"Aïr" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 288.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en París en 1852 por Pierre Larousse e Augustin Boyer. Nos seus inicios dedicouse á publicación de libros de texto, baseados en principios pedagóxicos modernos na súa época. En 1863 emprendeu a publicación do Grand Ditionnaire universel du XIXe siècle, ao que seguiron numerosos dicionarios enciclopédicos, como o Grand Larousse encyclopédique e o Grand Ditionnaire encyclopédique Larousse, ademais de diversos dicionarios bilingües, outros especializados e obras xerais. Destas, unha das máis destacadas é Le Petit Larousse. Cun espírito internacional, conta con equipos de edición e redacción en nove países do mundo.
-
MONTES
Monte situado no extremo N da parroquia de Cesuris (Manzaneda). O seu cumio acada os 600 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante neerlandés. Xunto con W. C. Schouten, descubriu o estreito que leva o seu nome e o cabo de Hornos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz francesa. Coñecida como Mademoiselle Clairon, debutou na Comedia Francesa en 1743, onde obtivo un éxito sen precedentes interpretando o personaxe de Fedra, no espectáculo homónimo baseado nun texto de Racine. Foi unha das primeiras promotoras do recoñecemento dos dereitos dos traballadores da escena, chegando a liderar unha folga na Comedia Francesa, pola que pasou uns días no cárcere, razón pola que abandonou o teatro cando só tiña 43 anos. Posteriormente creou unha escola de formación de actores e en 1799 publicou a súa autobiografía, Mémoires d’Hippolyte Clairon et réflexions sur l’art dramatique.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. Na súa obra destaca a monotonía, a frustración emocional e a falta de valores espirituais e emocionais da clase media estadounidense. Da súa produción destacan as novelas realistas sobre a vida de provincias, Main Street (1920), Babbitt (1922) e Kingsblood Royal (1947). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1930.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten habilidade para saber o que lle convén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Raio de sol ou claro entre as nubes ou a choiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía estadounidense de construción aeronáutica, fundada en Hollywood en 1926 polos irmáns Allan e Malcolm Loughead. Construíron o avión máis avanzado do momento, o Vega (1926). En 1929 Lockheed foi vendida á Detroit Aircraft Corporation, que se declarou en creba en 1931. Posteriormente foi adquirida por un grupo liderado por Robert E. Gross. A nova compañía fabricou os avions Electra, Constellation e TriStar e ampliou os seus intereses á produción de aparatos militares, navais, astronáuticos e electrónicos. En 1995 fusionouse coa Martin Marietta Corporation e deu orixe á Lockheed Martin Corporation, que se dedicou á integración de sistemas, á aeronáutica, aos servicios tecnolóxicos e ás telecomunicacións globais.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Cea (San Cristovo de Cea). O seu cumio acada os 550 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ermida situada en Carballeda (Carballeda de Avia). A súa advocación está adicada á Nosa Señora de Orarlo. O seu estilo é románico de transición, cunha soa nave con porta de arco apuntado e dúas arquivoltas sostidas por columnas de capiteis case uniformes. A nave non ten bóveda e o tellado sostense con vigas ao descuberto. O testeiro e a sancristía son dunha época posterior. Puido desempeñar as funcións de igrexa parroquial de Carballeda de Avia baixo o coidado dos templarios de Beade, e no seu interior destaca a imaxe da virxe do Lodairo de mediados do s XVII.
-
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Milleirós (Pol) e Martín (Baleira). O seu cumio acada os 813 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
McDonnell Aircraft Corporation.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino, forma mozárabe do nome persoal María, testemuñada na documentación e na toponimia hispánica, co ditongo ai do latín vulgar e románico primitivo, conservado no mozárabe.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situada ao NL da capital provincial (16.821 h [2001]). É un centro agrícola con cultivos de cereais, árbores frutais e algodón, e un mercado gandeiro, principalmente cabalar. As industrias son derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo río Guadalquivir (35.833 h [2001]). Integrouse no núcleo de Sevilla e pasou a ser unha cidade dormitorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio Machado Ruiz.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo francés. Realizou traxicomedias e comedias. Da súa produción destacan Sylvie (1626), Silvanire (1631), Les galenteries du duc d’ Ossonne (1632) e Sophonisbe (1634), onde aplicou rigorosamente a teoría das tres unidades da traxedia clásica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de San Miguel de Bidueira (Manzaneda). O seu cumio acada os 740 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jonas Mačiulis.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Arzádegos e Vilarello da Cota (Vilardevós). O seu cumio acada os 1.083 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO