"ket" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 35.
-
PERSOEIRO
Físico. Estudiou no Instituto Max-Planck de Múnic, onde se doutorou en 1986. Investigou a física atómica e a espectroscopía láser no arrefriamento e bloque de átomos neutros, para explorar outras caras da materia ultrafría. Forma parte do equipo que traballa no laboratorio de Desenvolvemento de Electrónica (RLE). En 2001 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con Cornell e Wieman, pola realización da condensación Bose-Einstein, e polos seus estudios sobre as propiedades da condensación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Colosas, Frixia 1140? - Nicea 1213?) Político, historiador e teólogo bizantino. Ocupou cargos importantes na administración civil do imperio. Escribiu unha historia, Cρονίκη δι ή γηοις, e diversas obras teolóxicas, panexíricos e discursos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente que intervén no mercado financeiro secundario e asegura a liquidez, actuando por conta propia e cotizando na bolsa de valores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mercadotecnia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de baloncesto creada por Jay Archer en Scranton, EE UU, en 1950, co nome de biddy basket-ball, e introducido en Europa en 1961 por Anselmo López co nome de minibasket, dirixida a nenos e nenas entre 8 e 12 anos, en que se reducen as dimensións da cancha (28 x 15 m), do balón (entre 680 e 730 mm de diámetro e 450 e 500 g de peso) e a altura das canastras (2,60 m).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liga profesional de baloncesto, creada en EE UU en 1946. Partiu dunha idea do xornalista Max Kase e levouna a cabo Ned Irish, formándose a Basketball Association of America (BAA), que nun principio contou con 11 equipos, dos que perduran tres; Boston Celtics, New York Knicks e Golden State Warriors. En 1950 a BAA uniuse á National Basketball League (NBL), e formouse a National Basketball Association (NBA), con Maurice Podoloff como o seu primeiro comisionado. A competición está formada por 29 equipos, divididos en dúas conferencias (Leste e Oeste) e catro divisións (Atlántico, Central, Medio-Oeste e Pacífico).
-
PERSOEIRO
Relixioso irlandés. Arcebispo de Armagh desde 1699 e primado de Irlanda. Defensor do catolicismo irlandés, o goberno inglés prendeuno e ordenou a súa execución. Paulo VI canonizouno en 1975. A súa festividade celébrase o 10 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (543 km2; 238.997 h [2000]). A súa capital é Phuket (66.685 h [2000]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias Gram-negativas, parasitas intracelulares dos vertebrados, que teñen un ciclo natural en que interveñen artrópodos hematófagos como as pulgas. Preséntanse en forma de bacilos e de cocos e tínguense ben con colorantes básicos. Para producir a infección a célula hóspede ten que ser metabolicamente activa. Entre outras enfermidades, causan o tifo exantemático, a febre Q ou a febre das Montañas Rochosas.
-
-
Relativo ou pertencente ás rickettsiáceas.
-
Bacteria da familia das rickettsiáceas.
-
Familia, da orde das rickettsiais, que comprende bacterias parasitas intracelulares dos artrópodos e os vertebrados.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás rickettsiais.
-
Bacteria da orde das rickettsiais.
-
Orde de bacterias Gram-negativas, que se poden presentar en forma de cocos ou bacilos, e son parasitos patóxenos dos vertebrados, transmitidos moitas veces por artrópodos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de enfermidades infecciosas que son producidas polas bacterias do xénero Rickettsia e que as transmiten os animais ou individuos através de artrópodos (pulgas ou piollos).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (8.840 km2; 1.402.418 h [2000]). A súa capital é Si Sa Ket (38.272 h [1993]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escena curta, xeralmente de carácter cómico ou satírico, intercalada na acción dun filme, obra de teatro, radio ou televisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Billete que dá dereito a ser admitido nun lugar ou que xustifica o pagamento por un determinado servizo.