"Salt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 65.

  • Strategic Arms Limitation Talks.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Utah, EE UU (181.743 h [2000]). É un centro comercial e cultural situado na vertente occidental da serra Wasatch e preto da beira SL do Gran Lago Salgado. Posúe refinaría de petróleo, industrias da fariña e químicas. Foi fundada como capital dos mormóns en 1847 por Brigham Young, sucesor de Joseph Smith, e sostivo un longo conflito co goberno federal de EE UU pola práctica ilegal da poligamia, ata que foi abolida (1890) e ata que o estado de Utah entrou na Unión (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Arxentina, na rexión Norte, que está situada no val andino do Lerma (472.971 h [2001]). Ten fábricas de cemento, de madeira e refinarías de aceite e de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Arxentina, na rexión Norte (155.488 km2; 1.079.051 h [2001]). A súa capital é Salta. Está situada entre as provincias de Catamarca, Tucumán e Santiago del Estero ao S, Chaco, Formosa e Paraguay ao L, Bolivia ao N, Jujuy ao NO e Chile ao O. A chaira atópase no sector oriental, e no occidental están as cordilleiras andinas, coa rexión da puna e con cumios superiores aos 6.000 m; e as subandinas, con altitudes entre os 2.000 e os 2.500 m, onde nacen os ríos principais (Salado e Bermejo). O clima é frío no sector montañoso e tropical na chaira. A poboación está concentrada sobre todo ao pé do monte andino. Hai xacementos petrolíferos e de gas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de transporte de sedimentos por parte da auga ou do aire. A saltación hidráulica é o transporte descontinuo de areas ou de gravas, máis grandes que as transportadas en suspensión arremuiñada, pero máis pequenas ca os materiais levados a rolos ou arrastrados polo fondo. A saltación eólica, máis sistematizada, é o transporte por deriva eólica non rodada de grans entre 0,2 e 0,5 mm de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar axeitado para saltar ou por onde é doado facelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada entre a de Carreiro Bo e a enseada de Baleira, na parroquia de Laxe, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que salta.

    2. Persoa que practica profesionalmente algunha modalidade de salto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevarse unha persoa ao coller impulso cara a arriba, de xeito que durante un curto período de tempo os pés estean separados da terra.

    2. Tirarse unha persoa ou un animal desde unha altura.

    3. Saír algunha cousa despedida, especialmente de xeito brusco, de onde estaba unida, fixada ou contida.

    4. Escachar ou fender algunha cousa ao estar sometida á calor ou a unha presión.

    5. Dicir algunha cousa de maneira repentina ou inoportuna. OBS: Emprégase seguido da preposición con.

    6. Reaccionar de maneira brusca.

    7. Abalanzarse bruscamente sobre algo ou alguén.

    8. Saír os xogadores ao terreo de xogo.

    9. Erguerse ou incorporarse de súpeto.

    10. Pasar dunha situación, un estado ou un proceso a outro sen fases intermedias.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baile rápido de orixe italiana, de movementos animados, normalmente en compás de 6/8 e, ás veces, 3/4. Aínda que data do s XIV, tivo o seu esplendor no XVI. A miúdo formaba un binomio cunha danza lenta ou moderada de ritmo binario, como a pavana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen se move moito e non é capaz de estar quieto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para medir ángulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. brionia.

    2. herba roqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de saltear.

    2. Que non segue unha continuidade ou unha orde determinada.

    3. Que ten espazos intermedios e falta algún da serie.

    4. Que está desordenado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que asalta e rouba polos camiños ou en sitios despoboados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Roubar a alguén en lugares despoboados saíndolle ao camiño.

    2. Dispoñer os elementos dunha serie de xeito descontinuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, que está situado ao O da capital provincial (3.344 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Recompilación de salmos.

      2. Libro dos Salmos.

      3. Parte do Breviario que contén as horas canónicas de toda a semana, cos salmos correspondentes e sen incluír as leccións e as oracións que os acompañan.

    1. Rosario da Virxe, chamado así debido a que está composto de 150 avemarías, que é o número de salmos que integran o salterio bíblico.

    2. Instrumento medieval de corda, con teclado, no que as cordas son indistintamente golpeadas ou pinzadas. Componse dunha caixa de resonancia triangular ou trapezoidal, que ten de sete a dez cordas. A partir do s XVI foi posto sobre unha mesa e as cordas percutíanse con martelos.

    VER O DETALLE DO TERMO