"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional que ten como obxectivos impulsar o progreso económico, social e cultural dos países do SL de Asia e constituír un foro onde se discuta sobre a paz e a estabilidade da rexión. Creada en Bangkok (8.8.1967), os seus membros fundadores son Brunei, Filipinas, Indonesia, Malaisia, Singapur e Tailandia. Vietnam ingresou no 1995 e, no 1997, fixérono Laos e Myanmar. Camboxa e Papúa-Nova Guinea asisten ás xuntanzas da organización en calidade de observadores e Corea do Sur posúe un estatuto especial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade privada constituída por diversas persoas e organizacións que representan os consumidores e defenden os seus intereses. En España a súa actividade está regulada polos artigos 20 e 22 da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores do 19 de xullo de 1984. Foi refundada o 9 de marzo de 1993 por iniciativa de Juan Carlos Ulla Otero e parte da desaparecida Asociación Galega de Consumidores e Usuarios. Federada na Confederación de Consumidores e Usuarios (CECUA), encárgase de tramitar as reclamacións e queixas dos consumidores propoñendo iniciativas lexislativas ante os parlamentos, dando charlas ou realizando e publicando estudios sobre temas relacionados cos intereses dos consumidores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O nacemento das asociacións de prensa en Galicia, como institucións de agrupamento e defensa dos xornalistas é un fenómeno que se sitúa entre os anos finais do século XIX e primeiros do XX. Galicia é, neste ámbito, unha das primeiras comunidades na que xorden este tipo de entidades, con perfís netamente asistenciais, por riba doutras consideracións de xeito gremial ou mesmo sindical. As asociacións de prensa de Galicia corresponden, no seu primeiro momento, ao proceso histórico que vén definido polo paso do xornalismo esencialmente político ou comercial e mercantil a un verdadeiro xornalismo noticioso ou informativo, que demanda profesionais dedicados a actividades informativas, fronte ao período anterior no que personaxes do mundo político, editores de periódicos, reclamaban ser xornalistas de seu, facendo do periódico unha ferramenta máis dentro dunha estratexia de expansión das súas ideas partidarias. A primeira asociación de prensa que xorde en Galicia é a da Coruña, datada en 1905....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación das Nacións do Sueste Asiático.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. En 1975 promoveu a creación do Partido Popular Regional Valenciano, integrado posteriormente na Unión de Centro Democrático (UCD). Foi vicepresidente do Congreso dos Deputados nas lexislaturas constituínte (1977-1979) e primeira (1979-1982).Tamén ocupou o cargo de presidente da Comisión Constitucional, en que presidiu a comisión mixta de delegados desta e da Asemblea de Parlamentarios de Galicia, que se reuniu en Madrid entre setembro de 1979 e outubro de 1980, para discutir o proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia, elaborado pola Comisión dos nove e que fora ratificado pola Asemblea de Parlamentarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Desde 1888 dirixiu a revista Revolución Francesa e foi o iniciador da historiografía sobre a Revolución Francesa. Discrepou con Hippolyte de Taine. As súas teorías foron completadas por posteriores indagacións de Albert Mathiez. Escribiu Études et leçons sur la Révolution Française (Estudios e leccións sobre a Revolución Francesa, 1893-1924) e Histoire politique de la Révolution Française (Historia política da Revolución Francesa, 1901).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Noción que cadaquén ten do propio ser.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia mediante a que o organismo se afana por manterse vivo e rexeita aquelas esixencias que, de satisfacerse, conduciríano á destrución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de consumo baseado na produción que un mesmo é quen de realizar. Deuse especialmente durante as épocas escravista e feudal; aínda ten vixencia en zonas de mercado pechado. Baséase en gran parte no aforro familiar, forzado por unha escasa circulación monetaria e no feito de non ser posible a existencia dunha man de obra especializada.
-
PERSOEIRO
Marqués do Vasto. Fillo de Íñigo, marqués do Vasto, e de Laura Sanseverino. Herdou posteriormente o marquesado de Pescara e o principado de Francavilla. Como marqués do Vasto (1536), comandou as tropas na campaña contra Tunicia. Exerceu como gobernador de Milán (1538-1546). Humanista e poeta, foi, xunto coa súa dona María de Aragón, protector de artistas e literatos (Tiziano, Pietro Aretino e Iacopo Nardi).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alfonso Fernández de Avellaneda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa francesa de construcións aeronáuticas, constituída a raíz da fusión en 1971 dos Ateliers d’Aviation Louis Breguet (ou Breguet-Aviation) co grupo Marcel Dassault, que xa adquirira Breguet-Aviation no 1967. Fabrica avións civís (como o Mystère) e, sobre todo, avións militares Mirage, Jaguar, Alphajet e Super-Eténdard.
-
PERSOEIRO
Astrónomo. Traballou nos observatorios de Estocolmo, Dorpat e Pulkovo. Estudiou os movementos irregulares do cometa Encke e analizou as observacións feitas desde 1819 para encontrar as perturbacións planetarias posiblemente responsables do seu movemento irregular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, coñecido por ter compilado, ao redor de 1455, o Cancioneiro de Baena, dirixido a Xoán II de Castela, onde incluíu algunha composición propia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cesións de todos os dereitos ao trono de España e Indias realizadas polos monarcas Carlos IV e Fernando VII, o 2 e o 6 de maio de 1808, respectivamente, en favor do Emperador Napoleón I Bonaparte. Carlos IV fixera unha primeira abdicación no seu fillo tralo Motín de Aranjuez, o 19 de marzo de 1808, declarando nula a súa renuncia o día 21. Napoleón obriga a Fernando VII a devolver a coroa ao seu pai, que á súa vez, tralos sucesos do 2 de maio madrileño, cede todos os dereitos ao Rei de Francia.
-
PERSOEIRO
Produtor, distribuidor, guionista e realizador cinematográfico. Coa participación dos seus irmáns Francesc Balcázar (produtor) e Jaume Jesús Balcázar (realizador), tentou, con resultados económicos irregulares, agrupar nunha soa empresa estas ramas da cinematografía. Fundou en 1951 Produciones Balcázar SA e máis tarde a produtora Filmax. Como director realizou La encrucijada (1959), Cena de matrimonios (1962), Con la muerte a la espalda (1967), Las primeras experiencias (1974) e Julieta (1983), películas das que tamén foi o guionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Constantinopla (1204-1205). Fillo de Balduíno V, conde de Hianaut, e de Margarita I, condesa de Flandres, reuniu ambos os dous condados en 1195. Loitou ao lado de Inglaterra contra Filipe II Augusto de Francia. Polo Tratado de Peronne (1200) obtivo do Rei francés a retrocesión do nordeste do Artois. Foi un dos líderes da Cuarta Cruzada, que instaurou o Imperio Latino de Constantinopla, do que foi elixido Emperador grazas ao apoio de Venecia. Derrotado e feito preso polos búlgaros na Batalla de Adrianópolis (1205), probablemente foi executado por orde do Tsar búlgaro. Sucedeuno o seu irmán Enrico I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Constantinopla (1228-1261). Fillo de Pedro II de Couternay, sucedeu ao seu irmán Roberto I; reinou asociado ao seu sogro Xoán de Brienne (morto en 1237). Tivo que facer fronte ás reivindicacións ao trono de Bizancio dos emperadores de Nicea: Xoán II Ducas Vatatzes, que conquistou Adrianópolis e Tesalónica, e Miguel VIII, que se apropiou de Constantinopla, de onde fuxiu Balduíno II. No ano 1267 concertou con Carlos de Nápoles o Tratado de Viterbo, a cambio da axuda para recuperar o Imperio perdido, cedeulle unha parte do Imperio e concertou a voda do seu fillo e herdeiro, Filipe de Courtenay, con Beatriz de Nápoles (estipulábase que se Filipe morría sen fillos, os seus dereitos revertían no pai desta, Carlos I).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro creada en Verín en 1993 por Xosé Luís Martínez Carnero. Entre os espectáculos realizados por esta agrupación cómpre sinalar: O auténtico oeste, sobre un texto de Sam Shepard, estreado en 1994 con dirección de Manuel Lourenzo; Dany e Roberta (1995), con dirección de Rodrigo Roel; Parella Aberta, a partir da peza homónima de Darío Fo, presentado en 1996 con dirección de Rodrigo Roel e O contrabaixo (1999), segundo un texto de Patrick Süskind e con dirección de Damián Contreras.
-
PERSOEIRO
Poeta. Foi un dos primeiros representantes da escola simbolista rusa, como manifesta a súa obra Tišina (Silencio, 1898). A súa obra, decadentista e exótica, exerceu moita influencia a finais de século: Sbornik stikhotvorenij (Escolma de poesías, 1890) e Pesni mstitel’a (Cancións do vingador, 1905). Traduciu tamén, entre outros, a Shelley, Edgar Poe, Walt Whitman, Calderón, Verlaine, Baudelaire e numerosos autores checos e polacos.
VER O DETALLE DO TERMO