"Vasa" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 29.

    1. Condición ou estado de vasalo.

    2. Servidume ou estado de sometemento.

    3. Elemento integrante do vínculo feudal constituído dunha relación de servizo, amizade e protección pactada entre dúas persoas de condición nobre. Unha delas (vasalo) encoméndase á outra (señor) mediante xuramento de fidelidade (homenaxe), co compromiso de servilo, principalmente na guerra, a cambio de recibir unha protección, un sostemento doméstico ou a concesión duns bens en usufruto. Esta relación desenvolveuse amplamente nos séculos medievais nos países do occidente europeo e, ao fusionarse co beneficio, como mercé recibida do señor, constituíu unha das bases do feudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelanizada do apelido galego Vasalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun alcume que facía referencia á condición social do individuo a quen se lle aplicaba. Pode aparecer grafado cun b- non etimolóxico. Presenta a variante castelanizada Vasallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Home de condición nobre que, mediante xuramento de fidelidade cara a outro nobre ou o rei, contraía con eles unha relación de vasalaxe, con todos os dereitos que lle eran inherentes, baseada fundamentalmente na axuda guerreira. A retribución do vasalo consistiu ordinariamente no gozo dun dominio territorial, en beneficio ou en feudo (vassi dominici); pero existía tamén o vasalo soldado, retribuído cun estipendio pecuniario. O termo chegou tamén a expresar a mesma condición xeral respecto do soberano.

    2. Que ou quen está sometido ao poder doutra persoa ou a recoñece como superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. De nome Jan van Santen, estableceuse en Roma, onde fixo o Palazzo Borghese, ampliado por Maderna, a fachada da igrexa de San Sebastiano fuori le Mura e o Casino Borghese, reformado a finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor húngaro. Foi alumno da Bauhaus de Budapest (1928-1929). Estableceuse en París, onde a partir do estudo da obra de Kandinskij e de Mondrian comezou a crear o novo movemento, que proseguía a obra de Mondrian e de Malevič. Coa súa obra teórica e coa súa plástica cinética negou toda a pintura tradicional e renovou a arte actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte, pintor e arquitecto. Instituíu a Academia del Disegno (1562) e, como pintor, decorou edificios relixiosos e civís (Palazzo Vecchio de Florencia), onde mostrou influencias de R. Fiorentino, Bronzino e sobre todo de Miguel Anxo, cuxas formas tamén son patentes nos seus proxectos arquitectónicos (Palazzo degli Uffizi de Florencia, 1560) e a quen exaltou en La vite dei più eccellenti pittori, scultori e architettori (1550).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista húngaro. Naturalizado suízo (1958), formouse en Budapest con Hernadi e Kodály, e especializouse en Chopin e Liszt.

    VER O DETALLE DO TERMO