"xano" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 27.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto de fórmula xeral H3Si-(-OSiH2)n-OSiH3 que se forma por condensación de moléculas de silanois. O termo máis simple de toda a serie é o disiloxano (H3Si-O-SiH3).
-
-
-
Relativo ou pertencente a Texas ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Texas.
-
-
Aplícase aos pantalóns de tea de algodón grosa (ou tamén de fibra), xeralmente de cor azul, e con petos aplicados na parte posterior.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Columna conmemorativa construída en 113 por Apolodoro de Damasco no foro de Traxano. No seu fuste nárrase, en sentido helicoidal e en baixorrelevos, as campañas do Emperador Traxano contra os Dacios. Caracterízanse polo realismo das escenas contadas.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (98-117). Membro dunha familia pertencente á orde senatorial, foi xeneral de profesión. Adoptado por Nerva (96), sucedeuno á súa morte. Adoptou unha política belixerante e guerreou contra os dacios (101-107) e os partos (113-117). Fixo frecuentes esforzos por asegurar as fronteiras do Imperio, o que ampliou coas cinco novas provincias de Dacia, Arabia, Mesopotamia, Asiria e Armenia. Foi un grande administrador e procurou sanear as finanzas e a xustiza, organizar a asistencia social, aumentar o número de provincianos no Senado e de cabaleiros na administración e fomentar a agricultura e o comercio coas provincias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas e da xerga dos cabaqueiros ou telleiros, que corresponde á voz ‘día’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Satélite de Saturno, descuberto en 1966 por Audouin Dollfus. De forma irregular, ten un diámetro de 192¥196¥150 km, e unha masa de 2.01¥1018 kg. A súa distancia media a Saturno é duns 151.500 km, e o seu período de rotación, igual que o de traslación, é de 0,695 días. Comparte órbita con Epimeteo, no anel F de Saturno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus romano das portas e dos comezos. Era invocado especialmente durante as guerras, e as portas do seu templo quedaban abertas ata o remate do combate para asegurar un bo final. Del derivou o nome do mes de xaneiro (ianuarĭus), por ser o mes que dá comezo a un novo ano.