"roel" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 31.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de forma circular e plana, sempre de cor, que se coloca no escudo de armas.
-
GALICIA
Escritor. Membro das Irmandades da Fala, colaborou en A Nosa Terra, O Tío Marcos da Portela e Rexurdimento, e foi correspondente de El Pueblo Gallego. En 1936 exiliouse en Arxentina, onde foi presidente da Agrupación de Artistas Gallegos, director da revista Lar e colaborador doutras publicacións e programas radiofónicos, ademais de escribir contos e poesías.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e escenógrafo. Participou como actor ou escenógrafo en numerosas montaxes de Teatro Antroido, como Laudamuco, señor de Ningures (1978); de Teatro Troula, como Anastas (1979); e do Centro Dramático Galego, como Caderno de Bitácora (1985), Hostia (1996) e Daquel Abrente (2003). Participou na dirección artística de La novia de medianoche (1997) e León y Olvido (2004), e interpretou diversos papeis nos filmes Sempre Xonxa (1989), Dáme lume (1996) e O lapis do carpinteiro (2003), e nas teleseries Galicia Exprés (2000) e As leis de Celavella (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi cofundador e redactor da revista literaria ‘t Fonteintje (1921-1924) e secretario da revista Vandaag (1929-1930). Considerado como un dos renovadores da novelística flamenga da década de 1930, escribiu Komen en gann (Ir e volver, 1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Traballou en Valladolid en círculos cortesáns e en 1603 recibiu as ordes maiores e trasladouse a Olivares. En 1614 pasou a ser capelán da corte, pero volveu a Olivares como cóengo da colexiata cara a 1621. Foi un gran colorista de gusto veneciano. Da súa produción destacan as pinturas do retablo da igrexa dos Xesuítas, o Santiago Matamoros da catedral, o Martirio de San Andrés e o Tránsito de San Isidro, todas elas en Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (9.336 h [2001]). Ten cultivos de secaño, millo e tubérculos, e actividade industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Frecuentou moito a corte e foi ordenado sacerdote aos 52 anos. A súa obra máis coñecida é a historia da súa vida, que entronca, en parte, coas narracións picarescas, Vida, ascendencia, nacimiento, crianza y aventuras del Dr. D. Diego de Torres Villarroel (1743). Admirador de Quevedo, imitouno nos seus Sueños morales, visiones y visitas de Torres con D. Francisco de Quevedo por Madrid (1727-1751).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya (8.244 h [2001]). Destacan os cultivos de cereais, árbores froiteiras, hortalizas, trigo, millo, oliveiras, vide e arroz. As principais actividades industriais son as derivadas da agricultura, a de maquinaria agrícola, e a de construción. A tradicional actividade pesqueira perdeu importancia diante do turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, filósofo e teólogo alemán. Oposto ao historicismo e ao absolutismo, afirmou a existencia de totalidades culturais como o humanismo e o cristianismo, relacionadas entre elas. A súa obra, publicada entre 1888 e 1925, recolleuse nos 4 volumes de Gesammelte Schriften (1912-1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Comezou como calígrafo e miniaturista, ilustrando a revista Rexurdimento. A súa obra, centrada nas paisaxes e nos retratos de tipos populares, ilustrou numerosas revistas (Vida Gallega, Galicia, Mundo Gallego ou Galicia. Revista anual de Turismo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso bieito. Foi abade do mosteiro de San Salvador de Lourenzá (1709-1713 e 1721-1725) e bispo de Puerto Rico. Escribiu Scena sacra de varias oraciones panegyricas (1702) e Tautologias (1703-1729).
VER O DETALLE DO TERMO