"Arra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 638.

  • Mosteiro beneditino situado no concello de Tomiño. Non se coñece a data da súa fundación, pero sábese que foi restaurado polo monarca Afonso VII no ano 1138 e que o mesmo Rei foi quen o doou á Igrexa de Tui á que pertenceu a partir desa data.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no concello de Tomiño. É un templo románico que formou parte do desaparecido mosteiro de San Salvador de Barrantes. Documentado desde 1138, a igrexa pasou á xurisdición do cabido da Catedral de Tui en 1435 por mor da falta de monxes. A primitiva nave foi transformada e ampliada. Consérvase a ábsida, rectangular no interior e semicircular no exterior, cuberta cunha bóveda de cuarto de esfera, mentres que o presbisterio presenta unha bóveda de canón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concedido por Filipe IV, por Real Despacho do 13 de decembro de 1654, a Mauro de Caamaño Mendoza e Soutomaior, procurador en Cortes por Galicia, señor das casas de Vista Alegre, Barrantes e Vilagarcía e, posteriormente, I marqués de Vilagarcía. Rodrigo Barrio e Álvarez de Lorenzana, IX vizconde e marqués de Vilagarcía, cedeu o marquesado de Vilagarcía reservándose o vizcondado de Barrantes pero, ao non obtelo, declarouse vacante, e o 5 de xuño de 1870 foi suprimido. O título foi reclamado por Xoán Álvarez Lorenzana e Guerreiro quen, tras conseguir a súa rehabilitación o 27 de outubro de 1870, se converteu no X vizconde de Barrantes. Leva como armas as dos Caamaño: en campo de ouro, un brazo alado, vestido de sinople, movente do flanco sinistro, coas ás de prata e sostendo na man unha coroa de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á barraca.

    2. Dono ou construtor de barracas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oftalmólogo, fillo e discípulo de Josep Antoni Barraquer i Roviralta. Foi profesor na Universitat de Barcelona (1918-1923), na Universitat Autònoma de Barcelona (1933) e no Hospital de la Santa Creu i San Pau. No ano 1947 fundou en Barcelona o Instituto Barraquer para o estudio, investigación e ensino da Oftalmoloxía. O máis relevante da súa obra foi a introdución dun instrumento (o erisífaco) e dunha nova técnica de extracción do cristalino (a facoérese).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oftalmólogo, fillo de Ignasi Barraquer. Foi catedrático de Cirurxía Ocular na Universitat Autònoma de Barcelona, director do Instituto Barraquer de Barcelona e xefe de cirurxía da clínica do mesmo nome. Creou unha técnica de extracción do cristalino na operación de cataratas por medio da α-quimotripsina (zonulólise enzimática); esta técnica permite levar a cabo a operación sen esperar que a catarata madure e minimiza os riscos de complicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oftálmologo, fillo de Ignasi Barraquer. Creou en 1968 o Instituto Barraquer de Bogotá (Colombia) e foi o descubridor dunha nova técnica clínica para modificar a curvatura da córnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi un dos iniciadores da escola oftalmolóxica moderna en España. Fundou un dispensario no Hospital de la Santa Creu (1879) e foi o primeiro catedrático de Oftalmoloxía da facultade de Medicina de Barcelona (1914). Entre os seus traballos cómpre mencionar os dedicados á histopatoloxía ocular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi un dos creadores da moderna escola de neuroloxía en España, dende o seu dispensario, fundado no 1882, do Hospital de la Santa Creu. Describiu por primeira vez a lipodistrofia cefalotorácica progresiva, que recibiu o seu nome (enfermidade de Barraquer-Simons), o reflexo de prensión plantar, a atetose asociada ás encefalopatías infantís adquiridas e a atrofia unilateral xeneralizada de orixe reflexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Selar hermeticamente un barril con barra ou outra masa.

    2. Tapar con barra ou outra masa as cortizas das abellas.

    3. Cubrir con esterco ou barra a eira para recoller os grans da malla e evitar que se perdan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, vizconde de Barras. Serviu no exército colonial, participou nas xornadas revolucionarias parisinas e foi elixido deputado na Convención. Escollido como membro do Directorio, chegou a ser o verdadeiro xefe executivo do país. O golpe de estado que levou a Napoleón Bonaparte ao Consulado rematou co seu poder. O 18 brumario de 1799 foi destituído do seu cargo. Napoleón desterrouno a Roma no 1810 e máis tarde encadeouno en Montpellier. É autor dunhas Memorias que reflicten a vida francesa na época do Directorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Realizou estudos musicais no conservatorio de París e foi discípulo de Dukas e L. Aubert, entre outros. No período 1945-1965 foi director da Radiodiffusion Française. É autor de óperas, ballets e música sinfónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director francés, discípulo de Charles Dullin. Traballou no Vieux Colombier de Jacques Copeu e foi amigo de Antonin Artaud e Étienne Decroux, quen lle transmitiría a paixón pola expresión xestual. Iniciou a súa andaina na compañía L’atelier, dirixida por Dullin, para despois pasar ao teatro da Comédie Française onde amosaría os seus dotes de actor e director singular. Formou unha compañía coa súa muller, Madeleine Renaud (1946). En 1959 foi nomeado director do Teatro do Odeón, onde dirixiu espectáculos moi diversos a partir de textos de Paul Claudel, Eugène Ionesco, Camus, Anouilh, Montherlant, Gatti, Jean Genet ou Marguerite Duras, mesturando repertorios clásicos coa presentación de novos autores e autoras. Configurou, así, unha liña de traballo que destacou pola orixinal recreación dos clásicos e a decidida aposta pola dramaturxia contemporánea. Igualmente importante foi a presentación en París de directores e colectivos da transcendencia de Jerzy Grotowski, Peter Brook, Teatro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, nos contrafortes da serra de Alcaraz (1.979 h [1996]). Polo seu termo municipal pasa a canle de transvasamento Tajo-Segura. A base da súa economía é o sector agropecuario, no que destacan as producións vitivinícolas e cerealísticas, ademais da recolección do azafrán, o esparto e a gandería ovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer chuvia moi miúda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, na beira dereita do río Iznate (2.779 h [1996]). Situado na comarca de La Axarquía, o principal sector de actividade económica é o primario, especialmente a agricultura. Os cultivos predominantes son os mediterráneos tradicionais (cerais, vide e oliveiras).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla do Rei Sancho IV de Navarra, en 1191 casou co Rei Ricardo I Corazón de León en Chipre. Permaneceu en San Juan de Arce (Palestina) mentres este participaba na terceira cruzada (1191-1192), e durante o cativerio do Rei en Xermania, viviu en Potiou (1192-1194). Parece ser que non se volveu reunir co Rei e se retirou a Le Mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Catedrático de Economía na Universidade de Salamanca (1906-1922). De ideas reformistas, divulgou o socialismo, particularmente as ideas de Marx. Na obra La Hacienda Pública y los impuestos (1917) fixo unha das primeiras aproximacións da renda global española. Analizou tamén a incidencia económica da Primeira Guerra Mundial no estado español en Consecuencias económicas de la guerra (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Biarritz.

    2. Natural ou habitante de Biarritz.

    VER O DETALLE DO TERMO