"lucas" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 34.
-
PERSOEIRO
Pintor. En 1841 expuxo na Academia de San Fernando e, en 1850, colaborou na decoración do Teatro Real de Madrid. Foi tenente da Milicia Nacional en 1856. Romántico, foi un bo retratista e destacou polas súas escenas populares, nas que se aprecia o influxo de Goya. O seu fillo Eugenio Lucas Villaamil (Madrid 1858-1918) tamén foi pintor. Continuou a obra do seu pai, cun estilo moi semellante pero de menor calidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Método de identificación de alcois primarios, secundarios ou terciarios, que se fundamenta na medida da velocidade de reacción dos distintos alcois ao producirse a reacción con HCI en presenza de ZnCl2:
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e produtor cinematográfico estadounidense. Dirixiu THX 1138 (1971), American Grafitti (1973) e a saga espacial Star Wars (1977-2005). Tamén coproduciu e creou as películas sobre o personaxe de Indiana Jones (1981-2006), dirixida por Spielberg. En 1971 creou a compañía Lucasfilm Ltd (1971), que evolucionou a Lucas Digital Ltd, onde se inclúe Industrial Light & Magic (ILM) que se dedica aos efectos especiais e que foi galardoada cun Oscar por Forrest Gump (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Estudiou e foi profesor da Universidade de Chicago. Foi o principal representante da denominada Macroeconomía Clásica. Recibiu o Premio Nobel en Ciencias Económicas (1995) por desenvolver e aplicar a hipótese das expectativas racionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xudeu helenizado. Evanxelista, foi discípulo de san Paulo. Considérase un dos autores tradicionais dos Evanxeos (o terceiro) e do Libro dos Feitos dos Apóstolos. Acompañou a san Paulo a partir da súa segunda viaxe por Grecia e Italia. Segundo a tradición foi célibe e morreu aos 84 anos; outras narracións considérano membro do grupo de discípulos de Xesús Cristo, pintor e mártir. Patrón dos médicos e dos artistas, na iconografía viste a túnica e palio dos apóstolos e leva como atributos un boi ou touro alado ou sen ás, símbolo de evanxelista, instrumentos de medicina e cirurxía, unha táboa ou icona coa imaxe da Virxe ou un pincel na man. É titular de tres parroquias e patrón dos concellos de Chantada, Mondoñedo e Pastoriza. A súa festividade celébrase o 18 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo. Foi membro da comisión do mapa xeolóxico de España. Escribiu Sinopsis de las especies fósiles que se han encontrado en España (1875-1892), Los males de la patria y la revolución española (1890) e Explicación del mapa geológico de España (1895-1911). Foi membro da Real Academia de Ciencias (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Foi rexedor da súa vila natal ao tempo que compoñía versos en castelán e latín. En 1697 presentouse ás Festas Minervais de Santiago de Compostela, onde gañou cun soneto. Escribiu o texto manuscrito Teatro de los prelados de la Iglesia de Mondoñedo (1730).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Arquipélago de Indonesia que está situado no Océano Pacífico, entre as illas Célebes ao O, Nova Guinea ao L e Timor ao SO (74.505 km2; 1.205.539 h [2000]). Forman unha provincia, con capital en Ambon. Está constituído no N polas pequenas illas volcánicas de Morotai, Bacan, Obi e a illa Halmahera, a máis grande; no centro, polas illas de Buru e Seram; e en dirección SL polo grupo das illas Tanimbar. O clima é cálido, afectado pola influencia do monzón. A vexetación é de bosque e sabana. Durante moito tempo foron as principais produtoras mundiais de noz moscada e de cravo, e tamén tiñan produción de cocos e cultivos de arroz e copra na costa. Islamizadas no s XV, foron disputadas por portugueses e casteláns e repartidas polo Tratado de Tordesillas (1494). En 1529 Carlos V cedeu os seus dereitos sobre as illas a Portugal. En 1641 os neerlandeses anexionaron o arquipélago ás súas colonias indonesias, ata que no s XVIII, a baixada do prezo das especias e a resistencia...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mar de Indonesia situado entre a illa Halmahera, a máis setentrional do arquipélago das Molucas, e as illas Célebes.
-
PERSOEIRO
Bispo de Tui (1771-1774). Pertenceu á orde franciscana, da que foi provincial e doutorouse na Universidad de Sevilla. Foi bispo auxiliar de Cartagena (1761), bispo titular de Tunes (1761), bispo de Chiapa (Guatemala, 1769) e arcebispo de Santa Fe (Bogotá, 1769), sé a que renunciou para ser prelado de Tui, conservando o título de arcebispo-bispo. Foi un dos creadores da biblioteca episcopal. Publicou Defensa de la Doctrina de Santo Tomás (1773).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de San Xurxo de Asma (Chantada). O seu cumio acada os 520 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entallador. Traballou na catedral de Santiago de Compostela onde fixo con Domingos Antonio de Andrade o pequeno templo que acolle a imaxe do apóstolo Santiago segundo os planos de José de la Vega y Verdugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lucas de Tui.
-
PERSOEIRO
Regatista. Logrou para España tres campionatos de Europa en 470 (1991, 1992, 1994), tres campionatos do Mundo en 470 (1992, 1995 e 1996), e dúas medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e Atlanta 1996, tamén en clase 470.
VER O DETALLE DO TERMO