"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • MONTES

    Monte da parroquia de San Xurxo de Sacos, concello de Cotobade, na cota dos 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Riobó, concello de Rodeiro, de 686 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos rizópodos que segregan unha cápsula quitinosa de forma aplanada, composta de pequenos prismas hexagonais e impregnada de compostos ferruxinosos. Por unha abertura saen os lobopodios. Viven libremente nas augas doces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marxe dunha estrada, marcada cunha liña, que se destina aos peóns, a bicicletas e vehículos de tracción animal, e á parada de vehículos en caso de necesidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boimorto baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico cirurxián. É autor de De recta vulnerum curandorum ratione (Anveres, 1574), que foi traducida ao alemán, ao inglés e ao holandés. A súa vixencia chega ata as edicións do s XVIII (1717).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Discípulo de Teofrasto e condiscípulo de Zenón de Elea. Escolarca, moderadamente escéptico da academia platónica. Dirixiu esta academia despois de Crates durante o período denominado “Academia mediana” ou “segunda Academia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero da infraorde dos Lemuriformes, procedente das chairas litorais de Madagascar e extinguido en época recente, que posuía unha relativa autonomía filética no seo do seu grupo. A súa dentadura era apta para cortar e descascar alimentos vexetais. Debía ser parcialmente terrestre, ademais de arborícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves fósiles da subclase dos arqueornitas, de ata 35 cm de longo, de cabeza pequena e ollos grandes, mandíbulas finamente dentadas e cola ósea longa. As extremidades superiores son longas e delgadas con tres dedos e as patas son semellantes ás das aves corredoras actuais. Como características propias das aves modernas, presentan unha estrutura típica orixinada pola unión das dúas clavículas e unhas longas plumas nas ás e na cola. De vida insectívora e propia de bosques abertos, tiña capacidade para desprazarse entre as árbores mediante o voo. Foi descuberta en 1861 en Alemaña, nos xacementos xurásicos da formación Solnhofen de Baviera. Estes animais, que comparten coas aves actuais antecesores comúns, constituíron un importante apoio para a teoría da evolución, ao ser descubertos poucos anos despois de saír do prelo On the origin of the species (A orixe das especies, 1859) de Darwin e interpretarse como unha “especie elo”, ou de transición, entre os réptiles e as aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano de orixe francesa que iniciou o seu labor artístico no teatro para finalmente asentarse en Hollywood. Dirixiu filmes dramáticos, de intriga policial e westerns interpretados por Hopalong Cassidy e Gene Autry. Posúe unha das filmografías máis longas de todo o cinema americano. Dirixiu, entre outras moitas películas, The iron ring (O anel de ferro, 1917), Diamonds and pearls (Diamantes e perlas, 1918), The trap (A trampa, 1918), The miracle of Manhattan (O milagre de Manhattan, 1921), Men of steel (Homes de aceiro, 1926), Lost squadron (O último escuadrón, 1932), Hotel Haywire (O Hotel Haywire, 1937), The woman of the town (A muller da cidade, 1943), Texas masquerade (Mascarada de Texas, 1944), Dangerous adventure (Aventura perigosa, 1947), The old west (O vello Oeste, 1952) e Last of the pony riders (O último dos xinetes, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alabardeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Murcia, ao NO da capital, na Vega del Segura (14.163 h [1996]). Posúe unha interesante necrópole ibérica. Ten fontes termais de augas sulfurosas que brotan a máis de 50°C. As termas véñense aproveitando para a explotación balnearia dende a época romana. En 1778 construíuse un gran balneario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘condutor’, ‘xefe’, usada para indicar preeminencia ou superioridade (ex: arquiduque, arquidiocese) ou tamén valor superlativo dun adxectivo (ex: arquimillonario, arquifamoso). OBS: Pode presentar as variantes arce-, arci- (ex: arcebispado, arciprestado).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica italiana. Obtivo un extraordinario éxito co seu primeiro filme Mignon è partita (Mignon marchou, 1988) e coa súa segunda realización Verso sera (Ó atardecer, 1990), onde narra un conflito de xeracións interpretado por Marcello Mastroianni. Dirixiu tamén Il grande cocomero (A gran sandía, 1993) e Con gli occhi chiusi (Cos ollos pechados, 1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, regado polo río Guadalhorce e accidentado polas serras do Conjuro, da Virgen e do Umbral (8.246 h [1996]). Caracterízase por unha agricultura mediterránea na que o cereal, a vide e a oliveira, son os principais produtos de cultivo. Posúe unha industria derivada das canteiras de xeso e mármore que explotan no seu territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación informática que busca documentos na Internet relacionados cun determinado tema. Foi desenvolvida por Alan Emtage, Bill Heelan e Peter Deuscht na Univesidade McGill. Este termo procede do inglés archive ‘arquivo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de arquitectos ingleses fundado en 1961. Preconizaba os sistemas tecnolóxicos como definidores da arquitectura e como organizadores do hábitat humano. Estaba formado por Chalk, Cook, Crompton, Greeve, Herron e Webb.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor ucraíno, nacionalizado norteamericano (1928). Viviu en París e, dende 1923, nos EE UU. A partir de 1920 traballou na evocación de figuras humanas mediante a construción de ritmos xeométricos. É un dos principais representantes da investigación cubista na escultura. En 1922 retornou a un depurado clasicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito xeral da documentación procedente dos organismos do estado francés, radicado en París. Creado durante a Revolución pola Asemblea (1789), ampliouse despois (1790) á categoría de arquivo nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO