"Álvarez" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 212.
-
PERSOEIRO
Escritor e profesor. Catedrático de Grego na Universidade de Santiago de Compostela, colaborou nun Dicionario griego-español e en diversas publicacións periódicas, como ABC, La Noche e Ya. Publicou o poemario El Cristo de Asorey (1952), Hablas hispánicas. Temas gallegos y leoneses (1967), España antigua en las fuentes griegas (1970), Haz de cuentos pavorosos (1980) e Nebulosas y otros escritos (1992). É membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Española de la Lengua.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. Catedrático de Literatura Española na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na literatura do Século de Ouro e contemporánea, centrando os seus estudos nas obras de Francisco de Quevedo, Luis Martín-Santos e Miguel Delibes. Desde 1996 dirixe un equipo de investigación da USC, en que colaboran 22 quevedistas, para publicar unha nova edición das Obras Completas en prosa de Francisco de Quevedo, con criterios ecdóticos modernos. Dos seus estudos destacan La originalidad novelística de Delibes (1975), Construción y sentido de “Tiempo de silencio” (1977), a edición crítica de Virtud militante contra las cuatro pestes del mundo, inuidia, ingratitud, soberbia, avarizia (1985), Quevedo y la poesía moral española (1995), Francisco de Quevedo. Poesía moral (Polimnia) (1999), “Tiempo de silencio”, edición crítica y anotada (2000), e as novelas Imitación compuesta (1996) e El escándalo de Julia (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso beneditino. Foi profesor de teoloxía moral en San Martiño Pinario e, tras a exclaustración, foi catedrático de Retórica e Poética do instituto de segundo ensino de Santiago de Compostela. Foi catedrático de Teoloxía (1854) e de Dereito Canónico (1875) da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de decano da facultade de Teoloxía. Publicou, entre outras obras, Panegírico del beato Juan de Ribera (1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso beneditino. Profesor de teoloxía en San Martiño Pinario de Santiago de Compostela (1832),foi catedrático de Dereito Canónico (1875). Escribiu Programa de la asignatura de Retórica y Poética (1851) e Oración inaugural leída en la Universidad de Santiago en la apertura del curso de 1863 a 1864 (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Coñecido como Alejandro Casona, foi o máximo representante dun teatro poético e de evasión, antihistórico e fantástico. Escribiu La sirena varada (1934, Premio Lope de Vega) e Nuestra Natacha (1935). En México estreou Prohibido suicidarse en primavera (1937) e en Arxentina La dama del alba (1944), considerada unha das súas obras máis destacadas; La barca sin pescador (1945) e Los árboles mueren de pie (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario. Participou na Revolución de Setembro de 1868 e na revolta federal e fuxiu a Francia. En 1871 volveu a Cádiz, onde foi alcalde e dirixiu a Insurrección Cantonalista (1873). Encarceado, fuxiu do penal de Vélez de La Gomera en 1873 e non volveu a España ata 1886.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Autor teatral e xornalista. Coñecido co pseudónimo de Nito, traballou como xornalista na La Voz de Galicia e escribiu numerosos apropósitos de Entroido, comedias e zarzuelas. Entre as súas obras destacan Ai, que demo de Juanito (1940), Alfonsiño pan y fiestas (1951), Operación ferrete (1964) e La represa y el río.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Catedrático na Universidad de Madrid (1951-1975), foi un dos introdutores da xeografía moderna e da xeografía rexionalista francesa en España. Publicou Geografía de España y Portugal (1958) e Geografía regional de España (1968), e dirixiu a revista Estudios Geográficos (1975-1984), do CSIC. Foi membro da Real Academia de la Historia e da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Coñecido como Xavier Queipo, na súa obra evolucionou desde un estilo áxil, que mestura elementos fantásticos e irreais con intriga e ambientes exóticos, ata un estilo máis firme en canto á densidade dos contidos e o ritmo narrativo, no que analizou dun xeito máis profundo o ámbito do amor e das relacións na parella. Da súa produción destaca Ártico e outros mares (1990, Premio de la Crítica Española), a colección de relatos Ringside (1993), Contornos (1994), Diario dun nómada (1993), O paso do noroeste (1996, Premio Manuel García Barros), Mundiños (1997), Manual de instrucións (1999), Malaria sentimental (1999), Papaventos (2001) e O ladrón de esperma (2002, Premio Café Dublín).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote e profesor. Doutorouse en Teoloxía en Santiago e foi redactor e colaborador do semanario La Voz del Tecla. Das súas obras destaca La lengua latina y la necesidad de su estudo (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e profesor. Publicou, entre outras obras, El Recreo Artístico Guardés 1890-1939. Los 50 primeros años (1997), Sindicalismo no Baixo Miño (1930-1936). O predominio do agrarismo tomiñés (2002) e La presidencia del indiano puertorriqueño, Manuel Lomba Peña (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
San Xoán da Cruz.