"CISC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 605.

  • GALICIA

    Avogado e político. Licenciado en Dereito (1802) pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en Ourense como avogado e dende 1820 como xuíz. Elixido deputado a Cortes polo Partido Liberal en 1821, formou parte da comisión do Tribunal de Cortes. Trala caída dos liberais, os absolutistas ourensáns obrigárono a exiliarse. Trasladouse á Coruña, onde foi decano do colexio de avogados da cidade. En 1838 nomeárono maxistrado da Audiencia de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Helenista e reformador. Entrou en contacto cos pensadores reformadores na Universidade de Louvain en 1539. Acudiu a Wittenberg á casa de F. Melanchton, quen o animou a traducir o Novo Testamento ao castelán. Rematado o traballo, marchou a Anveres a publicalo (1543). Levoulle a súa obra ao Emperador Carlos V, pero despois de examinado o libro foi encarcerado en Bruxelas. Fuxiu e refuxiouse en Inglaterra onde, grazas á recomendación de F. Melanchton, lle concederon a cátedra de Grego en Cambridge.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi secretario de Carlos I e, como notario maior, autorizou a súa renuncia en Flandres en favor de Filipe II (1555). Foi secretario dos consellos de Indias e da Inquisición con Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi director da Coral de Bilbao e creador da Banda Municipal de Donostia. Entre as súas composicións salientan El sueño de un bailarín (1944), Concierto vasco para piano e orquestra (1947), Illeta (Premio Iparaguirre da Deputación Foral de Gipuzkoa, 1953), Zigor (1963), Tonemas (1982), Gernika (1987), Quinta Sinfonía: Ultreia (1994) e Gnosis (1996). Foi galardoado en tres ocasións co Premio Nacional de Música e ademais recibiu o Premio Nacional de Bellas Artes (1937), pola obra Trío bucólico, o Premio Nacional Manuel de Falla, a Medalla da Deputación Foral de Gipuzkoa (1992), a Medalla do Concello de Donostia (1992), a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes (1997) e a Medalla da Sociedad de Autores y Editores (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor dominicano. Loitou pola independencia na segunda dominación española. Unha vez restaurada a República, foi elixido presidente (1876), cargo ao que renunciou seis meses despois tras facer fronte a varios alzamentos rebeldes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político venezolano. Ocupou diversos cargos públicos ata 1810, cando se uniu á causa emancipadora. Formou parte da Junta Patriótica, foi presidente da Alta Corte de Justicia e gobernador de València, ata a capitulación da cidade, trala que foi apresado e executado polas forzas realistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Eugenio de Santa Cruz y Espejo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. As súas creacións apareceron en diversas publicacións como Atlántico Express, Mancomún, Cuadernos de Psicoloxía e Artesonado. Cómpre destacar a súa participación nas seguintes mostras colectivas: I Fotobienal de Vigo (1984), I Bienal Lucense de Fotografía (1985), exposición Ollares no Tempo (A Coruña, 1985); mostra Foco de fotografía contemporánea (Madrid, 1985); exhibición Cuatro por Veinte (Lugo, 1988); II Mostra Fotográfica de Lugo (1989); e mostra do Outono Fotográfico (Ourense, 1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi coñecido como Espoz y Mina, apelido do seu pai que adoptou durante a Guerra da Independencia, na que participou á fronte das guerrillas de Navarra e na toma de Zaragoza. Tralo regreso de Fernando VII liderou un pronunciamento liberal en Pamplona (1814) que non tivo éxito polo que se viu obrigado a exiliarse. Regresou durante o Trienio Constitucional, período no que foi capitán xeral de Galicia (1821) e de Catalunya, e dedicouse a combater as partidas absolutistas. A volta de Fernando VII supuxo o seu exilio a Francia, onde permaneceu ata 1834 e dende onde realizou algunhas incursións en España para atentar contra o absolutismo. Amnistiado por María Cristina de Borbón, foi vicerrei de Navarra (1834-1835) e capitán xeral de Catalunya (1835-1836), cargos dende os que combateu o carlismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Espoz e Ilundain.