"ECU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 293.

    1. Acción de perseguir.

    2. Conxunto de actos violentos exercidos contra os cristiáns en tempos do Imperio Romano. Suetonio lembra unha primeira persecución, arredor do ano 50, cando Claudio I expulsou os xudeus de Roma, porque alborotaban en nome dun tal Chrestus. Pero foi a partir do incendio de Roma cando Nerón comezou a persecución (64). A mesma actitude foi adoptada polos emperadores Domiciano (94), Traxano (111), Antonino Pío (138-161) e Marco Aurelio (161-180). Ata este momento as persecucións eran parciais e afectaron, excepto a de Traxano, preferentemente á área romana. Séptimo Severo (202-211) decretou a persecución contra os catecúmenos, e Máximo Tracio (235-238) contra os cregos e dirixentes das comunidades. Con Decio (249-251) a persecución estendeuse a todo o imperio, como reacción ao favor dispensado aos cristiáns por Filipe o Árabe, e ante a organización da Igrexa. O mesmo camiño seguiu Valeriano (257-258) e sobre todo Diocleciano (303), decretando a máis universal e cruenta de todas as persecucións....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á persecución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mancha ou placa pequena, amarelada e triangular, que aparece na vellez na conxuntiva, por fóra da córnea. Está formada por unha acumulación de células epiteliais e tecido conxuntivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de planificación que ten como finalidade a adecuación da xestión dos recursos naturais e, en especial, a dos espazos naturais e das especies que se queren protexer, aos principios de mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, de preservación da diversidade xénetica, da utilización ordenada dos recursos e da preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais e da paisaxe. As directrices fixan limitacións de usos nos espazos e establecen normas de uso racional para a conservación, restauración e mellora dos recursos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que relaciona o potencial ö dun campo electrostático coa densidade de carga ñ. No baleiro, a ecuación de Poisson é igual á ecuación de Laplace.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen precede, anuncia ou orixina algo que se desenvolverá con posterioridade.

    2. Aplícase ao núcleo, produto de fisión, que nun reactor nuclear emite neutróns ao se desintegrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Xoán Bautista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de antropoides fósiles que se considera unha forma ancestral dos antropoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. proseguimento.

    2. Acción de perseguir a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frecuencia das ondas electromagnéticas que se empregan en radiocomunicación. Normalmente están comprendidas entre os 3 kHz e os 300.000 MHz, e este intervalo está distribuído en bandas segundo un convenio internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates fósiles, descrito por G. Edward Lewis en 1934, incluídos en sedimentos do Mioceno Superior ou do Plioceno Inferior, cunha antigüidade duns 12-15 millóns de anos, atopados en India, Alemaña, Kenya e China. Enlazan a liña dos pónxidos coa dos primeiros homínidos. Morfoloxicamente presentaban carácteres como a redución dos caninos e dos incisivos, a forma parabólica do arco dental e a posibilidade de camiñar erecto, que o entroncarían coa liña do australopiteco. Considerado por algúns como unha forma xemelga do Sivapithecus, está situado na liña evolutiva que conduce aos orangutáns, aínda que antes se pensaba que estaba na liña que conducía aos homínidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cara a atrás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de animais de carga.

    2. Conxunto de cousas ou persoas que van xuntas ou unhas despois das outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de recuar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de recuar.

    2. Que está situado na parte de atrás.

    3. Que está moi distante ou afastado no espazo ou no tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de recuar.

    2. retranqueo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. retroceder.

    2. retranquear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura precolombina que se desenvolveu (300 a C - 500 d C) no val do río Recuay, na rexión do Callejón de Huaylas, nas terras altas do norte de Perú. Nas tumbas atopouse cerámica de formas complicadas, decorada coa técnica do negativo, que consiste en recubrir con cera os debuxos que se querían preservar e en somerxer en pintura a peza así preparada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de recubrir.

    2. Que está tapado ou cuberto.

    VER O DETALLE DO TERMO