"Ube" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 248.
-
PERSOEIRO
Compositor e crítico musical, discípulo de Albert Lavignac e de Gabriel Fauré. Escribiu, entre outras obras, a ópera La Forêt Bleue (O bosque azul, 1909), o ballet La Belle Hélène (A bela Helena, 1955) e o poema sinfónico Habanera (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador de arte. Autor de numerosas obras sobre a arte románica e gótica francesa como La sculpture française au Moyen Áge (A escultura francesa na Idade Media, 1947) e sobre a arte catalá coa obra L’art de la Catalogne (A arte de Catalunya, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Seine-Saint Denis, Ille-de-France, Francia, na aglomeración urbana de París (67.557 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta épico francés. É autor do poema en decasílabos Aymeri de Narbonme, e da clasificación dos poemas épicos en tres ciclos: o da geste du roi, o da geste de Doon de Mayence e o da geste de Garind Monglane.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta indio en dialecto braj-bhākhā, autor do Satsaīya (Setecentos, 1663), escolma de poemas profanos escritos en dísticos que tratan os amores de K ṛ i ṣ hna e Rādhā.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor, actor e político. Estudiou Dereito na Universidade de Panamá (1974). En 1994 foi candidato nas eleccións presidenciais de Panamá liderando o Movemento Papa Egoró (Madre Terra, en lingua indíxena). Entre a súa discografía destacan: De Panamá a Nueva York (1970), Buscando América (1986), Agua de Luna (1987) e Tiempos (1999), traballo polo que obtivo un dos seus catro premios Grammy.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
boubín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de bobo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz facer o ‘bobo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘tontear’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer ou dicir parvadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bobo.
-
PERSOEIRO
Pianista, arranxador e director de orquestra. Na súa traxectoria profesional interesouse polo uso da fuga e do contrapunto, pola gama de fórmulas rítmicas e polas diferentes combinacións métricas nas súas obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ave insectívora de 28 cm de lonxitude, de peteiro longo, ás largas e cola longa. A plumaxe é de cores rechamantes; ten a cabeza e o corpo de cor castaña rosada, as ás e a cola con raias brancas e negras, e presenta unha crista en abano, longa e eréctil. Desprázase cun voo ondulado, moi característico desta ave. É unha especie migradora, de orixe subsahariana e de presenza estival en Asia e Europa central e meridional, onde ocupa bosques abertos. Fai o niño en buracos, tanto de árbores como de valados e paredes, que se caracteriza pola gran cantidade de excrementos que emprega como función disuasoria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural do Ferrol. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Bubelo. As súas armas levan, en campo de azul, unha bubela.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación trimestral editada a partir de marzo de 1975. Subtitulouse “Boletín do grupo ornitolóxico galego”. A pesar de que se trataba dunha publicación interna, comezou a súa difusión externa dende 1976. Dedícase á investigación da natureza en Galicia, promocionando a súa conservación e prestando especial atención ás aves.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bubela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ć (Vtoroje Polomošnevo, Altaj 1909 - ? 1980) Escritor ruso. É autor de relatos históricos nos que a perspectiva ética socialista parte dunha interpretación estereotipada do realismo socialista.
-
PERSOEIRO
Pensador xudeu de orixe austríaca. En tempos de Hitler fuxiu a Palestina, onde foi un dos dirixentes do movemento yihud. O seu pensamento estrutúrase ao redor da relación eu-ti, na que radica a autenticidade da persoa. As súas obras fundamentais son: Ich und Du (Eu e ti, 1923), Die chassidischen Bücher (Os libros dos hassiditas, 1942) e Begegnung. Autobiographische Fragmente (1960). Tamén colaborou na tradución alemá do Antigo Testamento (1924-1954) e dirixiu as revistas Die Welt, Der Jude e Die Kreatur. Así mesmo, creou un instituto para a educación dos xudeus adultos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xusticeiro de Inglaterra (1215-1232). Gardián das marcas de Gales (1201) e dos Cinco Portos, foi condestable de Chinon (1203) onde caeu prisioneiro dos franceses no 1205. Logo da súa liberación foi shérif de Lincolnshire en 1208 e senescal do Poitou no 1213. Durante a revolta dos baróns, pemaneceu fiel a Xoán Sen Terra (morto en 1216) e a Enrique III (durante a súa minoría de idade foi un dos personaxes máis influentes do reino). Defendeu o castelo de Dover contra o príncipe Luís de Francia e foi un dos autores da decisiva vitoria naval de Sandwich contra os franceses (1217). Foille outorgado o condado de Kent en 1227. Un ano máis tarde foi nomeado xusticeiro vitalicio, cargo que perdeu en 1232, acusado de malversación.
VER O DETALLE DO TERMO