"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • Pagamento que un arrendatario realizaba ao se constituír un foro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Segundo conde de Monterrei, fillo do Arcebispo compostelán Alonso de Fonseca. Casou con Francisca de Zúñiga e Ulloa, herdeira do Condado de Monterrei. Foi o introdutor da imprenta en Galicia a finais do s XV e o responsable da edición do Misal de Monterrey. Faleceu na loita contra os franceses en Salsas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado en dereito. Director dos xornais El Clamor de Galicia, El Clamor del País e La Región; así mesmo, entre outros, colaborou en El Comercio Gallego e El Noroeste. Destacou tamén o seu labor administrativo á fronte da Deputación Provincial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acubillar.

    2. Lugar onde algo ou alguén pode poñerse ao abrigo ou protexerse dun perigo, das inclemencias do tempo, etc.

    3. Conxunto de pezas, agochadas de tal xeito, que se pode supoñer que se ocultaron de forma intencionada. En Galicia os acubillos que se consideran tal están constituídos, sobre todo, por obxectos metálicos pertencentes a distintas épocas. As pezas atopadas nos acubillos adoitan considerarse características do contexto arqueolóxico no que se insire o depósito: os machados de talón estarían depositados na Idade do Bronce final, a ourivería na época castrexa e os numismas na romana. O atesouramento de obxectos de valor que semella terse levado a cabo durante certas épocas, sobre todo numismáticos a partir da moedarización, considérase adoito motivado por razóns de inseguridade, crises políticas e económicas, inflación, devaluamento ou, sinxelamente, gusto coleccionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo dos Alpes Réticos, Italia, no límite da Lombardía e o Trentino. Constituído por rochas graníticas, contén numerosos glaciares. Culmina cos 3.554 m do monte Adamello. Salienta o seu carácter turístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sobrenome aplicado a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cano por onde baixa a auga ao muíño fariñeiro.

    2. Quenlla encargada de transportar o cereal da adella ao centro da moa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento situado na praia do Carreiro (O Grove). Conserva restos de sartegos de pedra antropoides, restos de época romana e os alicerces do que sería unha igrexa visigótica e a súa necrópole adxacente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afonso V de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Despois de adestrarse na Compañía de Gardas Mariñas do Departamento de Cádiz, embarcou no navío Santo Domingo iniciando, así, a súa carreira marítima. Foi alférez e tenente de fragata e de navío. Participou no bloqueo a Gibraltar. Formou parte do corpo de Enxeñeiros da Armada no Departamento de Ferrol e ascendeu a director das Compañías de Gardas Mariñas de Ferrol, Cádiz e Cartagena. En 1810 ocupou o cargo de membro do Consello de Rexencia polas Cortes Xerais Extraordinarias pero cinco anos despois foi detido por orde do Xeneral Erguía xunto a outros membros do Consello de Rexencia. Despois de permanecer no desterro santiagués, fíxose cargo da xefatura galega do pronunciamento do Xeneral Riego e creou na Coruña a Xunta Provisional do Goberno de Galicia. Finalmente, renuncia ao seu cargo de Capitán Xeneral para ocupar unha praza no Consello de Estado en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou obsequio co que se agasalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pór grillóns a un preso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico formado no Colexio de Santiago Alfeo, onde desenvolveu a súa actividade como profesor da Universidade ata que en 1658 acada o cargo de Rector da mesma. En 1668 abandonou Galicia para facerse cargo do Bispado de Guadalajara (México) primeiro, e no ano 1677 de Mechoacán. Catro anos máis tarde converteuse en Arcebispo da capital, México, onde fundou o Colexio San Miguel, un hospital e outras institucións docentes e benéficas. A súa caridade e a atribución de certos prodixios entre os fieis, convertérono nunha persoa moi valorada en México, mesmo tendo solicitada a súa beatificación o cabido mexicano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Picada efectuada co aguillón para estimular os animais de carga.

    2. Picadura que realizan os insectos con aguillón.

    3. Xeito de estimular ou incentivar as accións dunha persoa ou dun grupo de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Picar coa aguillada.

    2. Estimular ou incitar a obrar, a facer algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación xeral de moluscos de valvas longas e estreitas.

    2. folada.

    3. longueirón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ovopositor transformado nunha puga con capacidade para inocular veleno que presentan as femias de certos himenópteros. Pode ter unha función defensiva da comunidade, como no caso das abellas e das formigas, ou paralizante, en certas avespas depredadoras.

    2. acúleo.

    3. Punta de ferro que se coloca nun dos cabos dunha aguillada para aplicar aos animais.

    4. Rocha ou con agudo que sobresae no mar.

    5. O que estimula ou incita a obrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do NL da Illa de Arousa (na parroquia e concello homónimos), situada entre as puntas de Aguillón ao N e Ximeliño ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista cultural en galego nada en 1983 en Betanzos e subtitulada “Órgano da Sociedade Cultural Betanzeira”. Consta das seccións “Editorial”, “Ecoloxía”, “Cultura” e “Política”.

    VER O DETALLE DO TERMO