"Verín" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 30.

  • PERSOEIRO

    Eremita. Estableceuse en Nórica en 454. Atribúenselle diversos feitos milagrosos como a provocación dun terremoto que fixo fuxir os hunos ou a desaparición dunha praga de lagosta. Tiña e outorgaba o poder da curación. As súas reliquias venéranse en Nápoles. A súa festividade celébrase o 8 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Foi director do Teatro Real de Copenhaguen desde 1873. Das súas composicións destacaron as Catro sinfonías norueguesas (1872-1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Drobeta-Turnu Severin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María a Maior que dá nome ao concello de Verín, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Verín situado no SL da Comunidade Autónoma (41° 56’ 00’’ N - 7° 25’ 40’’ O), dista 184 km de Santiago de Compostela e 72 km de Ourense. Limita ao N con Castrelo do Val e Laza (comarca de Verín), ao L con Vilardevós (Verín), ao S con Portugal e ao, con Monterrei e Oímbra (Verín). Abrangue unha superficie de 94,1 km 2 , cunha poboación de 13.991 h (2007), distribuída nas parroquias de Ábedes, Cabreiroá, Feces de Abaixo, Feces de Cima, Mandín, Mourazos, Pazos, Queirugás, Queizás, A Rasela, Tamagos, Tamaguelos, Tintores, Verín e Vilamaior do Val. A capital está na vila de Verín, na parroquia homónima. Está adscrito á provincia de Ourense, á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Verín.
    Xeografía física
    O relevo de Verín resólvese en dúas franxas lonxitudinais que se dispoñen de N a S. A parte máis occidental coincide coa depresión de Monterrei, e son terras de altitudes comprendidas entre os 300 e 400 m, atravesadas polo río...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca de tipo rural situada ao SL da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Ourense. Limita ao N coas comarcas da Terra de Caldelas (concello de Montederramo), a Terra de Trives (Chandrexa de Queixa) e Viana (Vilariño de Conso); ao L coa de Viana (Vilariño de Conso e A Gudiña) e Portugal; ao S con Portugal e ao O coa Limia (Baltar, Transmirás, Sarreaus e Vilar de Barrio). Abrangue unha superficie de 1.007,1 km2, cunha poboación de 28.741 h (2001), distribuída nos concellos de Castrelo do Val (122 km2; 1.284 h [2001]); Cualedro (117,6 km2; 2.391 h [2001]); Laza (215,9 km2; 1.904 h [2001]); Monterrei (119,1 km2; 3.314h [2001]); Oímbra (71,9 km2; 1.996 h [2001]); Riós (114,4 km2; 2.132 h [2001]); Verín (94,1 km2; 12.917 h [2001]) e Vilardevós (152,1 km2; 2.803 h [2001]). A vila de Verín é o centro dunha extensa área funcional, que inclúe ademais dos concellos da comarca outros próximos.
    ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas escudo en cuartel: 1 e 4, de azul, con tres flores de lis de ouro, ben ordenadas; 2 e 3, de azul, con tres faixas ondadas de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Verín ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Verín.

    VER O DETALLE DO TERMO