"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • GALICIA

    Entallador, escultor e imaxineiro. Non se coñece a súa procedencia pero hai documentación dos seus contratos en Compostela. Colaborou con escultores e retablistas do s XVIII, como Miguel de Romai, con quen executou para a Catedral de Santiago a caixa dun dos órganos (1705) e o Altar da Soidade (1708). No ano 1709 fai, xunto con Cipriano Domínguez Bugarín, o retablo maior da igrexa de Santa Susana e o retablo colateral de San Marcos para a igrexa de Santiago de Betanzos. Con Manuel de Leis parece que colaborou no altar dunha capela da Confraría da Concepción da Catedral de Santiago. A derradeira obra de Afonsín foi un retablo en San Cosme de Oís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Rei Afonso e ao seu Reinado.

    2. Partidario de Afonso XII de España e do afonsismo.

    3. Na historia da literatura galega desígnase con este nome o período trobadoresco que floreceu durante o reinado de Afonso X o Sabio e Afonso III de Portugal.

      1. Nome dado a diversas moedas que circularon en Portugal e nos territorios das coroas de Castela e Aragón durante a Idade Media.

      2. Nome dado ao marabedí de ouro cuñado en Toledo por Afonso VIII de Castela .

      3. Moeda de prata iniciada en Sardeña polo infante Afonso o Benigno e cuñada por Xaime II de Aragón.

      4. Moeda de vellón que durante o Reinado de Xaime II de Aragón equivalía á décima oitava parte dun afonsino de prata.

      5. Moeda de ouro de 8,05 g, con valor de 25 pesetas, cuñada durante os Reinados de Afonso XII e Afonso XIII de España.

    4. Táboas astronómicas establecidas a partir de 1252 por Yěhudà ben Mošé e Iṣḥaq ben Sid. Foron confeccionadas no 1272, por encargo e baixo a supervisión de Afonso X de Castela. Calculadas a partir do meridiano e paralelo de Toledo, están baseadas na teoría de Ptolomeo, aínda que achegando melloras, entre as que cómpre destacar unha división do ano moito máis exacta. No s XIV, foron adaptadas aos meridianos e paralelos de París e de Londres e a súa importancia foi grande, mesmo despois da publicación das táboas rudolfinas por Képler (1627).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia segregada por algunhas bacterias que activa a súa acción patóxena ao tempo que paraliza un dos mecanismos de defensa do organismo (leucocitos), amais de favorecer a rápida multiplicación bacteriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación socialista local, fundada en Xove en xaneiro de 1934. A constitución da organización socialista de Xove foi produto da iniciativa da Agrupación Socialista de Viveiro, como froito da estratexia de expansión desta polo ámbito parroquial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe con presenza documentada no mosteiro de Montecassino a partir do 1057. Foron moi celebrados os seus tratados retóricos Breviarum de ditamine e as Flores rhetorici.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Carmelita que, segundo a tradición, salvou a cidade de Mesina da fame ao facer entrar no porto tres navíos cargados de víveres. A súa festividade celébrase o 7 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade conxénita que comporta displasia ósea fibrosa xeralmente poliostótica, pigmentación da pel con zonas de melanina dispersas e puberdade precoz nas rapazas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza hereditaria recesiva e exclusiva do sexo masculino, caracterizada pola aparición, nos primeiros días de vida, dunha púrpura trombocitopénica; no terceiro mes engádese un eccema e finalmente aparece hipogammaglobulinemia. Chámase tamén síndrome de Wiscott-Aldrich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do NO da oblast de Tula, Rusia (78.000 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Hermunde, concello de Pol, de 570 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente dos Alonso de Asturias. Unha das súas ramas pasou a Galicia fundando novas casas en Vigo e en Baión (Vilanova de Arousa), lugar que adoptou esta denominación. As súas armas levan, en campo de azur, unha banda de sinople, perfilada de prata, engolada en cabeza de dragóns de ouro; vai acompañada, no alto, de tres estrelas de ouro e, no baixo, dun lobo do mesmo metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político arxentino, fillo de pai galego. Avogado e membro da Unión Cívica Radical, foi hostil ao peronismo e aos réximes militares consecutivos. No 1982 converteuse en líder máximo do seu partido. Tras a caída da ditadura militar e a celebración de eleccións libres en outubro de 1983 chegou a Presidente da República. No seu mandato tivo que afrontar unha grave crise económica, en que a inflación se disparou ata límites insostibles. A desvalorización da moeda oficial, o peso, obrigou o seu goberno a establecer unha nova moeda, o austral, e a adoptar unha serie de medidas de austeridade en 1985. A outra gran tarefa que debeu emprender foi a reorganización democrática do seu país, que incluía a difícil cuestión dos xuízos contra os oficiais do período da ditadura: os xenerais e almirantes, máximos reponsables das xuntas militares...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparición de falsas bandas nunha imaxe ou frecuencias falsas no son dixitalizado debido á interacción do sinal orixinal co ritmo da mostra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión, nun alopoliploide, entre dotacións cromosómicas procedentes de diferente proxenitor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das resinas poliéster. Na súa preparación ademais de poliois e poliácidos ou os seus anhídridos, interveñen tamén aceites ou ácidos graxos. As resinas alquídicas prepáranse quentando a mestura dos ingredientes nunha atmosfera inerte ata conseguir un peso molecular elevado e unha baixa acidez, mais sen chegar á xelificación. Segundo cal sexa a insaturación dos ácidos graxos empregados, as resinas alquídicas clasifícanse en secantes e non secantes. As secantes, en presenza de osíxeno, forman, a temperatura ambiente, películas sólidas e coherentes: a súa autooxidación convérteas irreversiblemente nun polímero insoluble e infusible. Nas non secantes a insaturación é insuficiente para dar lugar á reticulación. Por razón das cantidades de ácidos graxos e de anhídrido ftálico que conteñen, as resinas alquídicas clasifícanse en curtas, medias, longas ou moi longas de aceite, e as súas propiedades (solubilidade, reticulación, características das películas que forman, etc) e aplicacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Perito agrimensor. Foi un dos impulsores e profesor da Escola Náutica de Bos Aires, a onde emigrara a mediados de século. En 1799 ensinou Xeografía e Cosmografía na Escola de Náutica e Debuxo. Publicou o Almanak y kalendario general diario de quartos de Luna, según el Meridiano de Buenos Aires para el año 1800.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Realizou investigacións sobre o aparato dixestivo, entre as que cómpre salientar El sondeo duodenal en el resecado gástrico, tema da súa tese de doutoramento (1956). Posteriormente, traballou sobre patoloxías relacionadas co bocio, publicadas no volume colectivo Estudio sobre el bocio en Galicia (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico cirurxián. Realizou investigacións sobre o aparato dixestivo, entre as que cómpre salientar Resultados lejanos de la gastroenterostomía como tratamiento de las retracciones cicatriciales de píloro, tema da súa tese de doutoramento (1904). Estivo vencellado aos círculos rexionalistas cataláns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político arxentino, fillo de Valentín Alsina. Fundou o periódico La Nueva Era. Deputado (1862), Gobernador da provincia de Bos Aires (1866-1868), vicepresidente da República (1868-1874) e Ministro de Guerra e Mariña (1874-1877); neste último cargo levou a cabo unha importante campaña contra os indios da Pampa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor arxentino que realizou traballos sobre a emigración como La emigración en el primer siglo de la Independencia (1910) ou De mi archivo: gestión económica (1911). Así mesmo, escribiu España (1913), sobre as imprensións das súas viaxes a España e Galicia, e o libro de crónicas Un verano en Galicia (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO