"Aso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 411.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada en 1998 baixo a iniciativa dun grupo de persoas, convocadas pola Fundación dos Premios da Crítica Galicia, coa finalidade de recuperar a memoria histórica daquel lugar. Os seus fundadores foron Xosé González Martínez, Luís García Mañá, Bieito Ledo Cabido, Xosé Manuel Cid Fernández, Bento da Cruz, Xesús Ferro Ruibal, Xoán Fonseca Moretón, Xosé María Fonseca Moretón, Modesto Hermida García, Álvaro López Mira, Benito Montero, Antón Pulido, Xosé Benito Reza, Máximo Salinas Valencia e Carlos Varela García. A eles engadíronse Xosé Ramón García Rivero e veciños das parroquias que integraban o Couto Mixto. Presidida por Máximo Salinas Valencia, desenvolveu unha serie de actividades entre as que destacan os cursos de verán celebrados en colaboración coas universidades de Vigo e Tras-Os-Montes, en Chaves e Celanova (1999) e Xinzo de Limia (2000), e o proxecto do Museo Aberto do Couto Mixto que ten como finalidade a recuperación das construcións adxectivas do lugar e que se desenvolve...
-
PERSOEIRO
Químico norteamericano. Foi discípulo de Robert Bunsen e Charles Wurtz. No laboratorio deste último, e coa colaboración de Charles Friedel, descubriu en 1877 a reacción de síntese chamada reacción de Friedel e Crafts. Traballou na técnica de determinacións calorimétricas a alta temperatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten moita carne ou graxa.
-
Que non ten desculpa ou resulta groseiro, xeralmente pola súa gravidade ou dimensións. OBS: Xeralmente acompaña substantivos, como erro, ignorancia, engano ou outros equivalentes.
-
Aplícase ás estruturas vexetais, como talos e follas, grosas e zumentas.
-
-
PERSOEIRO
Cónsul e xeneral romano. Loitou na facción aristocrática de Sila durante a guerra civil (83-82 a C) e beneficiouse das confiscacións dos seguidores do grupo revolucionario popular liderado por Mario; acumulou, deste xeito, unha gran riqueza que aumentou mediante a especulación e os préstamos con usura. Nomeado cuestor no 81 a C, accedeu ao cargo de pretor no 71 a C, desde o que se enfrontou coa revolta de escravos dirixida por Espartaco, aos que derrotou en Lucania. Cónsul no 70 a C, exerceu a censura no 65 a C. Formou parte do Primeiro Triunvirato, xunto con Xulio César e Pompeio Magno, no 60 a C. Cónsul de novo con Pompeio (55 a C), serviu como procónsul de Siria no 54 a C, onde emprendeu unha campaña contra os partos na que cruzou o Éufrates e conquistou parte de Mesopotamia. No 53 a C foi derrotado pola cabalería dos partos na Batalla de Carres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Procónsul da Hispania ulterior. Emprendeu unha expedición ao NO da Península Ibérica (96-94 a C) na procura dos xacementos de estaño e chumbo das illas Casitérides.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de calcedonia translúcida de cor verde por mor do silicato de níquel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe grega que significa ‘domador’ e que deriva do verbo δαμάζω ‘domar, amansar’. Xa aparece na Ilíada de Homero e, antigamente, considerábase que viña do grego ἀ δάμας ‘aceiro, diamante’. San Dámaso (306-384) celébrase o 11 de decembro.
-
PERSOEIRO
Papa (366-384). Foi secretario dos pontífices san Fiz e san Liberio. Trala morte deste, foi elixido papa por unha parte do clero romano, pero outra facción descontenta rebelouse en contra del e opúxolle o antipapa Ursino. Co apoio imperial reivindicou os seus dereitos, ata que o seu rival foi desterrado por orde de Valentiniano. O cisma desaparecería, finalmente, con Teodosio I. Redactou e gravou epitafios con poemas (damasianos) nos sepulcros de moitos mártires romanos. Convocou o Concilio Ecuménico de Constantinopla (381) e condenou o apolinarismo e o macedonianismo. Encargoulle a san Xerome a revisión da antiga versión latina das Sagradas Escrituras, a Vulgata, que foi empregada pola Igrexa católica durante case quince séculos. Na iconografía represéntase con hábitos pontificais, casula ancha e palio (ou tiara papal), e leva como atributos unha maqueta de igrexa (por restaurar a basílica de San Lourenzo), unha lira (símbolo da súa afección literaria), unha Biblia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1048). Imposto polo emperador xermánico Enrique III, ocupou o cargo durante un breve período de tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas acuáticas, da familia das alismatáceas, con follas elípticas, flotantes e pecíolo moi longo, e con flores trímeras que dan lugar a froitos en aquenio. Na Península Ibérica, agás no noroeste, está presente a especie D. alisma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘bosque’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte e ciencia da xestión dos montes, especialmente para aumentar a súa produtividade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á dasocracia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina dasonómica que se ocupa da medida das árbores e das masas forestais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que trata da conservación e do aproveitamento dos bosques.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á dasonomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que se ocupa da dirección das cortas dos montes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘vaso’.
-
-
Separar algo que estaba asociado.
-
Separarse dunha sociedade ou compañía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de desasosegar ou desasosegarse.