"Xaime" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 39.
-
GALICIA
Xesuíta. Ordenado sacerdote en 1948, foi misioneiro na República Dominicana, onde traballou en Juventud Obrera Católica. Fundou diversos grupos cristiáns e foi profesor no seminario de Vigo. Defensor da liturxia en galego, oficiou a primeira misa en galego en San Domingos de Bonaval o 25 de xullo de 1965 e solicitou ao Vaticano a aprobación da liturxia nesta lingua. Escribiu 400 nomes galegos para homes e mulleres (1977). Recibiu a Medalla Castelao en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, editor e escritor. Estudou dereito en Santiago de Compostela e Valladolid pero desde moi novo dedicouse ao xornalismo. En Vigo fundou e dirixiu as revistas Poquita Cosa e Vigo Juvenil (1892) e colaborou en numerosas revistas e xornais en Madrid. Dirixiu El Noticiero (1903) e a revista ilustrada Vida Gallega (1909-1938), da que foi fundador e propietario. Publicou contos como Cuentecillos (1894) e Todo Malo (1895), e novelas como La mala sombra (1895), Anduriña (1917) e El otro mundo (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, fillo de Ramón María del Valle-Inclán. Durante a Guerra Civil foi enlace do estado maior de Líster e en 1939 foi evacuado a Francia e internado no campo de concentración de Saint-Cyprien. Pablo Neruda, embaixador de Chile en Francia, levouno a Chile onde iniciou a súa traxectoria artística, ata que en 1958 regresou a España. Realizou unha pintura figurativa intimista e cultivou a paisaxe e o bodegón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe hebrea, asociado ao nome do patriarca bíblico Xacob, aínda que a súa evolución parte do nome dos dous apóstolos do Novo Testamento, que aparece baixo a forma Iacobus, pero xa no propio latín tardío aparece a variante Jacomus, da que deriva directamente Xaime. Presenta a variante Xácome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Londres 1688 - Roma 1766) Pretendente á coroa británica, fillo de Xaime II de Inglaterra e da súa segunda muller, María de Módena. A Revolución de 1688 obrigou a súa familia a exiliarse. Foi excluído do trono británico pola Act of Settlement (1701) e, pese á axuda de Luís XIV de Francia e dos seus partidarios en Escocia, a súa posición política debilitouse rapidamente a causa das súas convicións católicas.
-
PERSOEIRO
Rei titular de Mallorca (Xaime IV, 1349-1375) e rei consorte de Nápoles, fillo de Xaime III de Mallorca e Constanza de Aragón. En 1338 o seu pai fíxoo xurar como herdeiro e en 1349 acompañouno na invasión para tomar Mallorca. Despois de ser abandonado pola Raíña Xoana I de Nápoles coa que casara, marchou a Inglaterra. Interveu co Príncipe Negro na Batalla de Nájera (1367) a favor de Pedro I de Castela. Caeu prisioneiro de Enrique de Trastámara, que o encarcerou no castelo de Curiel, pero foi liberado por Xoana I de Nápoles. Organizou unha expedición de mercenarios contra Pedro IV de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Barcelona, rei de Aragón (1213-1276), de València (1239-1276) e de Mallorca (1226-1276) e señor de Montpellier, fillo de Pedro II. Á morte dos seus pais asumiu a rexencia o seu tío avó o infante Sancho. Aos trece anos casou con Leonor de Castela, matrimonio do que naceu o primoxénito Afonso. Alegando vínculos de parentesco, conseguiu a separación canónica e a lexitimación posterior do infante Afonso (1229). Solucionou o enfrontamento cos nobres e con algunhas cidades aragonesas coa Paz de Alcalá (1227) e comezou un período de grandes conquistas. Conquistou Mallorca (1229) e someteu Menorca á condición de tributaria (1231). Na conquista de Valéncia houbo un conflito de límites co Reino de Castela en Xátiva que se solucionou co Tratado de Almirra (1244). Conquistou Murcia para axudar o rei de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1424-1437), fillo de Roberto III. Foi capturado polos ingleses en 1406. En 1424 fíxose coroar rei e loitou contra a nobreza para impoñer a súa autoridade. Foi asasinado por unha conspiración aristocrática.