"Rande" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 206.

  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como Marisa Villardefrancos, colaborou en distintos xornais madrileños (El Magisterio Español e Escuela Española), publicou libros de lectura escolar ( Lluvia de estrellas, 1948), comedias, contos e poesías infantís (Diario de una muñeca, 1944, ou Te veré un día, 1950), pezas teatrais infantís, e guións para Radio Madrid ou para cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque de Lituania (1392-1430). Loitou contra os moscovitas e contra os tártaros. Xunto cos polacos, derrotou os cabaleiros teutónicos na Batalla de Grünwald-Tannenberg (1410) e ocupou Samoxitia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mesía. Ten planta en forma de L cunha torre cadrada na parte principal. O escudo de armas alude, entre outros, aos Aguiar e Montenegro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1385-1433), fillo de Fernando I. Inaugurou a dinastía de Avís. Dirixiu a revolución anticastelá protagonizada polos nobres portugueses e foi proclamado rei de Portugal por unha asemblea reunida en Coimbra. Enfrontouse con Xoán I de Castela, que se consideraba con dereitos ao trono portugués polo seu matrimonio con Beatriz, única filla lexítima de Pedro I. Venceuno na Batalla de Aljubarrota (1385) e impulsou as conquistas portuguesas en África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (527-565), sobriño e sucesor de Xustino I. De nome Petrus Sabbatius, tivo por muller a Teodora, asociada ao trono como conselleira principal. Estivo dominado pola idea da reconstrución do Imperio Romano, e en Occidente, en longas campañas, levadas a termo sobre todo por Belisario, conquistou Numidia aos vándalos (533-548), a rexión do SL da Península Ibérica aos visigodos (550), dominou toda Italia e tomou Ravenna (535-554). Sostivo duras batallas contra os eslavos e os hunos, e puido estender o reino por Tracia e Iliria, ata o Danubio. Acadou unha importancia pola súa obra xurídica, recollida no Corpus Iuris Civilis, que marcou toda a lexislación medieval ata os tempos modernos. No eido da arte destacaron as obras construídas durante o seu mandato, como Santa Sofía de Constantinopla ou as igrexas de San Vitale e Sant’ Apollinaire in Classe en Ravenna.

    VER O DETALLE DO TERMO