"Anu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1145.

  • PERSOEIRO

    Catedrático de Dereito. Posúe a cátedra de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela, a licenciatura en Dereito Canónico pola Universidad Pontificia de Comillas e a de Dereito pola Universidad Complutense de Madrid. Exerceu o seu labor docente na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado moitos dos seus traballos sobre Dereito Industrial na revista Actas de Derecho Industrial e colaborou na revista estranxeira Universitas. Publicou, ademais de numerosas monografías, Contribución al estudo del Tratado de Cooperación en materia de Patentes (1978) e Hacia un nuevo sistema de Patentes (1982). Como asesor, participou no Anteproxecto de Lei de Marcas do ano 1980, no Anteproxecto de Lei Xeral de Publicidade de 1984 e no Anteproxecto de Lei Galega da Publicidade de 1986.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Iniciou a súa actividade a mediados dos anos sesenta co grupo de teatro da Asociación da Prensa de Vigo, colaborando tamén co grupo da Alianza Francesa, que realizaba espectáculos en francés, co Grupo Cope e co Teatro Popular Keyzán. Logo dunha longa paréntese e de traballar un tempo como actor de dobraxe, en 1995 creou, xunto con Xosé Manuel López Conde e Manuel Pombal Pérez, a compañía Fulano, Megano e Citano, coa que realizaron os espectáculos Feito en Galicia (1995) e Cheiro de estrelas (1997). Co Centro Dramático Galego traballou en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Comezou a súa actividade na Escola Dramática Galega participando en espectáculos como Bamboliñas (1981) ou Historias para seren contadas (1985), para logo iniciar unha nova andaina como técnico de escena de diversas compañías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro fundador e presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-1988). Desempeñou as funcións de director de edicións en Edicións Xerais de Galicia (1990-1993) e de director xeral dende 1994. Membro da xunta directiva da Federación de Gremios de Editores de España e do relatorio de lingua do Consello da Cultura Galega. É director da Revista Galega de Educación e colaborador en distintas publicacións (Faro de Vigo, La Región, etc). Participou no consello de redacción dos suplementos de educación “A Pizarra” (Faro de Vigo) e “Na escola” (La Región e Atlántico Diario). Publicou varios libros de carácter pedagóxico e para primeiros lectores, entre os que destaca Dona Carme (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romanés. Tomou parte no movemento nacionalista de 1848. Xefe do partido liberal, participou no recoñecemento da independencia de Romanía (1878). No 1881 participou no derrocamento do goberno, formando parte dun goberno autoritario. Retirouse no 1888 presionado pola oposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e político romanés. Fillo de Ion Brătianu. Xefe do partido liberal nacional en 1909, foi cinco veces presidente do consello. Decidiu a intervención do país na Primeira Guerra Mundial de parte dos aliados, e participou no Congreso da Paz de París. No 1919, en desacordo polo tratado de paz asinado con Austria-Hungría, dimitiu. Volveu á presidencia do consello entre 1922 e 1926, dende onde levou a cabo unha política baseada no statu quo da Pequena Entente, e contraria ao futuro monarca Carlos II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo. Nas súas obras reflectiu os tipos e a linguaxe da pequena burguesía madrileña. Foi excelente sobre todo nas comedias costumistas de tradición moratiniana. Entre outras obras publicou: Elena (1835), Muérete y verás (1837) e Marcela o cuál de las tres? (1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Catedrático de Dereito Mercantil da Universitat de València. Foi senador pola Unión de Centro Democrático (UCD), vicepresidente da Comisión Mixta de Transferencias ao Consello do País Valenciano e secretario de estado para as Autonomías. Morreu víctima dun atentado de Euskadi ta Askatasuna (ETA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Ingresou nas Milicias Provinciais e participou na Primeira Guerra Carlista (1833-1840). Tomou parte nos sucesos revolucionarios de 1846 ocupando o cargo de xefe do estado maior das tropas de Solís. Fuxiu a Portugal e regresou en 1847. Debido á súa participación nos sucesos revolucionarios dese ano foi encarcerado e no 1850 amnistiado. Interveu no levantamento de 1854 e no 1856 alcanzou o grao de brigadier; posteriormente foi nomeado gobernador de Samaría (Santo Domingo). Regresou a España en 1866 e trala revolución de 1868 foi novamente encarcerado, situación que se repetiu en 1873. Cando pasou á reserva era comandante xeneral do Campo de Gibraltar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e xornalista. Establecido en Florida a comezos de 1880, exerceu como director da Escuela de la Sociedad de Amigos de la Educación Popular. Tamén foi delegado do Centro Gallego de Montevideo. Como xornalista desenvolveu o seu labor en La Unión Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Agostiño. Estudiou no Seminario de Ourense e foi misioneiro en Filipinas. Posteriormente regresou a España como comisario e procurador xeral das misións de Asia en Madrid. Entre as súas obras destacan Gramática de la lengua tagala, dispuesta para la más fácil inteligencia de los religiosos principiantes, con un breve confesonario y otras materias concernientes a la administración de los Santos Sacramentos (1850) e Dicionario geográfico-estadístico-histórico de las islas Filipinas, en colaboración con Felipe Bravo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo profesional. Formouse en Madrid, no estudo de Franzen. Entre 1912 e 1916 traballou como fotógrafo en Nova York. A partir de entón tivo un estudo na Coruña, ofertando retratos con iluminado de copias, procedementos nobres e glamour. O seu traballo foi exposto na Exposición Rexional de Fotografía en 1922 e na Exposición Ibérica de 1923. Foi premiado na Exposición Internacional de Londres de 1925. Volveu vivir en Madrid despois de mediados os anos vinte, onde abriu un estudo na Gran Vía que por uns anos foi un distinguido foro fotográfico. No ano 1931 marchou a Colombia, onde se instalou en Bogotá, facendo fotografía e cine con Rómulo Gallegos. O incendio do seu estudo fixo que se perdese a maior parte do seu arquivo. Hai mostras do seu traballo nas revistas gráficas da época como La Esfera, Mundo Gráfico e Marineda. Consérvase do seu arquivo unha pequena parte, a máis familiar, pero de interese xeral debido a que presenta procedementos non habituais nas coleccións conservadas en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e sindicalista anarquista. Organizou a folga xeral de Zaragoza como protesta polo asasinato de Francesc Layret en Barcelona, feito polo que foi condenado; no ano 1939 exiliouse a Francia. Publicou un libro de lembranzas El movimiento obrero español. 1886-1929 (1928) e La CNT, los Treinta y la FAI (1933). Dirixiu Cultura y Acción (1921), Solidaridad Obrera (1922) e El produtor de Blanes (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e periodista vasco en lingua castelá. Vinculado nun principio á chamada Xeración do 98, desde a morte de Dato foi militante da dereita. Entre outras novelas, escribiu El sabor del pecado e Los nietos de Danton (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e ilustrador. Emigrou de neno a Bos Aires pero regresou para estudar enxeñería en Madrid, carreira que abandonou. Ligado á corrente do modernismo, a súa obra caracterízase por estar cargada de simboloxía. Colaborou en La Esfera. En 1913 participou nunha exposición de artistas galegos organizada polo centro galego de Madrid, e ao ano seguinte, no salón de humoristas. Presentou tamén dous debuxos á exposición rexional de 1917. En 1935 regresou á Arxentina, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Participou no grupo de marionetas Viravolta, co que colaborou en espectáculos como Contos para ratos mortos (1984), Historias con demo (1985) ou Jasón (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político chileno. Loitou con éxito contra a confederación formada polos estados de Bolivia e Perú no 1839. Foi elixido Presidente da República en 1841 e cinco anos máis tarde en 1846 foi reelixido. A súa etapa de goberno, o chamado “decenio de Bulnes” foi unha época de prosperidade económica, de conciliación política, de protección á ensinanza e de apertura de novas terras no establecemento da poboación coa ocupación do estreito de Magalhães e a colonización de Valdivia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Procedente do integrismo, evolucionou cara a un pensamento socialcristián. Foi ministro de Gracia e Xustiza en 1915 e 1917 e ministro de Gobernación en 1919. Opúxose á actuación dos elementos extremistas da Federación Patronal e do Sindicato Libre de Barcelona e, máis tarde, á ditadura do xeneral Primo de Rivera. Publicou El problema social y la democracia cristiana (1914) e Páginas históricas (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Profesor de arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en diferentes aspectos da romanización en Galicia dende que en 1976 defendeu a súa tese sobre La vía romana número 18 del Itinerario Antonino a su paso por la provincia de Ourense. Dirixiu a escavación do campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes) e do xacemento de Temes (Carballedo). Foi director do departamento de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da comisión técnica de arqueoloxía da Xunta de Galicia e colaborou nas revistas Gallaecia, Larouco, Lucus, Cuadernos de Estudios Gallegos, Boletín Auriense, Conimbriga, Boletín do Museo Provincial de Lugo e Cadernos de Arqueoloxía. É autor dos libros Guía del campamento romano de Cidadela (1994), As vías romanas (1998) e La vía Nova (18 Itinerario Antonino) su tramo galaico (2000). Pertenceu ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Profesor de construción rural galega na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Investigador das construcións populares galegas, participou no Congreso Europeo do Hórreo na Arquitectura Rural (1985) e colaborou na obra Doce anos na busca da nosa identidade (1991). Entre outras obras, publicou Pro e contra da liturxia en galego: historia dunha polémica, (1980), Sobre Galicia, con responsabilidades (1989), A casa vivenda (1997), A casa popular (1999) e As construcións adxectivas (1999). Paralelamente, foi un activo militante galeguista, iniciando a súa andaina en Barcelona, onde foi vicesecretario do Centro Galego de Barcelona e fundou a Mocedade Galega en 1960. En 1964 instalouse na Coruña e ingresou no Partido Socialista Galego, ao que pertenceu ata 1980. Presidiu a Agrupación Cultural O Facho ata 1979. Ademais, foi vicepresidente da coral polifónica Follas Novas, membro dos consellos editoriais de Sept e Galaxia, un...

    VER O DETALLE DO TERMO