"Uma" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 364.

    1. Morea de leña ou doutro material combustible que arde moito e produce unha lingua de lume.

    2. Chama ou lapa grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación austral situada entre as de Compás, Hidra femia, Centauro e Vela. É pouco extensa e foi descrita por primeira vez por Lacaille (1760). Contén 42 estrelas visibles, das que a máis brillante é  Antliae, situada a 325 anos luz, e de magnitude aparente 4,42.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, marqués de Almeiras e vizconde de Andeiro. Membro da Cova Céltica, onde coincidiu con Eduardo Pondal e Florencio Vaamonde, foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Como poeta ten características en común con Pondal, xa que desenvolveu moitos dos seus poemas no mundo céltico de Ossián. Ademais, caracterizouse polo seu uso da sátira literaria e polo ton patriótico e aristocrático das súas composicións. Colaborador da Revista Gallega e do suplemento Terra a Nosa!, das súas obras destacan Os afillados do demo (1885), A noite de San Silvestre (1890), a recompilación Líricas Gallegas (1894), El laudemio: Su legislación y jurisprudencia hasta el año 1898 (1899), Landras e bayas (1919) e Andeiro. Poema histórico brigantino da Unión Ibérica (século XIV) (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Quinto emperador azteca (1440-1469), fillo de Huitzilihuitl. En 1417 asumiu o mando do exército azteca. Nomeado emperador, continuou a expansión do reino cara ás zonas de Guerrero, Hidalgo, Puebla e Oaxaca, ata dominar todo o altiplano de Anahuac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Noveno emperador azteca (1502-1520), fillo de Axaiacatl, sobriño e sucesor de Ahuitzotl (1502). Organizou o imperio en provincias, regulou o pagamento dos tributos e creou unha administración central. Tivo que se enfrontar á invasión castelá e tentou pactar con Hernán Cortés, que o mandou prender (1519). Ao rebelarse Tenochtitlán, en xuño de 1520, foi obrigado a dirixirse ás enfurecidas multitudes, que o apedrearon, e morreu tres días despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi o fundador da seita almohade. Orixinario da tribo bérber masmuda, predicou a estrita observación do Islam, fronte ao formalismo almorábide vixente. En 1121 proclamárono mahdī e os seus adeptos, chamados al-muwa Palatino; ḥḥ idūn, dominaron axiña a rexión de Sūsah e Antiatlas. A súa obra foi continuada polo seu discípulo ‘Abd al-Mu’min.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que talvez teña a súa orixe no antigo nome latino Mummia, en relación con mamma ‘naiciña’, ‘seo da muller’, termo do vocabulario infantil que existe en case todas as linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Participou no movemento socialcristián e en 1896 fundou o Nationalsozialer Verein. Deputado desde 1907, foi un dos fundadores do Deutsche Demokratische Partei (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Mestre de capela da corte de Dresden, realizou óperas de estilo sentimental que presentan as características do romanticismo. Das súas composicións destacan Vater unser (Pai noso), Alessandro nelle Indie (1767) e La clemenza di Tito (1769).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espectáculo que na Antigüidade clásica, sobre todo en Roma, reproducía un combate naval. Representados a partir de César (46 a C), foron moi frecuentes durante o s I, con Claudio, Nerón, Tito e Domiciano.

    2. Edificio especialmente construído e adaptado para a celebración das naumaquias. Semellante ao anfiteatro, tiña a area máis ampla e as gradas máis baixas. Destacan as de Augusto, Domiciano e Filipo o Árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Especialista na elaboración de novelas históricas, abandonou Alemaña tras a subida de Hitler ao poder. Da súa produción destacan Der Teufel (O diaño, 1926), Der Patriot (O patriota, 1927), Krieg (Guerra, 1928) e Die Volksfreunde (Os amigos do pobo, 1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán, fillo de Franz E. Neumann. Traballou sobre todo na procura de solucións a problemas de física matemática, como o problema de Dirichlet, e na teoría dos potenciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Na determinación dunha función u que satisfai a ecuación de Laplace

    FORMULA

    definida nunha rexión R do plano e tal que u sexa regular e continua en R e na súa fronteira F, condición que consiste en considerar coñecida a derivada normal du/dn da función u enriba da fronteira F.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Elaborou a teoría do potencial de indución mutua entre dous circuítos e fixou o valor da fem que xera o movemento dun condutor dentro dun campo electromagnético. En contraposición a Fresnel, consideraba as ondas luminosas paralelas ao plano de polarización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de solucións da ecuación de Bessel de segunda clase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro militar alemán. Formouse na Bohemia alemá, onde o influíu o estilo barroco italiano. Ao servizo do bispo de Würzburg, proxectou parte da Residencia de Würzburg (1719) e a súa residencia de verán (1731). Dotou de espectaculares efectos espaciais os proxectos que realizou para igrexas como a de peregrinaxe dos Vierzehnheiligen (Corenta santos, 1743-1772).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Traballou na teoría de conxuntos, na álxebra topolóxica, na teoría de xogos estratéxicos, na formulación axiomática da mecánica cuántica e na matemática aplicada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De ideas comunistas, aproximouse ao realismo con Sen a zdstupu zoutajicich a jiné básně (O soño da multitude dos desesperados, 1903). Continuou con obras de carácter naturalista como Kniha zesu, vod a stráni (O libro dos bosques, das augas e dos outeiros, 1914), Nové zpěvy (Novos cantos, 1918), Rudé zpěvy (Cantos vermellos, 1923) e Zamorěná léta (Anos somerxidos, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Despois de dirixir durante a década de 1950 a Orquestra Sinfónica de Karlovy Vary, a Orquestra Sinfónica de Brno e a Orquestra Sinfónica de Praga, en 1964 aceptou dirixir a Gewandhaus de Leipzig. Rematou a súa carreira musical coa Filharmónica Checa, á que chegou en 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Polonia, situada á dereita do río Oder e ao S de Pomerania. Combatida por Pomerania no s XIII, foi ocupada polos marqueses de Brandenburgo a mediados de século e ata o s XV, e dominada pola orde Teutónica. No s XVI converteuse en estado territorial ata 1815, cando pasou a Brandenburgo, excepto Dramburg e Schivelbein, que pasaron a Pomerania.

    VER O DETALLE DO TERMO