"San Paio" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 25.

  • Antiga fortaleza situada en Xiá (Friol). Construíuse sobre un antigo castro nos ss XII-XIII. Destruída durante as Guerras Irmandiñas, foi reconstruída no ss XVI e posteriores. Consta de tres corpos: o central de planta rectangular, a torre da homenaxe e un torreón, e dúas alturas. A torre da homenaxe ten planta case cadrada, consta de 4 pisos e remata con ameas. Na fachada principal atópase a porta de entrada, de arco de medio punto e que conserva un escudo de armas. Pertenceu, entre outros, aos Ulloa, Seixas e Ordóñez. No seu interior acolle un museo etnográfico e histórico. Foi declarada BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso que se estende polas parroquias de Acedre, Cangas, Frontón e Pombeiro (Pantón). A súa máxima altitude atópase no cumio San Paio que acada 688 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Castro (Miño). De planta rectangular, na parte central dispúxose un engadido de dúas plantas amodo de torre. As pedras de armas aluden os Tenreiro, Montenegro, Andrade, Bolaño e Valdés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mosteiro de Cascas.

    VER O DETALLE DO TERMO