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Emigrou á Arxentina e ingresou no convento de Santo Domingo de Bos Aires en 1858. Ordenado sacerdote en 1863, graduouse en teoloxía en Roma. Regresou a Bos Aires e ocupou os cargos de mestre de novicios e estudiantes e lector de teoloxía no convento de San Telmo. Foi prior no convento de Córdoba entre 1883 e 1886. Publicou La Devoción y la Cofradía del Santísimo Nombre de Jesús (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Fixo dúas expedicións de Cumaná ao río Chuspa (1555-1557) e fundou Rosario e o poboado que posteriormente deu orixe a Caracas (1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmógrafo portugués. Ao servizo da monarquía hispánica desde 1517, traballou en Sevilla nos proxectos de circunnavegación de F. de Magalhães. Foi o autor de Tratado de la sphera y del arte de marear (1535).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Realizou un lenzo co tema da Adoración dos Reis para o refectorio do mosteiro de San Martiño Pinario (1671).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Dirixiu escavacións arqueolóxicas en diversos puntos de Galicia. Colaborou, entre outras publicacións, en Boletín Auriense, Cuadernos de Estudios Gallegos, Grial e El Museo de Pontevedra. Foi autor de obras como Estudios de numismática romana (1973), Pazos, torres e curral do Bispo de Ourense (1994) e Xesús Ferro Couselo: ensinante, galeguista, arqueólogo, erudito, investigador, o protector do noso patrimonio cultural (1996); e coautor, entre outros, de Museo Arqueolóxico, Ourense (1995) e O convento de San Francisco de Ourense (2000). Membro do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e enxeñeiro. Trasladouse a Pontevedra en 1886 para facer o estudo dun porto entre Pontevedra e Marín. Apadriñado polo marqués de Riestra e o marqués de la Vega, representou o distrito de Redondela entre 1893 e 1910. No goberno presidido polo marqués de la Vega, nomeouno ministro de Fomento (4.12.1906-25.01.1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Licenciouse en Dereito Civil e Canónico. Militou no Partido Liberal e foi elixido deputado por Redondela (1910-1916). Xestionou a construción e mellora das infraestruturas viarias para Redondela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Cabaleiro da orde de Santiago. Participou na expedición de L. Fajardo a Tunisia en 1609, na expulsión dos mouriscos do Reino de València (1610), na toma e fortificación de Zamora (1615) e na recuperación da vila brasileira de Todos os Santos (1623). En 1633 pasou á Escuadra Galega como capitán gobernador e en 1637 enviárono a Flandres, onde caeu prisioneiro trala Batalla de Dunas. Segundo M. Murguía foi o autor de El sargento embarcado (1619), Carta dando noticia de la pérdida de los navíos de Dunquerque (1639) e Carta aprobando la armadilla de barlovento (1604).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Exerceu a medicina e foi un dos precursores da poesía en galego. Colaborador en distintas publicacións da época, publicou no xornal El País o poema “Para min non hai consolo” (1858) e foi premiado nos Xogos Florais de Pontevedra en 1861 por “A noite de San Xoán”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e investigador. Licenciado en Filoloxía Románica, desde 1986 é profesor de lingüistica románica e occitana na Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu artigos relacionados coas interferencias lingüísticas e o plurilingüismo medieval, estudios de literatura románica medieval, artigos de crítica textual e filoloxía humanística. Colaborou en diversos proxectos de investigación, como “Los animales en la lírica amorosa románica en la Edad Media” (1990-1992) ou “El vocabulario bélico en la lírica amorosa románica de la Edad Media” (1992-1994). Participou no Dicionário de Literatura Medieval Galega e Portuguesa (1993). É membro da Société de Linguistique Romane, da Association Internationale d’Études Occitanes e da Asociación Hispánica de Literatura Medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO