"RAU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 231.

  • GALICIA

    Editor. Fundador de Xuntanza Editorial (1986), da que é director-xerente, e vicepresidente do Instituto de Estudios Políticos y Sociales. Ademais da edición de obras de tipo xeral, levou a cabo a primeira edición do Quixote en galego e diversos códices, como o Livro de Horas da Condessa de Bertiandos (s XVI) e o Atlas de Lázaro Luis (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de síntese que permite a preparación da quinoleína e dos seus derivados a partir dunha anilina que se trata con glicerol, ácido sulfúrico e un axente oxidante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Especializado na área de contemporánea, centrouse no estudo da emigración galega. Publicou Os intelectuais do agrarismo: protesta social e reformismo agrario na Galicia rural, Ourense, 1880-1936 (1999); Galicia nos tempos de medo e fame: autarquía, sociedade e mercado negro no primeiro franquismo, 1936-1959 (2001) e As cartas do destino: unha familia galega entre dous mundos (1919-1971), con X. M. Núñez Seixas (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado probablemente en Celeiro (Barreiros). A súa construción autorizouna o Rei Silo ao abade Sperautane en 775. De carácter dúplice, en 958 o Rei Ordoño IV cedeuno ao conde Osorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Dedicouse á crítica teatral (1967-1970) e, posteriormente, colaborou en diversas obras teatrais en Berlín. A súa obra inclúe dramas como Die Hypochonder (Os hipocondríacos, 1972) e prosa como Die Widmung (A dedicatoria, 1977), Der Junge Mann (O mozo, 1984) e Niemand Anderes (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e filósofo alemán. Foi obrigado a abandonar a docencia da teoloxía coa aparición de Das Leben Jesu kritisch bearbaitet (A vida de Xesús, estudada criticamente, 1835), onde expuña a interpretación da esquerda hegeliana sobre a orixe do cristianismo, entendido como invención humana e encarnación do espírito da humanidade na figura de Xesús.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Nun ton entre realista e romántico, escribiu Freund Hein (O amigo Hein, 1902), Menschenwege (Camiños do home, 1899), Der Nackte Mann (O home nu, 1912), Das Riesenspielzeug (O xoguete xigante, 1934) e a autobiografía Ludens (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Fundador e principal dirixente da Unión Social Cristiá (CSU). Foi deputado do Landtag (1949-1978), ministro de Asuntos Especiais (1953), de Asuntos Atómicos (1955), de Defensa (1956-1962) e de Finanzas (1966-1969) e ministro-presidente do goberno de Baviera desde 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra, pai de Johann Strauss. De formación autodidacta, fundou a súa propia orquestra (1825). Director de música de danza da corte imperial (1835), creou o valse vienés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra e compositor, fillo de Johann Strauss. Enriqueceu o valse da primeira metade do s XIX. Compuxo aproximadamente cento cincuenta valses, entre os que destaca An der schönen blauen Donau (No belo Danubio azul, 1867). Creou unha gran cantidade de operetas vienesas, como Die Fledermaus (O morcego, 1874) e compuxo numerosos bailes de salón. En 1841 fundou a súa propia orquestra, que fusionou coa do seu pai cando este morreu (1849). Cando foi nomeado director dos bailes da corte (1863), confioulles a dirección da orquestra aos seus irmáns Joseph Strauss (Viena 1827-1870) e Eduard Strauss (Viena 1835-1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán naturalizado estadounidense. Na súa produción distínguense tres períodos: unha primeira etapa de erudición, con Die Religionskritik Spinozas (A crítica da relixión en Spinoza, 1930); unha segunda co descubrimento da literatura esotérica que o abriu a unha nova comprensión da Antigüidade, con On Tyranny: An Interpretation of Xenophon’s Hiero (1948), Persecution and The Art of Writing (1952) e Natural Right and History (1953); e unha terceira en que se esforzou por restablecer unha lectura inxenua dos clásicos, como en Thoughts on Machiavelli (1958), City and Man (1964) e The Argument and the Action of Plato’s Laws (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Foi director de orquestra en Múnic e Berlín e director xeral da ópera de Viena (1919-1924). Cultivou a música tonal, da que destacan Don Juan (1889), Till Eulenspiegel (1895), Also sprach Zarathustra (Así falou Zarathustra, 1897), Sinfonia Domestica (1904) e Eine Alpensinfonie (A sinfonía dos Alpes, 1915). No campo dramático amosouse moi audaz, especialmente en Salomé (1905), con texto de O. Wilde. Con Elektra (1908) iniciou a colaboración co escritor H. von Hoffmannstal. Outras obras foron Der Rosenkavalier (O cabaleiro da rosa, 1911), Ariadne auf Naxos (1916), Intermezzo (1924), Arabella (1933) e finalmente Capricio (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo e guionista checo. Coñecido como Tom Stoppard, naturalizouse inglés. Das súas obras, caracterizadas por tratar temas filosóficos cun humor enxeñoso, destacan Walk on the Water (1960), Rosencratz and Guildestern Are Dead (1966), Travesties (1974), The Real Thing (1982), Hapgood (1988), Arcadia (1993) ou The Coast of Utopia (2002), ademais dos guións de Brazil (1985) e Shakespeare in Love (1998, Oscar ao mellor guión). En 1997 recibiu o título de sir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico polaco. Foi profesor na Universidade de Berlín, destacou como clínico experto na exploración dos enfermos e na valoración do síntoma da febre e foi o fundador da patoloxía experimental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Profesor de filoloxía latina medieval en Múnic. Escribiu unha edición dos Poetae latini aevi carolini (1886-1896). Dedicouse especialmente a Tito Livio (1904) e traballou tamén sobre a historia da regra de san Bieito (Textgeschichte der Regula S. Benedicti, 1898). Escribiu ensaios sobre a historia da literatura medieval (O Roma nobilis, 1891) e investigou sobre as fontes da literatura medieval xermánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ferida ou lesión local que está producida por unha violencia exterior.

    2. Experiencia ou acontecemento, físico ou psíquico, que produce unha ferida ou unha importante perturbación neuropsíquica. OBS: Tamén se denomina trauma psíquico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao trauma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lesión interna ou externa que está provocada por unha violencia exterior.

    2. Estado do organismo que está afectado por unha ferida ou contusión grave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Causar un trauma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ferida’.

    VER O DETALLE DO TERMO