"Suecia" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 39.
-
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1720-1751), duque de Finlandia, príncipe de Estonia e Ingria (1720-1751) e langrave de Hessen-Kassel (1730-1751). Tras loitar na Guerra de Sucesión española, casou en 1715 con Ulrica Leonor I de Suecia, quen se converteu en raíña en 1718 e lle cedeu a coroa dous anos máis tarde. Iniciou un novo conflito con Rusia en 1741 que acabou co Tratado de Abo (1743).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1523-1560), primeiro monarca da dinastía Vasa. De nome Gustavo Eriksson Vasa, foi feito prisioneiro por Cristián III de Dinamarca na Batalla de Brännkyrka (1518). De volta a Suecia (1250), dirixiu a loita pola emancipación do poder dinamarqués e foi nomeado administrador do reino (1521). Trala expulsión dos dinamarqueses, o Riksdag da cidade de Strängnäs proclamouno rei (1523). Convertido ao luteranismo (1527), asumiu a xefatura da Igrexa sueca e confiscou todos os bens da Igrexa Católica. Practicou unha política centralista na que reprimiu as continuas revoltas populares, potenciou o desenvolvemento industrial e comercial do país e transformou Suecia nun estado monárquico hereditario (1544).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1611-1632), fillo e sucesor de Carlos IX de Suecia. Acabou coas guerras contra os dinamarqueses, cos que asinou a Paz de Knäred (1613), na que renunciaba a Finnmark a cambio da libre circulación dos seus navíos nos estreitos controlados por Dinamarca; e contra os rusos, cos que asinou a Paz de Stolbova (1617), na que se aseguraba a posesión de Ingria, Estonia e a Carelia oriental. Envolto na Guerra dos Trinta Anos (1618-1648), atacou Polonia, onde ocupou Rigga, Dorpat (1621) e os portos de Prusia occidental (1625). No eido da política interior destacou polas súas reformas, desenvolveu o ensino público e fundou varias universidades, elaborou un novo Código Xudicial (1614), e creou os tribunais de apelación de Estocolmo, Åbo e Dorpat, e reformou o exército sueco. Escribiu numerosas poesías en alemán e sueco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1771-1792), fillo e herdeiro de Adolfo Federico II de Suecia. Educado en Francia, gobernou inspirado polos principios do Despotismo Ilustrado, que o levaron a proclamar a liberdade de prensa (1774), a tolerancia relixiosa (1781) e a promulgar en 1789 a Acta de Unión e de Seguridade, pola que obtiña poderes absolutos e ao mesmo tempo proclamaba a igualdade xurídica de todos os cidadáns. Promoveu a fundación de institucións como a Academia Sueca (1786) e a Ópera de Estocolmo. Rexeitado pola nobreza, morreu asasinado, feito que inspirou o libreto da ópera de G. Verdi Un ballo in maschera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1792-1809), fillo de Gustavo III. Contrario ás correntes revolucionarias, aliouse co Reino Unido e Rusia (1805) para loitar contra a Francia de Napoleón, o que supuxo a perda da Pomerania (1807) e de Finlandia (1808) a mans de franceses e rusos. En 1809 o Parlamento sueco obrigouno a abdicar e proclamou unha monarquía constitucional na figura do seu tío Carlos XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1907-1950), fillo de Oscar II e de Sofía de Nassau. Aínda que mantivo a Suecia neutral, durante a Segunda Guerra Mundial deixou transitar material de guerra (1940) e tropas alemanas (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1950-1973), fillo e herdeiro de Gustavo V. Formado nas universidades de Uppsala e Oslo, foi un importante mecenas e coleccionista de arte. Destacou tamén polas escavacións que realizou en Chipre, Grecia e Italia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(1316 - 1374) Rei de Suecia (1319-1365) e de Noruega (Magnus VII; 1319-1343). Mentres era menor de idade, gobernou a aristocracia e cando tomou o poder real (1332), conseguiu a unión da península coa conquista de Escania e Halland. En 1343 cedeulle Noruega ao seu fillo Haakon VI e Suecia ao seu neto, o duque Alberte de Mecklemburg en 1364. Foi o último monarca da dinastía dos Folkungar.
