"Set" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 192.
-
PERSOEIRO
Xurista e político. Catedrático de Dereito Mercantil da Universitat de València. Foi senador pola Unión de Centro Democrático (UCD), vicepresidente da Comisión Mixta de Transferencias ao Consello do País Valenciano e secretario de estado para as Autonomías. Morreu víctima dun atentado de Euskadi ta Askatasuna (ETA).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Sicilia, Italia (62.708 h [1998]). É un centro comercial dunha área agrícola e mineira. Entre o seu patrimonio arquitectónico destaca o palacio Montcada e a catedral, ambos os dous barrocos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Sicilia, Italia (2.128 km2; 283.433 h [1998]). A capital é Caltanissetta.
-
-
Peza de vestir interior, normalmente de punto, confeccionada con algodón, flanela ou outros materiais, con ou sen mangas e sen colo, que cobre o tronco e sobre a que se pon unha camisa ou calquera outra roupa.
-
Peza de vestir exterior feita con diversos materiais, con ou sen mangas e sen colo, que cobre o tronco.
-
-
-
Pequena construción de madeira, lona ou doutro material pouco consistente con diversas utilidades.
-
Construción improvisada, normalmente desmontable, como a dos vendedores nas festas, ferias, etc.
-
Casa pequena e humilde.
-
Construción dunha embarcación destinada ao abeiro da tripulación. As que posúen moita altura presentan unha gran resistencia fronte ao vento, e en grandes temporais sempre son un punto débil. Nas regatas de altura algunhas embarcacións eliminan este inconveniente sacrificando a comodidade en favor do rendemento e da seguridade, e recorren á cuberta corrida para que quede completamente libre. Nas embarcacións da pesca de altura e baixura ten a forma dun caixón que sobresae da cuberta do barco, onde vai o motor.
-
-
-
-
Sistema compacto de cinta magnética para gravar ou con son pregravado, consistente nunha caixa de plástico que contén dúas bobinas nas que vai repartida a cinta, de xeito que ao xirar o conxunto a cinta enrólase nunha bobina e desenrólase da outra. A cinta empregada ten dúas pistas normais ou estereofónicas; a súa anchura é de 3,82 mm e funciona a unha velocidade normalizada de 4,75 cm/s. A calidade das cintas depende da fórmula utilizada na capa magnética. Hai casetes de catro tipos fundamentais: de óxido de ferro (Fe 2 O 3 ), de ferrocromo, de cromo (Cr) ou pseudocromo e de ferro puro (Fe), citados en orde crecente de calidade. Cada tipo de cinta ten que ser gravada e reproducida con aparatos que dispoñan de controis de polarización adecuados. As cintas de casetes levan indicacións nas etiquetas da posición axeitada destes controis. Reproducidas a velocidade normalizada, as dúas caras teñen unha duración de 30, 45, 60, 90 ou 120 minutos, valor que depende do grosor...
-
casete dixital
Tipo de casete no que o sinal, previamente dixitalizado, grávase sobre unha cinta segundo unha sucesión de pistas dispostas en sentido diagonal á súa anchura e paralelas entre elas. As cabezas de gravación e de lectura xiran arredor dun eixe perpendicular ao do sentido de inclinación das pistas. Esta casete, máis pequena ca as tradicionais, pode reproducir un espectro e unha dinámica sonora máis amplos.
-
-
Magnetófono de cintas de casete que, segundo os modelos, leva incorporada unha radio.
-
Caixa de material plástico que contén unha cinta para o rexistro de datos. Durante algún tempo empregáronse os casetes para facer copias de seguridade de arquivos informáticos ou simplemente como disquetes.
-
ROM BASIC.
-
-
-
Persoa pobre que vive nunha pequena choza ou nun lugar similar.
-
-
Labrego que non posúe terras nin gando de seu e que para vivir traballa a xornal.
