"Copi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 229.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame do orificio da trompa de Eustachi mediante o salpingoscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se introduce na nasofarinxe e pasa polo meato nasal inferior para examinar o orificio da trompa de Eustachi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inspección da sigmoide por medio dun endoscopio que se introduce por vía anal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para indicar se dúas cantidades periódicas son síncronas. O indicador pode ser unha agulla xiratoria ou un osciloscopio de raios catódicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Osciloscopio para a observación de impulsos de duración moi curta e para sincronizar sinais mediante estes impulsos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame da transparencia ou a opacidade dos seos anexos do nariz que se realiza por medio da transiluminación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que permite a presentación de estímulos visuais por períodos de tempo moi breves e graduables. Emprégase en psicoloxía experimental e cognitiva e, tamén, na aptitude para a condución de vehículos.
-
-
Procedemento de transmisión de documentos mediante o teléfono e de reprodución sobre papel.
-
Copia que se obtén con este procedemento.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao telescopio.
-
Que só se pode ver por medio dun telescopio.
-
Que está feito por medio do telescopio.
-
Aplícase aos dispositivos e aparatos que están constituídos por partes ou elementos de diferente anchura que poden penetrar uns dentro dos outros, como os diversos elementos dun telescopio, de maneira que a lonxitude do dispositivo ou do aparato é variable.
-
-
-
Dispositivo óptico formado por un tubo provisto dun par de lentes, simples ou compostas, que se emprega para observar obxectos distantes. Consta, esencialmente, de dúas lentes biconvexas e converxentes: a primeira, o obxectivo, forma a imaxe do obxecto observado, e a segunda, o ocular, permite observar esta imaxe e aumentarlle as dimensións. O obxectivo adoita ir colocado nun dos extremos do tubo, que serve como soporte para as lentes e, ao mesmo tempo, impide que chegue luz difusa proveniente do exterior ao plano focal. Un telescopio para a observación terrestre ten que dar unha imaxe dereita, e para iso foron ideados varios sistemas: o telescopio terrestre propiamente dito leva un par de lentes entre o obxectivo e o ocular, denominado par inversor, que inverte a imaxe formada polo obxectivo antes de ser enfocada polo ocular; o telescopio de Galileo emprega unha lente diverxente como ocular, situada diante do plano focal, imaxe do obxectivo....
-
Instrumento que consta esencialmente dun espello, que concentra os raios luminosos e forma unha imaxe do obxecto, e dunha lente, que amplifica esta imaxe. Está constituído en esencia por un tubo cun dos extremos aberto e co outro extremo cun espello cóncavo de forma parabólica. Este espello ten a propiedade de que os raios de luz que chegan paralelamente ao seu eixe se refliten nun mesmo punto, o foco. Os espellos parabólicos dos telescopios astronómicos non teñen aberración esférica nin tampouco aberración cromática. As imaxes resultan mal enfocadas cando os obxectos que producen non se atopan en direccións moi próximas ao eixe óptico. Téntase solucionar este defecto, denominado aberración de coma, colocando dispositivos ópticos correctores no mesmo ocular. Nestes telescopios, a imaxe fórmase diante do espello, é dicir, na rexión por onde chega a luz incidente. No telescopio de Newton colócase un espello estreito e pequeno entre o obxectivo e o foco...
-
Telescopio astronómico provisto dun movemento de xiro arredor dun eixe, mediante o que se pode seguir o movemento diúrno dos astros. O eixe de xiro é paralelo ao eixe do mundo, e o movemento ten lugar nun plano paralelo ao do ecuador. Normalmente teñen un dispositivo mecánico que lles dá un movemento de xiro cunha velocidade constante que compensa o movemento de rotación da Terra, cousa que lles permite permanecer dirixidos cara a un punto fixo do firmamento.
-
Telescopio astronómico que ten un movemento de xiro arredor dun eixe fixo horizontal orientado na dirección L-O. A causa da orientación particular do eixe de xiro, o tubo só se pode mover no plano do meridiano. Este aparato, coñecido tamén co nome de círculo meridiano, serve para a determinación do momento en que pasa polo meridiano dun lugar un astro determinado e a declinación deste mesmo astro nese momento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral que está situada entre as de Coroa Austral, Saxitario e Altar. Contén 50 estrelas visibles a simple vista. O seu astro principal é α-Telescopii, unha estrela de magnitude 3,76. É unha das constelacións descritas por Lacaille na súa obra Coelum australe stelliferum (1763).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación do Telescopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de copia e impresión que se basea na propiedade de certas substancias termosensibles, de escurecerse por efecto da calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que detecta unha variación ou diferenza de temperatura, pero sen efectuar a medida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se emprega para facilitar a lectura aos ambliopes e aos operados de catarata.
-
-
Exame directo do tórax
-
pleuroscopia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
isualización endoscópica da traquea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de métodos empregados na investigación por medio do ultramicroscopio.
-
-
Relativo ou pertencente ao ultramicroscopio ou á ultramicroscopia.
-
Que é demasiado pequeno para poder ser visto cun microscopio corrente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Microscopio provisto dun condensador que fai chegar a luz lateralmente ao portaobxectos, o que fai que as partículas moi pequenas, que non serían visibles co microscopio óptico ordinario, aparezan visibles como puntos brillantes sobre un fondo negro.