-
PERSOEIRO
Rei de Suecia (994-1022). Aliado de Dinamarca, derrotou a Olavo I de Noruega (1000) e apoderouse dunha parte dos seus territorios. Favoreceu o catolicismo e mandou cuñar as primeiras moedas suecas. A súa liñaxe (Skötkonung) extinguiuse en 1060.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia e de Noruega (1844-1859), fillo e sucesor de Carlos XIV. De nome Joseph François Bernadotte, aprobou algunhas reformas, a pesar da oposición da nobreza. Aboliu o dereito a embargar os xornais, favoreceu a Dinamarca na cuestión dos ducados (1848-1849) e mostrouse inimigo de Rusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1872-1907) e de Noruega (1872-1905), pai de Gustavo V. Sucedeu a seu irmán Carlos XV. Baixo o seu reinado Noruega separouse de Suecia (1905). Rexeitou a coroa noruegesa para un príncipe da súa liñaxe, os Bernadotte. Mediou en varias cuestións internacionais, como os litixios entre Reino Unido, Alemaña e EE UU por Samoa. Foi escritor e cultivou as ciencias e as artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sexismundo III de Polonia.
-
ENTRADA LARGA
Estado do N de Europa, que se corresponde co sector oriental da Península Escandinava. Limita ao O e ao NO con Noruega, ao NL con Finlandia, ao L co golfo de Botnia e o Mar Báltico e ao SO co estreito de Kattegat (449.964 km2; 9.011.392 h [2004]). A súa capital é Estocolmo.
Xeografía físicaRelevo
VER O DETALLE DO TERMO
Suecia é o estado de maior extensión de Escandinavia. O litoral sueco, cunha lonxitude de 7.624 km, presenta multitude de pequenas illas e illotes próximos á costa que forman unha barreira de terras insulares. No cordón insular do litoral Báltico destacan a illa de Gotland e a de Öland. Morfoloxicamente forma parte do escudo fenoscandinavo, constituído por materiais arcaicos, principalmente gneis e granitos. Distínguense catro rexións. Norrland é un conxunto de altiplanos e chairas que baixan progresivamente cara ao golfo de Botnia; abrangue máis da metade do territorio sueco e trátase da Suecia montañosa,... -
VER O DETALLE DO TERMO
(? - Alvastra 1156) Rei de Suecia (1130-56). Fundou unha dinastía e foi favorable á Igrexa. Acolleu aos cistercienses e promoveu a fundación dos mosteiros de Alvastra, Nydala e Varnhem.
-
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1196-1208). Sucesor do Rei Knut Eriksson, o fillo deste, Erik Knutsson, enfrontouse a el e obrigouno a refuxiarse en Dinamarca (1208), para derrotalo finalmente e proclamarse rei.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Suecia (1718-1720), filla de Carlos XI de Suecia. Casou (1715) co landgrave Federico de Hessen-Kassel, que foi proclamado soberano (Federico I de Suecia) pola aristocracia á morte do seu cuñado Carlos XII, despois de que ela abdicara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1216-1222), fillo de Sverker II. Sucedeu a Eric X e sostivo a cruzada dos cabaleiros da espada contra os estonianos (1220).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán I de Dinamarca.
-
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1569-1592) e gran duque de Finlandia, fillo do Rei Gustavo I. A causa das súas simpatías católicas foi apresado polo seu irmán o Rei Enrique XIV (1563-1567). Coa axuda da nobreza, destronouno, sucedeuno e finalmente fixo executalo (1577). En 1570 asinou o Tratado de Stettin, polo que remataba a guerra con Rusia, e polo tratado de 1583 anexionou Carelia e Ingria. En 1587 fixo nomear rei de Polonia o seu fillo, Sexismundo (Sexismundo III de Polonia).
VER O DETALLE DO TERMO