"Sidro" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 24.
-
CIDADES
Cidade do NL da provincia de Bos Aires, Arxentina, integrada na área suburbana do N de Bos Aires (299.023 h [2001]). Situada á beira do Río de La Plata, ten factorías de conservas cárnicas, industria leiteira, pneumáticos, papel e cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mondoñedo. Ten planta irregular, con varias dependencias de planta rectangular levantadas con muros de cachotaría. Ten muralla e patio na parte posterior e conserva o pombal e unha capela (s XVII), na que destacan catro laudas sepulcrais do s XIX e os retablos barroco e renacentista. O recinto rodeouse cunha muralla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que deriva do nome grego Isidoro, simplificado para evitar confundilo co patrón de Madrid, san Isidoro de Sevilla. Presenta as variantes Sidre, Cidre e Isidro.
-
PERSOEIRO
Labrego. Coñecido como o Labrador, nunca deixaba de facer os seus rezos e cando paraba para facelos acudían os anxos para continuar o traballo. Casado con santa María da Cabeza, atribúenselle diversos milagres. É patrón dos labregos e de Madrid. Foi canonizado por Gregorio XV en 1622. Represéntase con traxe tradicional dos labregos, con chaqueta e calzón curto; leva un arado tirado por bois ou vacas en actitude de oración. A súa festividade celébrase o 15 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO