"Teba" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 31.
-
PERSOEIRO
Escritor chileno. Preocupouse pola renovación da linguaxe e incorporou experiencias persoais. Dos seus libros cómpre destacar El entusiasmo (1967), Tiro libre (1973), La insurrección (1981), en que trata a loita política en Nicaragua; El cartero de Neruda (1985), levada ao cine en 1995; Ardiente paciencia (1986) e El baile de la vitoria (Premio Planeta 2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na Serranía de Ronda, no val do Guadalhorce (4.301 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao opio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión do Alto Exipto, con capital en Tebas, que se estendía desde Siena ata Hermópolis. Desde o s III foi provincia romana. Na súa zona desértica floreceu, desde o s III, a vida anacoreta, con san Paulo o Ermitán, santo Antonio ou san Pacomio e a súa irmá María.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide cristalino e incoloro constituínte do opio. Presenta un efecto narcótico, pero non se emprega a causa da súa extrema toxicidade. Foi illado por primeira vez por Pelletier e Thiboumery en 1835.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Envelenamento producido polo opio ou polos seus derivados.
-
PERSOEIRO
Soprano italiana. Formada en Parma, debutou en 1944 na ópera Mefistofele. Cantou no Teatro alla Scala de Milán, no Covent Garden de Londres (1950) e no Metropolitan Opera de Nova York (1955). Especializouse nos papeis de Tosca, Manon Lescaut, Mimi e Violetta. Retirouse en 1976.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Tebas ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tebas.
-
Ciclo composto por unha serie de mitos que os autores clásicos introduciron nos xéneros épico e tráxico. A orixe do ciclo remóntase a Cadmo, fundador de Tebas, e está formado por funestos sucesos acontecidos na casa real, aínda que o episodio máis representativo é o do rei tebano Edipo, fillo de Laio e Iocasta. Desde el, unha antiga maldición transmitirase aos seus descendentes, especialmente a Antígona. Destacan as obras de tres grandes autores tráxicos gregos: Edipo Rey (425? a C), Edipo en Colono e Antígona (442? a C), de Sófocles; Os sete contra Tebas (467 a C), de Esquilo; e As fenicias, de Eurípides. Na súa obra O nacemento da traxedia a partir do espírito da música (1872), Nietzsche considera a Edipo a figura máis desgraciada da traxedia grega. Este mito tamén foi adaptado ao mundo da música, como os temas “The End”, escrita por Jim Morrison, líder de The Doors, e “King of pain” de The Police. Na súa referencia á literatura tamén...
-
Lexión romana que, convertida ao cristianismo, sufriu martirio no s III en Agaunum (Helvecia) e da que formaba parte san Mauricio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Exipto situada á beira oriental do Nilo, uns 700 km ao SL do Cairo. Non comezou a ter un papel importante ata a dinastía XI (2133-1991 a C), cando os xefes da provincia iniciaron a guerra contra a dinastía X, que acabou coa vitoria de Mentuhotep II sobre esta. Capital de Exipto de 2040 a 1991 a C, non volveu selo ata 1567 a C, cando Ahmosis, príncipe de Tebas, fundou o Imperio Novo (1567-1085 a C). Este foi o período de máximo esplendor da cidade, que era a sede dun forte reino que controlaba Nubia e Siria-Palestina. A pesar disto, a partir da dinastía XXI, perdeu definitivamente a capitalidade. Foi saqueada en 672 a C por Assarhaddon e en 665 a C por Assurbanipal e no período ptolemaico (323-330 a C). Da vasta aglomeración, só se conservan os santuarios de Karnak e de Luxor. Os restos máis importantes da cidade atópanse á beira esquerda do Nilo, onde se erguen as necrópoles do Val dos Reis, do Val das Raíñas de Šay ẖ ‘Abd-al-Qurna, os templos de Dayr al-Ba ḥ...
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Toledo, Castela-A Mancha (1.506 h [2001]). A súa economía baséase no sector primario, principalmente na elaboración de viños e na destilación de alcol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Destacado precursor do neoclasicismo en España, foi autor das Eróticas o amatorias (1617-1618), composicións de métrica diversa, das que destacan as cantilenas e as anacreónticas, e versións de Horacio.
VER O DETALLE DO TERMO