"Ulloa" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 27.

  • Construción situada en Orazo (A Estrada). De planta rectangular, realizouse en cachotaría. Na fachada principal destaca a solaina, cun soportal sostido por dúas columnas e a escaleira de acceso, no centro. No interior da casa conserva un oratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no Corgo. De planta rectangular, realizouse con cantaría de granito e presenta cuberta a catro augas. Destaca o escudo de armas da familia Ulloa na fachada principal e a solaina da fachada posterior. O recinto rodeouse cunha cancela de forxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, no O da provincia de Lugo. Limita ao N coa comarca de Lugo (Friol), ao S coas comarcas de Deza (Rodeiro) e Chantada (Taboada), ao L, novamente coa comarca de Lugo (Guntín e Portomarín) e ao O coa comarca da Terra de Melide (Toques, Melide e Santiso) e a de Deza (Agolada). Abrangue unha superficie de 417,9 km2, cunha poboación de 11.143 h [2001], distribuída nos concellos de Antas de Ulla (103,6 km2, 2.695 h [2001]), Monterroso (114,6 km2, 4.235 h [2001]) e Palas de Rei (199,7 km2, 4.213 h [2001]). A comarca presenta unha estrutura bipolar arredor de Palas de Rei e Monterroso, que organizan o territorio. Existen tamén relacións con Chantada e con Lugo para actividades relacionadas cos servizos administrativos máis especializados.
    Xeografía física
    A comarca da Ulloa é un espazo onde ten a cabeceira un dos principais ríos galegos, o Ulla. É unha área deprimida desde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Reformou a Universidade de Santiago de Compostela a partir dun informe do claustro universitario enviado a Fernando VI. Saneou a economía, reforzou a figura do reitor, creou novas cátedras e impuxo unha maior disciplina. Ademais orientou e impulsou o barroco galego e mandou construír a casa do Deán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revolta violenta que sufriu o fisco real en Galicia durante os ss XVI-XVIII. Provocouna a supresión dos encabezamentos e o intento, consumado, de gravar gran parte das feiras francas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Baión (Vilanova de Arousa). A edificación componse de dúas torres de tres plantas e distintos tamaños, rematadas en ameas e cubertas a dúas e a catro augas, respectivamente, unidas por un corpo rectangular de dúas plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño, xeógrafo e astrónomo. Trazou as cartas gravadas da costa africana de cabo Espartel a Cabo Verde, que forman parte do Atlas marítimo de España (1787). Determinou a lonxitude e latitude da illa de Trinidad, de São Tomé e Príncipe. En 1782 foi designado para a demarcación dos límites hispanoportugueses en América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO