"Arles" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 266.

  • PERSOEIRO

    Pintor e fotógrafo. Comezou facendo daguerrotipos dos cadros de Delaroche (1844) e calotipos (1850). Instalou un estudo en París, onde fotografou bodegóns, retratos e arquitectura. Cofundador da Société Française de Photographie, experimentou con varios procesos fotográficos, como o heliogravado (1854), a calotipia (1856) e a fotogalvanografía (1861). Foi un dos primeiros en retratar escenas cotiás, moitas delas en movemento, e Napoleón III encargoulle a documentación do Asilo Imperial en Vincennes, que se pode considerar a primeira reportaxe social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bacteriólogo francés. Foi director do Institut Pasteur (1903-1932). Investigou o xarampón, a leishmaniose, a brucelose e outras enfermidades infecciosas. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1928), por demostrar que os piollos son os encargados de transmitir o tifo exantemático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Bibliotecario, exerceu unha influencia moi importante nos escritores románticos franceses. Escribiu as novelas goethianas Le peintre de Salzbourg (1803) e Les tristes ou mélanges tirés des tablettes d’un suicide (1806) e novelas de terror, como Jean Sbogar (1818). Destacan os seus contos fantásticos La fée aux miettes (1832) e Les quatre talismans (1838).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Fundador da revista Psycho (1920), co crítico literario I. A. Richards publicou The Meaning of the Meaning (1923), onde abordou a teoría da linguaxe desde un punto de vista psicoloxista. Propuxo a creación dun inglés estándar, especialmente apto para a comunicación internacional, na obra Basic English (1930) e na súa continuadora, The System of Basic English (1934). O sistema foi moi ben acollido e o goberno británico estableceu a creación da Basic English Foundation (1947-1955) para promover o seu uso como método de ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta estadounidense. Modernista de segunda xeración, as súas teorías sobre a poesía, recollidas en Projective verse (1959), tiveron unha grande influencia en EE UU tras a Segunda Guerra Mundial. Escribiu The Distances (1960), The Maximus Poems (1960), O’Ryan (1965), Proprioception (1965) e o volume póstumo The Maximus Poems, Volume Three (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Saxofonista de jazz. Coñecido como Charlie Parker, Bird ou Yardbird, a comezos da década de 1940 converteuse no líder do movemento be-bop, que revolucionou o jazz. En 1947 formou un quinteto con M. Davis e M. Roach e, posteriormente, colaborou coa orquestra de Machito. Moitas das súas composicións, como “Scrapple from the Apple”, “Moose the Mooche” ou “Ko-ko”, son auténticas lendas na historia do jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político irlandés. Presidente da Home Rule (1877), e do Irish Land League (1879). Loitou sen éxito contra a lei represiva de 1800 para pór fin á axitación campesiña. O asasinato do secretario para Irlanda (1882) facilitou a aplicación de novas leis represivas, e Parnell foi deposto como xefe da Home Rule (1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor inglés. Discípulo de G. Elvey, realizou o seu primeiro traballo orquestral en 1878. Dirixiu o Royal College of Music (1894-1918) e foi o autor de música sobre obras de J. Milton, de cinco sinfonías, oratorios e obras corais, das que destacan Prometheus Unbound (1880) e Magnificat (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Inventou e construíu a turbina de vapor que leva o seu nome (1884). En 1889 creou en Newcastle uns talleres para a fabricación de turbinas, coas que equipou o barco Turbinia, construído en 1897.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Impulsor da Academy of Fine Arts de Pennsylvania, destacou na representación de personaxes da historia estadounidense, como G. Washington ou B. Franklin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense de orixe norueguesa. Estudou no Massachusetts Institute of Technology, onde se graduou en 1927. Conxuntamente con D. J. Cram e J. -M Lehn, recibiu o Premio Nobel de Química de 1987 polo desenvolvemento do estudo dos mecanismos de recoñecemento molecular (síntese de moléculas capaces de seleccionar outras moléculas coas que forman complexos), base da denominada química supramolecular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Difundiu o socialismo de Dreyfus no manifesto De la société socialiste (1897), e en 1900 fundou Cahiers de la quinzaine. A súa obra ilustra o rexurdimento do espiritualismo francés de principios de século, e a súa poesía conságrao como un grande autor cristián. Destacan as súas obras Jeanne d’Arc (1897), Notre Patrie (1905), Notre jeunesse (1910) e La tapisserie de Notre-Dame (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e científico estadounidense, fillo de Benjamin Peirce. Editou e ampliou a obra de seu pai, Linear Associative Algebra (1882), e tamén Studies in Logic, de diversos membros da John’s Hopkins University. Está considerado como un dos fundadores do pragmatismo e a súa obra recolleuse no libro Collected Papers of Charles Sanders Peirce (1931-1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Estudou a termoelectricidade e a meteoroloxía. Descubriu o efecto que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e decorador. Proxectou a igrexa de Saint-Philippe-du-Roule en París (1786). En Roma coñeceu a Pierre-François Fontaine, con quen, de regreso en París, traballou para o Directorio e para Napoleón I. Realizaron, entre outras obras, o Arc de Triomphe du Carrousel (1806-1810) e publicaron Recueil des décorations intérieures (1812). Xunto con Beaumont planificou a Place des Pyramides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político francés. Coñecido como Charles François Dumouriez, traballou na diplomacia secreta de Luís XV e Luís XVI. En 1792 foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores e convenceu a Luís XVI da necesidade de loitar contra Austria. Pouco despois foi obrigado a dimitir e incorporouse ao exército do norte ata converterse nun dos seus xefes. Coas vitorias de Valmy e de Jemmapes conquistou os Países Baixos austríacos e Bélxica foi anexionada a Francia. En 1793 iniciou a conquista das Provincias Unidas, pero foi derrotado en Neerwinden. Relevado do seu cargo, pasou ao inimigo. Tentou reiteradamente establecer a monarquía en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, irmán de Claude Perrault. Realizou unha poesía galante e foi o protexido do ministro Colbert. A súa obra máis importante está nos contos, en prosa e verso, recollidos en Contes de ma Mère l’Oye (1697), onde se rexistran fábulas tan coñecidas como “O gato con botas” ou “A ratiña presumida”, cun estilo sinxelo e de carácter popular, que puido escribir o autor a partir de lendas coñecidas na época. Amosouse partidario da modernidade no seu libro dialogado Le parallèle des anciens et des modernes en ce qui regarde les arts et les sciences (1688-1698). Foi elixido membro da Acadèmie Française (1671).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Estudou as funcións analíticas uniformes, as ecuacións diferenciais lineais con coeficientes periódicos e as funcións alxébricas e as súas integrais. Ideou un método de aproximacións sucesivas para resolver ecuacións diferenciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Xacobino destacado en Besançon, foi xefe do exército que conquistou Países Baixos (1794). En 1795 foi nomeado xefe das forzas do Rin e pasouse secretamente á causa monárquica. Obrigado a dimitir polo Directorio (1796), foi detido e deportado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo estadounidense, irmán de William Henry Pickering. Foi catedrático na Harvard University e director do seu observatorio astronómico. Realizou traballos de fotometría estelar e inventou o fotómetro de dobre imaxe. Introduciu as técnicas fotográficas na observación astronómica. Comezou o Henry Draper Catalogue, que actualmente contén uns 400.000 astros.

    VER O DETALLE DO TERMO