"Berg" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 270.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1070 -? 1133) Bispo de Bamberg. Promoveu a edificación de igrexas e mosteiros. Represéntase con vestiduras episcopais e como atributos presenta unha maqueta de igrexa, por ser fundador; frechas ou cravos, xa que recollía as frechas dos soldados e llas daba aos monxes para facer cravos para as igrexas; e un can, animal avogoso contra a rabia en Alemaña. A súa festividade celébrase o 2 de xullo.
-
PERSOEIRO
Médico e psicólogo. Introdutor da foniatría en España, presidiu a Asociación Internacional de Logopedia e Foniatría (1974). Escribiu o tratado Audifoniatría y logopedia en once volumes (1968-1995). Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidad Pontificia de Salamanca (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter comarcal editada en Carballo a partir de 1997. Estaba dirixido por Xosé Manuel Lema e integrado no Grupo Líder. Cunha periodicidade mensual, incluíu as informacións municipais, deportivas, culturais ou sociais das localidades en que se distribuía, Carballo, Cerceda, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Plan de reforma educativa, tamén coñecido como Plan Rexeneracionista, elaborado polo ministro de Instrución Pública Francisco Bergamín en 1914. Entre outras modificacións, incluía a retirada das escolas do ensino de relixión.
-
PERSOEIRO
Xeólogo noruegués. Doutorado na Universidade de Oslo (1946), foi director das investigacións levadas a cabo en Groenlandia (1947-1951). As súas achegas foron de gran valor no campo da xeoloxía estrutural. Escribiu Origin of Metamorphic and Metasomatic Rocks (1952) e Gravity, Deformation and Earth’s Crust (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Realizou a súa primeira exposición en 1951, e desde 1955 colaborou como decorador e deseñador da compañía de danza de Merce Cunningham. Evolucionou desde unhas primeiras obras vinculadas ao expresionismo abstracto cara ás combine paintings, en que incorporou a vida real mediante a colaxe fotográfica. A súa obra anticipou a pop-art.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo condado alemán que abarcaba aproximadamente os territorios dos actuais Bielefeld, Herford e Halle, en Westfalia. En 1346 pasou dos condes homónimos aos de Jülich, e en 1666, ao elector de Brandenburgo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula xigante con citoplasma abundante, núcleo multilobulado e nucléolos prominentes, característica da enfermidade de Hodgkin.
-
PERSOEIRO
Médico alemán. Foi profesor en Berlín e especializouse en patoloxía e neuroloxía. A súa obra Lehrbuch der Nevenkrankheiten (1840) está considerada como unha obra clásica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oscilacións do corpo e tendencia a caer, que se manifesta no paciente dereito, cos pés xuntos e os ollos pechados.
-
PERSOEIRO
Político e escritor estonio. Escribiu Mythus des 20. Jahrhunderts (1930), que o converteu no teórico do racismo nazi. Foi xefe dos servizos de Asuntos Exteriores do Partido Nazi desde 1933 e, como ministro dos Territorios Ocupados do Leste, ordenou a deportación e execución de miles de persoas. Foi condenado a morte polo Tribunal de Nuremberg, e aforcado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra sueco. Influído por Nielsen, Sibelius, Schönberg e Stravinskij, foi autor, entre outras obras, de sete sinfonías, diversos concertos para violín, doce cuartetos de corda e nove óperas, das que destaca Marinetter (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Xunto coa súa muller, Ethel Rosenberg (1915-1953) foi acusado de facer espionaxe en favor da URSS na época da caza de bruxas do maccarthismo. Condenados a morte en 1951, foron executados dous anos depois malia as protestas internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático ruso. Subsecretario na Sociedade de Nacións (1934), foi o primeiro embaixador soviético en España (1936-1937). A inxerencia en acontecementos internos como a destitución do xeneral Asensio Torrado, o subsecretario de Guerra, provocou a súa destitución. Ao chegar á URSS (1937) desapareceu a raíz das purgas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta finlandés. Escribiu en sueco e afirmouse como poeta orixinal nos Idilli, poemas líricos e épicos da paisaxe de Laponia. Da súa obra destaca Fänrik Stals sägner (As narracións do alférez Stal, 1848-1860), unha especie de romanceiro da guerra ruso-finesa de 1808-1809, composto por 35 baladas, das que a primeira se converteu no himno nacional finlandés en 1848.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e pensador sueco. Interesado por cuestións literarias, relixiosas e de lingüística, foi parlamentario e membro da Academia Sueca. Da súa obra destacan Dikter (Poemas, 1982), Den siste Atenaren (O derradeiro ateniense, 1895), Singoalla (1865) e Bibelns lära om Kristus (Doutrina da Biblia sobre Cristo, 1876).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constante, inicialmente empírica, que intervén nos espectros atómicos de todos os elementos. O valor de R é 1,097373177(83)× 107 m-1.
-
PERSOEIRO
Físico sueco. Estudou as liñas espectrais atómicas de diversos elementos, entre eles o hidróxeno, e estableceu que nelas sempre intervén unha constante, denominada constante de Rydberg, da que determinou o seu valor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor belga. Formado en Gante e Bruxelas, descubriu o colorismo e a luz nunha viaxe á Península Ibérica e a Marrocos (1881). En 1884 foi un dos fundadores do Círculo dos XX. En París adheriuse ao divisionismo, conservando unha composición e un debuxo tradicionais como en Octave Maus (1885) ou A lectura (1903), retrato colectivo de intelectuais amigos. Interesouse pola renovación das artes aplicadas, xunto con H. Van de Velde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escenógrafo ruso. Coñecido como Leon Baks, foi un dos fundadores do grupo Mir Isskusstva que se opoñía ao realismo dos Ambulantes. Incorporouse aos Ballets Rusos de D’agilev e realizou os decorados e figurinos de L’Oiseau de feu e Shéhérezade (1910) e La belle au bois dormant (1921).
VER O DETALLE DO TERMO