"Uma" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 364.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partícula de cinsa que se desprende do papel ou palla ao seren queimados.
-
PERSOEIRO
Economista armenio. En 1956 foi nomeado director do Instituto Económico da Academia de Ciencias da URSS. Entre as súas obras destacan Chtotakoe imperializm (Que é o imperialismo?, 1954) e Problemy sorremennogo kapitalizma (Crise do mundo capitalista, 1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do Miño. Nace na parroquia de Montecubeiro (concello de Castroverde) na confluencia dos regos que baixan das serras de Monciro, ao O, e do Mirador, ao L. Adopta un curso de dirección SSL-NNO e recibe o río Pol na parroquia de Silva (Pol). Pasa pola vila de Castro de Rei e desemboca no Miño na parroquia de Coea (Castro de Rei) logo dun percorrido duns 25 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arquiprestado da diócese de Mondoñedo-Ferrol, que inclúe as parroquias de Graña, Moncelos e Vilarente (do concello de Abadín), a de Muimenta (Cospeito), as de Ferreiros e a de Silva (Pol), as de Ansemar, Azúmara, Balmonte, Bazar, Castro de Rei, Coea, Goberno, Outeiro, Pacios, Prevesos, Quintela, Ramil, Santa Leocadia e Viladonga (Castro de Rei) e todas as do concello da Pastoriza agás as de Aguarda e Álvare.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e político. Foi alcalde de Nogueira de Ramuín dende o ano 1976 ata 1995, ano en que se presentou na candidatura á cidade de Ourense; así mesmo, é presidente da Deputación de Ourense dende 1990. Fundou o partido Centristas de Galicia, do que foi secretario xeral, que posteriormente se integrou no Partido Popular, onde ocupa o cargo de presidente provincial dende 1992; ademais, é membro da executiva rexional do PP e forma parte da comisión permanente do PP español e da súa Xunta Directiva Nacional. Entre os anos 1996 e 2000 foi senador pola circunscrición de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Caída de popa das velas triangulares, especialmente dunha vela de coitelo. Vai dende o puño do grátil ata o puño de escota, onde se colocan os sabres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia árabe coñecida en Occidente por omeia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración traumática do oído producida por exposición a cambios de presión atmosférica que determinan unha diferenza entre as presións atmosférica e intratimpánica.
-
PERSOEIRO
Xurista e poeta francés. Redacta o tratado xurídico Coutumes de Beauvaisis (Costumes de Beauvaisis), escrito entre o 1279 e o 1282. É autor de numerosos poemas, e das obras Manekine e Jehan et Blonde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Iniciou a súa andaina coa peza Eugénie (1767) logo de ter escrito varios xoguetes cómicos que serían representados no castelo da familia dos Pompadour. Procesado por falsificación, escribiu as catro Mémoires (Memorias 1773-1774), modelos de panfleto e de sátira social. En 1775 o Teatro da Comedia Francesa presentou un espectáculo baseado na súa peza La précaution inutile ou Le Barbier de Séville (A precaución inútil ou O barbeiro de Sevilla) que, despois dalgúns arranxos, se converteu nun éxito de público e crítica. Nesta peza presenta a Fígaro, un criado intelixente e buscavidas que será o personaxe central de La folle journée ou Le mariage de Figaro (A xornada tola ou As vodas de Fígaro), estreada con notable éxito na Comedia Francesa en 1784, logo de ser censurada en 1781 por constituír unha aceda sátira política da sociedade da Francia prerrevolucionaria. Esta última peza sería o pretexto para un espectáculo homónimo estreado pola compañía...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
abetumar.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento da Costa de Marfil (4.950 km2; 98.236 h [1998]). A capital é Biankouma (4.533 [1998]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten dúas glumas, como a maioría das espigas das poáceas.
-
PERSOEIRO
Escritor letón. Autor de narracións e dramas cunha lingua moi traballada e cunha detallada observación psicolóxica. Entre as súas obras destacan a novela curta Romeo un Julija (Romeo e Xulieta, 1897) e o drama Indrāni (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor austríaco. Librepensador e racionalista, é autor de traxedias como Erwine Steinheim (1780) e dunha parodia da Eneida na que satiriza a Igrexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Néboa lixeira, especialmente a que se forma sobre o mar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Folla do piñeiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formar ou expulsar brume ou outra substancia.