Membro da congregación beneditina fundada por san Xoán Gualberto no mosteiro de Vallombrosa (Toscana). Baséase na interpretación ríxida e estrita da regra de San Bieito, coa particularidade de liberar os monxes do traballo manual. Foi aprobada en 1055 e en 1070 e protexida como un dos movementos da reforma romana ou gregoriana.