"Uji" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 31.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Yunnan, China, situada a 100 km ao NL de Kunming, á esquerda do río Nanpan (178.609 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político hindú. En 1949 cofundou a Liga Awami, de talante nacionalista, da que foi elixido secretario xeral en 1953. Foi primeiro ministro (1972-1975) e ministro (1975) de Bangladesh. Morreu durante un golpe de estado militar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor xaponés. Coñecido como Dazai Osamu, escribiu Bannen (Anos de decadencia, 1936) e as novelas Shayo (Solpor, 1947) e Ningen Shikkaku (Non máis humano, 1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor xaponés. Traballou na decoración do palacio Attnatan Saishoin, en Kyoto, pero destacou como retratista. En 1201 fíxose monxe e sucedeuno, na dirección do taller artístico, o seu fillo Tannyu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xenguis Khan.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado ao L da capital (9.219 h [2001]). É un centro agrícola, gandeiro e comercial. Corresponde á antiga Tragillium da Lusitania e o seu centro urbano foi declarado BIC en 1962. Destacan, entre outros monumentos, o castelo (BIC, 1925), a igrexa de Santa María la Mayor (BIC, 1943), o palacio de San Carlos (BIC, 1979) e a casa-palacio do Marqués de la Conquista (BIC, 1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de La Libertad, Perú, preto da desembocadura do Moche no Océano Pacífico (603.657 h [estim 1998]). A causa das dificultades para construír un porto, utilízase o de Salaverry para dar saída aos produtos procedentes do val de Santa Catalina. Fundada por Diego de Almagro (1534), desenvolveu unha grande actividade durante a época colonial. En 1820 foi sede da proclamación de independencia de Perú e alí residiu o goberno oposto a S. Bolívar (1823). Do seu patrimonio cultural destacan a catedral e a igrexa do antigo Hospital de Belén.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Venezuela (7.400 km2; 992.669 h [2001]). A súa capital é Trujillo (50.399 h [2001]). A cordilleira de Mérida atravesa o estado de N a S e forma a divisoria de augas das concas do Orinoco e do lago Maracaibo. Destaca pola altenancia de vales moi ricos e montañas menos fértiles, chamadas páramos. O río máis importante é o Motatán, que desemboca no lago Maracaibo. O clima é tropical e o centro económico do estado é o val de Motatán. A súa riqueza baséase na agricultura e na gandaría e destaca a recolección de café, plátanos, cana de azucre e ananás. A capital, fundada por Diego García de Paredes (1557), deu nome ao estado.
-
PERSOEIRO
Ditador dominicano. Militar, entre 1919 e 1925 ascendeu de tenente a coronel dentro da Guardia Nacional, corpo que chegou a comandar como xeneral. Colaborou na revolta contra o presidente Horacio Vázquez (1930). Presidente da república (1930-1938 e 1948-1952), coa axuda do exército instaurou unha ditadura e perseguiu á oposición democrática ou liberal. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política. Doutora en Dereito (1991), desde 1993 é profesora na Universidad de Extremadura. Foi conselleira do Consejo Económico y Social de Extremadura e conselleira da Presidencia (2000) e de Fomento (2003-2004) da Junta de Extremadura. En 2004 converteuse en ministra de Vivenda.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do fu de Kyōto, na illa de Honshū, Xapón (188.735 h [1997]). Situada na chaira aluvial de Uji-gawa, preto de Kyōto, é un suburbio residencial. Destaca o templo budista Byōdōin (s XI).
VER O DETALLE DO TERMO