"seu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 100.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en Braga en 1918 co nome de Museu de Arte e Arqueologia. En 1981 constituíuse como un museo rexional de arqueoloxía orientado principalmente á preservación e divulgación dos vestixios romanos de Bracara Augusta. A súa colección abarca un período cronolóxico comprendido entre o Paleolítico e a Idade Media.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en Nova York en1929 por iniciativa privada. Está situado nun edificio obra dos arquitectos Philip S. Goldwin e Edward Durrel Stone, inaugurado en 1939 (ampliado en 1963). Acolle pinturas e esculturas, pero tamén mostras de artes gráficas, fotografía e deseño, ten unha importante biblioteca de arte contemporánea. Os seus fondos constitúen unha selecta representación da arte occidental desde o impresionismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Londres, fundado a partir da colección persoal de sir Hans Sloane (1660 - 1753), que inclúe unha gran variedade de plantas, animais e fósiles, así como máis de 600 exposicións. Estivo englobado dentro do British Museum ata 1881, cando se trasladou de Blomsbury a South Kensington. En 1986 anexionouse ao Geological Museum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación de Perseo.
-
PERSOEIRO
Fisiólogo. Investigou os procesos físicos da circulación sanguínea. En 1840 formulou a lei que relaciona a velocidade media dun líquido no interior dun tubo capilar coa área de sección do tubo, a presión e a viscosidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei segundo a que o caudal volúmico Q dun líquido que atravesa un tubo de sección circular é directamente proporcional á diferenza de presións, Äp, entre os extremos do tubo e á potencia cuarta do raio r deste, e inversamente proporcional á lonxitude do tubo l e ao coeficiente de viscosidade ç.
-
PERSOEIRO
Compositor belga. Formado no Conservatorio de Liexa (1947-1952), destacou como un dos principais animadores da vangarda musical da década de 1950. Escribiu diversos ensaios sobre a música de vangarda do s XX e as obras Trois chants sacrés (1951), para piano e corda, e a ópera Votre Faust (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inflorescencia que semella unha flor, como o ciatio dalgunhas euforbiáceas e os capítulos ligulados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das poáceas, con talos de ata 150 cm de altura, follas anchas e planas, flores dispostas en inflorescencias de tipo panícula e froito de pequeno tamaño. Distribúese polo SO de Europa, e en Galicia atópase a especie P. longifolium, que florece entre maio e agosto, entre toxos e breixos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado ‘falsidade’, ‘falso’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado ao autor dos escritos atribuídos a san Denís o Areopaxita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o autor do tratado filosófico Do sublime, falsamente atribuído a Casio Lonxino. Foi obra probablemente dun mestre de retórica de orixe grega que defendeu a retórica como unha actividade creadora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarta parte do Liber Sancti Iacobi (s XII), de temática xacobea, tamén coñecido como Crónica de Turpin, pois está atribuído ao arcebispo de Reims, Turpin. Constitúe un texto épico que narra a liberación do Camiño de Santiago polo Emperador Carlomagno e que está moi vinculado aos cantares de xesta franceses, como a Chanson de Roland. Circulou de forma independente por toda Europa e deu pé a diversas crónicas francesas e islandesas
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade de presentar pseudoalelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parella de elementos xenéticos asociados con segmentos duplicados dalgúns cromosomas, como os da drosófila e os dalgúns bacteriófagos, que se comportan como alelos ao efectuar os mesmos procesos no organismo e presentarse en cistróns homólogos, pero que, polo feito de orixinárense por mutacións en partes diferentes do cístron, presentan recombinacións por entrecruzamento dentro deste e son, polo tanto, separables.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera dos sulfatos dobres de dous metais, un dos que é trivalente, que non son isomorfos do alume común.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falsa articulación producida como consecuencia dun defecto de consolidación dun óso fracturado no que se producen movementos dunha maior ou menor amplitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao pseudocarpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito falso que non provén do ovario, como é o caso dos conos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cavidade que deriva do embrión, comprendida entre o intestino e a parede do corpo, sen revestimentos mucoepiteliais propios, presente en determinados invertebrados.