"Valentín" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 36.

  • PERSOEIRO

    Teórico marxista ruso. Iniciou a súa actividade no populismo en 1875. Deportado a Siberia, conseguiu fuxir e estableceuse en Xenebra ata 1917. Marxista convencido, defendeu a necesidade de organizar un poderoso partido obreiro baixo a dirección socialista como preparación para a futura revolución. En 1917 proclamou a continuación da guerra contra o invasor, o que o illou do triunfo da Revolución de Outubro, á que se opuxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Escribiu as novelas Čelovek s etogo sveta (Un home deste mundo, 1961), Dengui dl’a Marii (Cartos para María, 1967), Poslednij srok (O último termo, 1970), Živi i pommi (Vive e lembra, 1975), Proščanije s Mat’oroj (O adeus de Matiora, 1976) e Siberia, Siberia (1991), ademais de moitos contos breves de gran calidade. Recibiu o premio estatal da URSS (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista italiano. Debutou no campionato do mundo en 1996, e gañou ese mesmo ano a súa primeira carreira, o Gran Premio de República Checa. Proclamouse campión nas categorías de 125 cc (1997), 250 cc (1999) e 500 cc (denominada Moto GP desde 2002) entre os anos 2001 e 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Fene baixo a advocación de san Valentín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmonauta rusa. Foi a primeira muller cosmonauta en tripular unha nave espacial individual, a Vostok 6, en xuño de 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador gnóstico cristiá. O seu pensamento coñécese a través de Ireneo de Lyon e de Tertuliano. Atribúeselle o Evanxeo da Verdade, atopado en Nag-Hammadi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Presbítero e mártir. Morreu en tempos de Claudio II. Relacionada co santo existe a festa de san Valentín ou festa dos namorados, constatada desde o s XV en Inglaterra e Escocia e que parece ser de orixe pagá. Os mozos emparellábanse por sorteo e os afortunados recibían o nome de valentinos e valentinas. Represéntase vestido con casula episcopal e leva unha espada cravada no peito e un sol na man. A súa festividade celébrase o 14 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Valentinus, derivado de valens ‘ser forte’. Como nome persoal aparece só en época cristiá. Presenta a variante Valentiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gnosticismo propio dos discípulos de Valentín, principalmente Ptolomeo, Heracleón, Teodoto ou Marcos. É unha teodicea filosófico-relixiosa onde se articulan estreitamente cosmoloxía e antropoloxía, que se fundamenta en tres hipóstases intelixibles: o primeiro principio ou abismo, o intelecto ou unixénito e a alma ou sabedoría. Da alma emanan en sucesivas degradacións a substancia psíquica, o demiúrgo, a materia e o mundo. O home participa dos tres elementos: intelixible, psíquico e material.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (364-375). Proclamado emperador en Nicea despois da morte de Xoviano, asociou ao goberno o seu fillo Graciano e o seu irmán Valente. Tomou medidas para afrontar a crise económica e reformou a administración. Pacificou Britania (368-369), onde restaurou o muro de Adriano, e reprimiu a rebelión dos donatistas africanos (373-375).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Occidente (375-392), fillo de Valentiniano I. Accedeu ao trono aos 4 anos e en 387, foi destronado polo usurpador Máximo (387. Recuperou o trono grazas á axuda de Teodosio I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Occidente (425-455), fillo de Constancio III e de Gala Placidia. Obtivo a sucesión de Honorio, morto en 423, que fixo efectiva coa coroación (425) en Roma. Perdeu en 429 os territorios de África pero venceu a Atila na Batalla dos Campos Cataláunicos (451).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de antimonio, de fórmula Sb2O3, que cristaliza no sistema rómbico en cristais incoloros de brillo diamantino, aínda que tamén se pode presentar en forma de agregados fibrosos. Ten unha dureza de 2 a 3 e unha densidade de 5,6 a 5,8.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico italiano. De nome Rodolfo Alfonso Rafael Philibert Guglielmi, encarnou no cine o mito do apaixonado amante latino e conseguiu unha fama inédita na época. Protagonizou The Four Horsemen of the Apocalypse (1921), Camille (1921), The Sheik (1921), Blood and Sand (1922) e The Son of the Sheik (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. O seu irmán Ramón de Zubiaurre Aguirrezábal (Garay, Bizkaia 1882-Madrid 1969) tamén foi pintor. Centráronse en temas populares hispánicos, cun estilo realista e arcaico.

    VER O DETALLE DO TERMO