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (Xaime VI, 1568-1625) e de Inglaterra (1603-1625), fillo de María I. Deixou o goberno en mans de diferentes privados que non impediron as loitas entre as diversas faccións da nobreza. En 1585, coa axuda de Isabel I de Inglaterra, tivo un éxito relativo na loita contra as faccións e as prerrogativas dos baróns escoceses. Vacilante na polémica entre católicos e protestantes e temeroso de perder a axuda de Isabel I e a oportunidade de reinar en Inglaterra ao morrer esta, non fixo nada por salvar a vida da súa nai, que foi executada en 1587. Convertido en rei de Inglaterra, a súa convicción da orixe divina da autoridade real desamigouno tanto con católicos como con protestantes. En política exterior aproximouse ás potencias católicas, como Castela. Estableceu a Union Jack.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sicilia (Xaime I, 1285-1295), conde de Barcelona e rei de Aragón e València (1291-1327) e de Mallorca (1291-1295), fillo de Pedro III e Constanza de Sicilia. Coroado rei de Silicia en Palermo (1296), foi excomungado polo Papa Honorio IV. Despois da proclamación da Paz de Anagni (1295) por Bonifacio VIII, cedeu Sicilia á Igrexa. Devolveu as Balears a Xaime II de Mallorca pero con carácter feudatario. Os sicilianos coroaron rei o seu irmán Federico (1296), que pola Paz de Caltabellotta (1302) quedou ratificado. Enfrontouse a Castela ao apoiar as reivindicacións de Afonso de la Cerda. Reiniciadas as hostilidadas con Castela, conquistou Murcia e Cuenca e ocupou Lorca (1300), ata que en 1304 asinou a paz pola que devolveu a parte meridional do Reino de Murcia, mentres que a setentrional, de Alacant a Guardamar, era incorporada definitivamente ao Reino de València.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1437-1460), fillo de Xaime I. A súa minoría de idade foi perturbada polas loitas entre Alexandre Livingstone e William Crochton, ata que impuxo en 1449 o seu goberno persoal. Na Guerra das Dúas Rosas apoiou os Lancaster.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Inglaterra, de Escocia (Xaime VII) e de Irlanda (1685-1688) e duque de York desde 1643, neto de Xaime I. Apresado durante a Guerra Civil (1646), fuxiu a Francia, onde residiu ata a restauración dos Stuart. En 1672 converteuse ao catolicismo e casou coa princesa católica María de Modena, o que lle valeu a hostilidade dos whigs. O seu absolutismo, a protección indiscriminada dos católicos e o acercamento a Luís XIV fixérono impopular. A oposición aliouse con Guillerme de Nassau, stadhouder de Holanda, que desembarcou en Inglaterra e obrigouno a refuxiarse en Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Mallorca, conde de Rosellón e Cerdaña e señor de Montpellier (1276-1311), fillo de Xaime I de Aragón. Ao morrer seu pai (1276) entrou en posesión da súa herdanza e coroado como rei de Mallorca confirmoulle os privilexios e as franquías a Mallorca en 1276. Foi vasalo do seu irmán Pedro III de Aragón e ante o conflito deste con Filipe III de Francia apoiou os franceses. Ante a derrota gala, foille arrebatado o reino, ata que se lle restituíu polo Tratado de Anagni (1295) coa condición de recoñecer a vasalaxe de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1460-1488), fillo de Xaime II. As tendencias pacifistas da súa política desamigárono cunha parte da nobreza, da que foi abandeirado o seu fillo Xaime IV. Vencido en Sauchieburn, foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Mallorca (1315-1349), fillo do infante Fernando, príncipe titular de Morea, e de Isabel de Sabran. Morta a súa nai, quedou baixo a protección do Rei Sancho I de Mallorca e tras a morte deste (1324), Xaime II de Aragón tratou de impugnar o testamento e apoderarse do Reino de Mallorca. A intervención do Papa Xoán XXII, que propuxo consultas periódicas, evitou a guerra. Pouco despois de herdar a Coroa de Aragón (1339), Pedro IV o Cerimonioso esixiulle vasalaxe. Perdeu a coroa na Batalla de Llucmajor (1349), onde morreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1488-1513), fillo de Xaime III. Aínda que dirixira a rebelión dos nobres contra o seu pai, ao converterse en rei continuou a tradicional política real de oposición á nobreza. Casado con Margarida, filla de Enrique VII de Inglaterra, a súa pretensión ao trono inglés provocou a tensión entre ambos os dous reinos. Intentou invadir Inglaterra e morreu na Batalla de Flodden.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1513-1542), fillo de Xaime IV. Asumiu o goberno en 1528 e eliminou o partido pro-inglés do rexente Albany. Do seu segundo matrimonio, con María de Lorena, naceu María I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xaime I de Inglaterra
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xaime II de Inglaterra.