"Ava" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 621.
-
-
Traballar a terra coa aixada, co legón ou con outra ferramenta semellante para removela, sacar as herbas ou preparala para cultivala. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “Cávame tarde, bímame/arréndame cedo, e pagareiche o que che debo, díxolle a viña ao labrego. Caves ben, caves mal, cava ben no carreiral. O que cava e bima fará boa vendima. Quen cava co demo a viña, co demo a vendima”.
-
Abrir unha gabia ou un buraco máis ou menos profundo na terra.
-
Facer unha cavidade nunha peza, especialmente de madeira, para darlle unha forma determinada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adega situada en Perelada, Girona, fundada en 1923 e adscrita ás Denominacións de Orixe Empordá-Costa Brava e Cava, especializada en viños de liña moderna (con castes de uvas francesas) e en cavas.
-
-
Breve fragmento vogal solista, máis sinxelo ca a aria, que se atopa nalgunhas obras de finais do s XVIII. As cavatinas máis famosas aparecen en óperas de Mozart, Bellini e Rossini.
-
Peza instrumental de forma libre cunha brevidade e lirismo que recorda as pezas teatrais. Unha das máis importantes é a do cuarteto op. 130 de Beethoven.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista en galego editada pola Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza en Santiago de Compostela. Dirixida por José Víctor Carou Fernández, comezou a súa impresión en outubro do 1998. O seu consello de redacción está formado por José Víctor Carou Fernández, Daniel Álvarez, Borja Mariño, Beatriz Padín, Rodolfo Porto e Roberto Relova. Interesada na promoción en Galicia da arte lírica e doutras manifestacións musicais, contén as seccións: “Actualidade”, “Crítica de concertos”, “Cita coa ópera”; “Dicionario de ópera”, “Na escena con...”, “A voz humana”, “Entrevista”, “Asociación”, “Para escoitar, para ler”, “A axenda do afeccionado galego á lírica” e “Butaca reservada a...”. Inclúe, ademais, un amplo soporte fotográfico que acompaña os artigos e críticas dos principais intérpretes operísticos.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estivo en diversas cortes italianas. Publicou Ricercari, motetti, canzoni (Ricercari, motetes, cancións, 1523). O seu fillo, Girolamo Cavazzoni (1525? - 1577?), coñecido como d’Urbino, foi un dos organistas italianos máis destacados do s XVI e traballou en Santa Bárbara de Mantua entre os anos 1565 e 1577. En 1543 publicou un libro de ricercari.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
CESATEL.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase ás aves carnívoras e de prea co peteiro algo curvo e as patas adaptadas para cazar as presas. Pertencen ás ordes falconiformes e estrinxiformes.
-
-
Relativo ou pertencente ás rapaces.
-
Ave do antigo grupo das rapaces.
-
Antigo grupo de aves de prea, adaptadas ao réxime alimentario carnívoro, ao que pertencían as actuais ordes falconiformes (rapaces diúrnas) e estrinxiformes (rapaces nocturnas), que se caracterizan por presentar un corpo de gran tamaño e un potente voo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pierre Puvis de Chavannes.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Debutou profesionalmente coa longametraxe Los viejos escolares (1974). Colaborou en numerosas ocasións co produtor Elías Querejeta. Da súa dirección destacan, entre outras, Las bicicletas son para el verano (1984), El río de oro (1985), Las cosas del querer (1989), Tierno verano de lujurias y azoteas (1993) e Las cosas del querer II (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe que acerta co pello no xogo da chave.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Xénova, Liguria, Italia, no golfo de Rapallo (28.099 h [1991]). Situada nunha fértil chaira, é un importante centro turístico e porto de pesca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte portugués. Especialista na arte gótica, foi catedrático de Estética e de Historia da Arte na Universidade de Lisboa e director do Museu de Évora. Participou no Dicionário da Pintura Universal (1973). Da súa produción destaca A arquitectura gótica em Portugal (1981) e A arquitectura religiosa do Alto Alentejo na segunda metade do século XVI e nos séculos XVII e XVIII (1982), en colaboración con H. Reis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo ecuatoriano. Alternou a súa actividade como profesor de debuxo coa pintura e a fotografía. A partir dos anos cincuenta do s XX participou en diversas exposicións pitóricas. Entre as súas principais mostras fotográficas destacan: Arte y paisaje del Ecuador, celebrada en Quito e Nova York en 1963, Solidaridad con Nicaragua, realizada no Museo de Arte Latinoamericano de Managua en 1985, e a súa participación na V Fotobienal de Vigo en 1992. Recibiu en 1983 o premio Casa de las Américas en La Habana e a Medalla de Ouro ao mérito artístico outorgado en 1984 polo municipio de Otavalo (Ecuador).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado sobre unha prancha de cinc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Clairvaux.
-
-
Pao tallado toscamente que vai aumentando de diámetro dende a empuñadura ata o cabo oposto e que se empregou como arma.
-
Especie de maza que remata en forma ovada e con puntas.
-
-
PERSOEIRO
Xeógrafo francés. Destacou pola incorporación das fórmulas da xeografía anglosaxona na tradición francesa. Iniciou as investigacións no eido da economía rexional e distinguiuse nos estudios sobre a histora da xeografía. Publicou, entre outras obras: Essai sur l’evolution de la géographie humaine (Ensaio sobre a evolución da xeografía humana, 1964), La nouvelle géographie (A nova xeografía, 1979) e Geography since the Second World War (A xeografía dende a Segunda Guerra Mundial, 1984), con R. J. Johnston.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia das clavariáceas de cogomelos de ata 15 cm, alongados e non ramificados, que forman grupos e esporas, as máis da veces de cor branca. En Galicia están presentes as especies C. acuta e C. grossa.
-
-
Relativo ou pertencente ás clavariáceas.
-
Fungo da familia das clavariáceas.
-
Familia de fungos da orde das afiloforais, de carpóforos máis ou menos carnosos, erectos, en forma de clava, pouco ou moi ramificados, revestidos polo himenio, que é liso. Comprende principalmente fungos humícolas. Pertencen a esta familia os xéneros Clavaria, Clavariadelphus, Clavulina e Ramaria.
-