"Saavedra" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 27.

  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta, duque de Rivas. Liberal, fuxiu a Londres (1823), Italia (1825) e Malta. Amnistiado en 1834, volveuse conservador e tivo que fuxir novamente (1837). Foi embaixador en Nápoles e París, e presidente do Consello do Estado (1863). Nas primeiras obras evidenciou influencias neoclásicas, pero os contactos que mantivo durante os seus exilios, sobre todo en Malta, convertérono nun romántico apaixonado. Das súas obras destacan a obra poética El Moro Expósito (1834) e Don Álvaro, o la fuerza del sino (1835), unha das obras clave do teatro romántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor de orixe galega. Foi autor dun Memorial (1674) onde se recolle unha Relación, en prosa, sobre a morte do mariscal Pedro Pardo de Cela, e 54 versos do Cantar del Mariscal, unha das dúas únicas versións que se conservan desta obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano de orixe galega. Tomou os hábitos no convento de San Esteban de Salamanca e foi predicador xeral (1512) e provincial de España (1526). Definidor nos Capítulos Xerais da súa orde (1523, 1531 e 1536), foi prior do convento salmantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Independentista arxentino. Defendeu Montevideo e Bos Aires dos ataques británicos e axudou ao vicerrei Santiago de Liniers Bremond na revolta de 1809. Participou nos feitos de maio de 1810, declarou vacante o vicerreinado do Río de la Plata e convocou unha xunta gobernativa da que foi nomeado presidente. Foi derrocado polo xeneral Juan Martín de Pueyrredón. Rehabilitado polo Congreso de Tucumán (1816), foi presidente do Estado Maior e en 1821 retirouse da vida política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Nomeado ministro de Facenda en 1797 por M. de Godoy, substituíu a este como secretario de estado en 1798, aínda que tivo que dimitir ao mes seguinte. Retirado en Sevilla, dirixiu a Junta Suprema para loitar contra a invasión francesa (1808).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador paraguaio. Participou en diversas expedicións de exploración e conquista. Foi tenente de gobernador de Asunción (1592 e 1596) e de Santa Fe (1594), e o primeiro gobernador civil de Río de la Plata (1597, 1601- 1609 e 1614-1618).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Formouse na Academia de Ingenieros de Guadalajara (1836-1841). Destinado a Filipinas, foi alcalde de Ilocos Norte e gobernador militar e político de Cebú. Moderado, foi redactor do xornal La Constancia. En 1868 sumouse ao carlismo. Foi deputado polas provincias de Lugo (1841-1843) e Pontevedra (1854-1856) e polas seccións de Lugo (1867-1868) e Sarria (1871-1872). O seu irmán Bieito Saavedra Somoza foi deputado polo distrito de Sarria (1854-1856, 1859-1861 e 1863-1864).

    VER O DETALLE DO TERMO