"Ende" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 379.

    1. Conxunto de leis e de teorías descubertas por Mendel.

    2. Teoría que explica o mecanismo xeral da herdanza baseándose nas leis de Mendel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto prusiano. Desenvolveu a súa obra en Alemaña e, despois de 1933, en Bruxelas, Londres e San Francisco. Deulle aos seus edificios unha forza expresiva case simbólica, co emprego de fachadas curvas, liñas marcadas e longos ventanais horizontais. Realizou a torre Einstein, en Postdam (1920), os grandes almacéns Schocken, en Stuttgart (1927?), e a sinagoga de Cleveland (1946-1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Adepto da Aufklärung, propugnou unha relixión espiritualista capaz de facer acceder aos homes á cultura humanista universal. Traduciu a Biblia ao alemán, e na súa obra fundamental, Jerusalem oder über religiöse Macht und Judentum (Xerusalén ou sobre poder relixioso e xudaísmo, 1783), definiu o clima espiritual do xudaísmo. Desde o punto de vista filosófico a súa obra principal foi Phädon (Fedón, 1767), onde defendeu, con argumentos leibnizianos a inmortalidade da alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Foi discípulo do pianista L. Berger e do compositor K. F. Zelter, e estudou estética con Hegel en Berlín. En 1829 dirixiu Wir setzen uns nit Tränen nieder (A Paixón segundo San Mateo), de J. S. Bach, por quen amosou interese desde entón. En 1843 fundou o Conservatorio de Leipzig. Das súas obras destacan Trío con piano (1820), Variations sérieuses (1841), cuartetos de corda (1827, 1838, 1847), quinteto de corda (1845), un sexteto con piano (1824), Ein Sommernachtstraum (O soño dunha noite de verán, 1843), os oratorios Paulus (1836) e Elias (1846), trece sinfonías para orquestra de corda (1821-1825) e cinco para grande orquestra (1824-1842), dous concertos para piano (1831, 1837), un para violín e orquestra (1844), outro para violín e corda e 48 Lieder ohne Worte (Cancións sen palabras, 1830-1845) para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada preto de Arnsberg, ao SL da conurbación de Dortmund (56.000 h [1900]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político turco. En 1945 fundou o Demokrat Partisi (Partido Democrático, DP), que gañou as eleccións de 1950. Nomeado primeiro ministro (1950-1960), foi derrotado por un golpe de estado militar e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente ecoloxista e sindical. Coñecido como Chico Mendes, encabezou a reivindicación para preservar o bosque amazónico e formou sindicatos contra a sobreexplotación dos peóns. Enfrontado aos empresarios que se dedicaban á tala masiva de árbores, morreu asasinado. Acadou do goberno brasileiro o compromiso de frear a deforestación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Fundou a publicación literaria Revue Fantaisiste (1859), precursora da escola parnasianista. Decadentista, publicou poesía, obras en prosa, dramas e tamén compuxo libretos para óperas. Da súa produción destacan Philoméla (1864), Odelettes guerrières (1871), Contes épiques (1872), Le soleil de minuit (1876), Soirs moroses (1876) e Scarron (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Mendes Filho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi deputado radical (1932-1940) e colaborou con Charles de Gaulle no exilio. Foi cabeza do goberno entre 1954 e 1955, e asinou o final da Guerra de Indochina. Pasou ao Parti Socialiste Unifié (PSU) en 1959, pero non se afastou logo dos feitos de Maio do 68 e uniuse a F. Mitterrand. Retirouse da vida política en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas un escudo cuartelado: primeiro e cuarto, en campo de goles, unha torre de prata acompañada dun león do mesmo empinado no flanco sinistro; segundo e terceiro, en campo de ouro, unha flor de lis de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Barítono e escritor. Colaborador da revista Galicia, foi un dos propagandistas da música galega. Escribiu Canciones y poesías gallegas (1908), Frangullas (1910) e Celanoverías (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico da arte. Fixou a autoría e a valía do cadro do colexio dos escolapios ou da Compañía de Monforte de Lemos, de Van der Goes. Publicou Jenaro Pérez Villaamil (1921?), Galicia y su arte contemporáneo (1925) e diversos artigos, dos que destacan “El Pintor Francisco Lloréns: artistas gallegos” (1924) e “El Renacimiento Italiano en España” (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Amiga de F. García Lorca, Rafael Alberti e Luis Buñuel, casou en 1931 con Manuel Altolaguirre, con quen fixo de voceira da Xeración do 27. Da súa produción poética, na que aproveita as innovacións da súa época sen desapegarse da herdanza clásica e popular, destaca Inquietudes (1926), Surtidor, (1928), Canciones de mar y tierra (1930), El personaje presentido (1931), Vida a vida (1932), El carbón y la rosa (1935), Niño y sombras (1936), Lluvias enlazadas (1939), Sombras y sueños (1944) e Vida o río (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, duque de Carpio, sobriño do conde-duque de Olivares. Foi favorito de Filipe IV, que o nomeou primeiro ministro en 1644. Asinou a Paz de Westfalia (1648) e a dos Pireneos (1659), e interveu na guerra contra Portugal (derrota de Elvas, 1658).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Das súas obras, centradas no amor vivido en diversas épocas e circunstancias, destacan Flor de Varia Poesía (1978), De las Palabras y la Sombra (Primer Premio del Certamen Permanente Centroamericano, 1983), Helénicas (1998) e Toque de queda: poesía bajo el terror 1969-1999 (1999), en poesía; Tres Rostros de Mujer en Soledad, en teatro; El Señor Presidente y Tirano Banderas (1970), en ensaio; e Estética y poesía de Petrarca (1974) e La mujer en las obras de José Milla (1982), como crítica literaria. É membro correspondente da Real Academia Española e foi Premio Nacional de Literatura Miguel Ángel Asturias (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que descende do conquistador de Canarias Alonso Fernández de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi inquisidor de Galicia e València e cóengo lectoral e vigairo capitular de Santiago de Compostela. Escribiu Elucida et elegans interpretatio ad Bullam Alexandri III P.M. de Jubileo D. Jacobi unici Hispaniarum Patroni (1628) e Comentarios sobre las Constituciones capitulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xeógrafo. Escribiu Población general de España (1645) e o que parece unha copia manuscrita ampliada da segunda edición titulada Descripción de ciudades y villas de Galicia, onde amosa o territorio galego e as súas principais cidades e vilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Coñecido como Vigatá, foi, xunto con Francisco Llerena, un dos fundadores do sindicato ferroviario integrado na CNT coruñesa e un frecuente colaborador de Solidaridad Obrera durante a Segunda República. Exerceu, asemade, a presidencia do Centro de Estudios Sociales Germinal (1933-1935). Logo da folga xeral de Nadal de 1933, substituíu a José Moreno Torres na secretaría da Confederación Regional Galaica. Tras a derrota da Revolución de Asturias en outubro de 1934, Xacinto Méndez viuse obrigado a facer o propio ata ben entrado 1935. Producido o golpe militar, representou a FAI na conformación do comité de defensa da República na capital coruñesa. Encadeado na Prisión Provincial nos primeiros días de dominio fascista, foi asasinado sen agardar a formación de causa.

    VER O DETALLE DO TERMO