"Vidal" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 44.

  • Antropónimo que provén do latín vitalis, adxectivo derivado de vita ‘vida’: ‘que ten vida, que dá vida’. Como nome de pía ten probablemente un valor místico, ‘relativo á vida (sobrenatural)’. Frecuente na Idade Media, co tempo pasou a ser sobre todo apelido. Presenta a variante Vital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, unha torre de prata sumada de medio corpo de león nacente das ameas, acompañada de tres cunchas de vieira de ouro, unha en cada flanco e outra na punta do escudo. Outro trae, en campo de goles, unha aguia de prata coroada de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e pintor. Catedrático de Xeometría Diferencial, fundador do departamento de Matemáticas e primeiro decano da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (1978), foi pioneiro da investigación en xeometría diferencial e da apertura ao exterior da matemática española. Como pintor preocupouse do home e da natureza, destacan Mujer con jarro de vino e Autorretrato (1976). Publicou, entre outras obras, Introdución a la geometría diferencial (1956) e Cálculo infinitesimal (1970). Primeiro presidente da Academia Galega de Ciencias, foi académico numerario da Real Academia Galega (1971). Recibiu o premio Alfonso X El Sabio (1948) do CSIC por Geométrica integral sobre las superficies curvas, e o premio da Real Academia de Ciencias de Madrid (1953) por Fundamentos de la geometría integral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dramaturgo, director e actor. Promotor do teatro independente galego, en 1974 cofundou Teatro Antroido, co que representou moitas das súas propias obras, como Antroido na rúa I e II (1978). Membro do Grupo Abrente, foi un dos máis destacados renovadores do teatro galego contemporáneo. Nos seus textos predomina o simbolismo, a combinación de elementos da tradición popular galega e a modernidade, e a crítica en ton de burla da realidade, que moitas veces se amosa amarga e mísera co ser humano. Comprometido co país e coa lingua, os seus textos amosan trazos comúns á escrita de Otero Pedrayo e Valle-Inclán. Da súa obra dramática destacan Laudamuco señor de ningures (1977, Premio Abrente 1976), Ladaíñas pola morte do meco (1977), Memorias de mortes e de ausentes (mención honorífica no Premio Abrente 1978), Ruada das papas e do unto (Premio O Facho 1979), Saxo tenor (Premio Álvaro Cunqueiro 1991), Bailadela da morte ditosa (1992,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo francés. Especialista en xeografía humana, preocupouse pola acción do home e polas diferentes modalidades de adaptación no medio físico. Foi un dos promotores dos estudos de xeografía rexional en Francia. Creou e dirixiu a revista Annales de Géographie e dirixiu a colección Geographie Universelle. Das súas obras destacan Étais et nations d’Europe (1881) e Principes de géographie humaine (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e mestre. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Ourense e foi discípulo de Sotomayor. Centrouse na representación de naturezas mortas (Bodegón con zanfona, 1973) e retratos (Torrente Ballester), nos que manifestou un equilibrio entre a cor e a composición. Desde 1965 cultivou a paisaxe urbana compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliófilo. Especializado en libros, documentos e discos de Galicia, posúe unha biblioteca con máis de 7.000 volumes de primeiras edicións de libros galegos. Diplomouse en Maxisterio na Escola Normal de Ourense (1967). Funcionario da Axencia Comarcal do Servizo de Extensión Agraria do Barco de Valdeorras (1962-1966), foi director comercial do Banco de Santander da provincia de Pontevedra. Membro do Instituto de Estudos Valdeorreses, coordinou os Xogos Escolares Provinciais na comarca de Valdeorras. Foi pregoeiro da IV Festa do Botelo (2004) do Barco de Valdeorras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e mestra, irmá de Xoán Vidal Martínez. Colaborou no Teatro Experimental de Arte, co que representou varias das súas obras. Dos seus libros destacan a obra teatral Camiño de Belén (1946) e o poemario Poemas de nenos e paxariños (2000). Foi membro correspondente da Real Academia Galega (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e mestre, irmán de Aurora Vidal Martínez. Membro da escola hilozoísta da Xeración do 22, relacionouse con L. Amado Carballo, co que fundou a revista Alborada. Posteriormente cofundou Cristal e colaborou en Nós. Na súa obra   diferéncianse tres etapas, unha primeira de mocidade, outra marcada pola influencia do hilozoísmo e unha terceira e última en que se aproximou ao dadaísmo ultraísta. Publicou Mágoas (1922), con prólogo de A. Carballo; Alcor (1927) e a antoloxía poética Voz y memoria (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Autor de diversos manuais e estudos de lingua e literatura, da súa obra destacan a novela costumista Don Porrazo o mi cubierto de plata (1909), en que intercala o galego co castelán; a novela histórica Elena de Síbaris (1913), o libro de relatos Contos gallegos de antano e de hogano (1920), en que inclúe moitos relatos de tradición oral; o drama El abuelo de Rosendo (1922) e o drama histórico La reina Lupa (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Menaem ben Šelomó Meiri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Evolucionou desde o informalismo cara ao surrealismo e á abstracción. O seu lirismo mesturou compoñentes mitolóxicos, oníricos e populares. Estivo moi influído pola pintura brasileira, especialmente no que respecta ao emprego de cores cálidas e puras e á carga de exotismo que manifestou nalgunhas pinturas con ambientes tumultuosos, que transluciron un fondo de denuncia social. Destacan En Rosa (1975) ou a serie Crucificados (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor teatral. Despois de actuar en diversas compañías de Andalucía e Madrid, recibiu unha bolsa do goberno alemán para formarse na RFA. En Ourense colaborou co grupo teatral Valle Inclán. Cofundador do grupo teatral Rúa Viva, participou nos espectáculos Os baralláns (1980), O cantar dos cantares (1983) e O saco das noces (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborador en diversas publicacións periódicas, como Faro de Vigo, Man común ou El Progreso, publicou diversos traballos de antropoloxía en Grial e Gallaecia. A súa obra poética editouse nas revistas Nordés e Coordenadas, e nos libros Luceiros fuxidíos (1994), A sombra do inimigo (1998) e Contra o tempo (2003), ademais de no volume colectivo Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), das Redes Escarlata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Gore Vidal, na súa obra criticou a sociedade estadounidense, como nas novelas de contido político Washington D. C. (1966), Burr (1973) e 1876 (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eugene Luther Vidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. De orixe xudía, estivo activo na corte de don Denís, a mediados do s XIV. Consérvanse fragmentos de dúas cantigas de amor que, pola súa temática, métrica e estilo, poden considerarse de introdución tardía nos cancioneiros trobadorescos. Destaca a cantiga “Moyr’, e faço dereyto”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Casado con santa Valeria, foi perseguido e martirizado en tempos de Nerón. Represéntase a cabalo, cunha lanza ou unha maza na man. A súa festividade celébrase o 28 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi escravo de santo Agrícola, que o converteu ao cristianismo. Ambos os dous foron apresados en Boloña, torturados e executados. A súa festividade celébrase o 4 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Foi secretario da Axencia Europea para a Cultura e conselleiro da UNESCO en París, ademais de director xeral de Educación, Ciencia e Cultura do Consello de Europa (1985-1991). Publicou España a debate (1993) e La ventana global. Ciberespacio, esfera pública mundial y universo mediático (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO