionismo, simbolismo e estampa xaponesa. Destacan The princess of the land of Porcelain (1864) e Miss Cicely Alexander (1872-1874).
VER O DETALLE DO TERMO