-
Pastor sen gando de seu que coida un rabaño e que recibe como pago parte do valor dos animais vendidos ou da la esquilmada.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
caseta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos adornos arquitectónicos, cadrados ou poligonais, que se poñen nos teitos e nas bóvedas ou no interior dos arcos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás cubertas decoradas con casetóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Indonesia (19.023 km2; 2.652.300 h [estim 1995]). A súa capital é Manado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da República de Corea (8.059 km2; 1.902.205 h [1995]). A capital é Chŏnju.
-
REPUBLICAS
Estado independente situado ao N da illa de Chipre, no Mediterráneo oriental, ao S de Turquía (3.355 km2; 198.215 h [1996]), proclamado o de 15 de novembro de 1983 logo de nove anos de ocupación militar turca. Non está recoñecido internacionalmente máis que por Turquía e forma parte legal da República de Chipre.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da República de Corea (7.437 km2; 1.396.481 h [1995]). A capital é Ch’ŏngju (531.376 h).
-
PERSOEIRO
Compositor flamengo. Traballou na capela ducal de Milán, na corte francesa, en Roma e, posteriormente, en Saint Quentin. Foi autor de misas, motetes, chansons e frottole.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento aerófono de lingüeta sinxela, modalidade de contralto do clarinete, afinado en fa. Está constituído por un cano que forma un ángulo obtuso na parte central e remata nunha campá. Inventouno o bávaro Mayrhofer (1770).
-
-
Relativo ou pertencente aos cosetanos.
-
Individuo do pobo dos cosetanos.
-
Pobo ibérico prerromano que habitou as rexións do Campo de Tarragona e o Alto e Baixo Campo. O seu nome parece provir do oppidum ou cidade de Cissa, tomada polos romanos no 218 a C.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual de arte fundada en Barcelona en outubro de 1948 polo grupo artístico homónimo. Integrárono Joan Brossa, Arnau Puig, Modest Cuixart, Joan Ponç, Antoni Tàpies e Joan Josep Tharrats. O nome do grupo (Dado no sete) fai referencia a André Breton, quen definira a sétima cara do dado como unha das dimensións do surrealismo. A partir dunha actitude inicialmente dadaísta, os seus creadores expresaron plasticamente e por escrito a súa indiferenza cara á sociedade na que vivían. Despois de pasar polo surrealismo plástico ou polo existencialismo ideolóxico, elaboraron un mundo propio e imaxinario no que algún deles adoptou un novo concepto da sociedade. Estes artistas introduciron en España as correntes plásticas europeas. Uníronse ao grupo, entre outros, Joan Eduard Cirlot, Enric Tormo, Víctor Castells, René Metras e Santi Surós. A revista, cunha clara vocación internacional, incluíu textos en lingua castelá, catalá e francesa. J. J. Tharrats editou esta publicación dende 1952 ata...
-
PERSOEIRO
Médico francés. Realizou estudios na Université de Paris, onde se doutorou en 1945, e no Harvard Medical School. Os seus traballos máis importantes están dedicados ao estudo dos antíxenos de superficie dos leucocitos e á localización dos xenes que controlan a súa produción e transmisión hereditaria. Membro do Comité de Bioética da UNESCO. No ano 1980 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que compartiu con G. Snell e B. Benacerraf.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidad de Valladolid, compaxinou a creación literaria, o xornalismo e a docencia como profesor de dereito mercantil na Escuela de Comercio de Valladolid. En 1936 ingresou na Escuela de Comercio e estudiou artes plásticas na Escuela de Artes y Oficios; dous anos máis tarde embarcou no cruceiro Canarias como mariñeiro, ata que regresou a Valladolid ao remate da Guerra Civil española. Foi caricaturista no xornal El Norte de Castilla, baixo o pseudónimo Max, do que foi nomeado director en 1958. A súa obra xira ao redor de dúas teses: a autenticidade da vida rural ante a civilización urbana e a morte como sentido último da vida. O estilo dos primeiros anos vacila entre a novela de tese, densa e lenta, e a de ritmo máis áxil. As súas obras traducíronse a multitude de idiomas (ruso, alemán, italiano, francés, sueco, checo, xaponés, etc) e da súa produción destacan, entre outras obras: La sombra del ciprés es alargada (Premio Nadal, 1948),...
VER O DETALLE DO TERMO