"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio concedido pola Xunta de Galicia co que se pretende recoñecer e recompensar os méritos daqueles que pola súa actividade no ámbito das letras e das artes engrandeceron e afirmaron os valores culturais de Galicia. Recibírono Antón Fraguas (1995), Xosé Filgueira Valverde (1996), Domingo García-Sabell (1997), Francisco Fernández del Riego (1998), Luís Tobío (1999), Pura Vázquez (2000), Francisco Xavier Río Barja (2001), Xosé López Calo (2002) e Isaac Díaz Pardo (2003).
-
PERSOEIRO
Neurocirurxián. Foi xefe do Servicio de Neurocirurxía do Hospital Clínico de Barcelona, membro fundador da Sociedade Luso-Española de Neurocirurxía e director da Escola Profesional de Neurocirurxía. Escribiu Tumores intracraneales e Abcesos cerebrales e diversos capítulos da Patología médica, de Pedro i Pons.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
-
Declaración pola que alguén expresa que non se opón á realización de algo determinado e establecido previamente.
-
Documento que acredita un permiso oficial para que alguén poida desenvolver certa actividade.
-
Concesión oficial para a venda ou comercialización de produtos.
-
Procedemento administrativo que se utiliza para aplicar os réximes de licencias de importación. Require a presentación, diante do órgano administrativo pertinente, dunha solicitude con outra documentación, distinta da necesaria para os efectos arancelarios, como condición para efectuar a importación no territorio arancelario do membro importador. Distínguese entre licencias automáticas e non automáticas.
-
Concesións que fai un superior a un eclesiástico para exercer o ministerio.
-
licencia absoluta
Licencia que se concede aos militares para eximilos definitivamente das súas obrigas.
-
licencia de explotación
Autorización que concede o titular dunha patente a un terceiro, para a súa utilización en determinadas condicións.
-
licencia de exportación/ importación
Autorización da administración para exportar ou importar unha certa cantidade de mercadorías e que regulamenta a súa comercialización.
-
licencia de obra
Permiso administrativo para levar a cabo actuacións relacionadas coa construción.
-
...
-
-
-
de licenciar ou licenciarse.
-
Militar que rematou o seu servizo e recibiu a licenza absoluta ou exención definitiva do servicio.
-
-
Persoa que, segundo o regulamento universitario medieval, vixente con algunhas variacións ata o s XIV, posuía o título de ensinano superior, acadado despois do de bacharelato mediante a práctica pública do ensino durante un tempo determinado. Era necesario para obter, despois dun exame previo, o grao de doutor nas facultades de teoloxía, dereito (civil e canónico) e medicina.
-
Persoa que obtivo, nunha facultade universitaria, o grao que o habilita para exercer unha profesión determinada.
-
-
-
-
Acción de licenciar ou licenciarse.
-
Acto en que se recibe o grao de licenciado.
-
-
-
Dar licencia ou permiso a alguén.
-
Conceder a licencia absoluta a un soldado.
-
Conceder o título de licenciado a alguén.
-
Obter alguén o grao de licenciado.
-
-
-
Grao que se obtén nunha facultade universitaria ao rematar os estudios e que habilita para exercer unha profesión determinada.
-
Acto en que se concede o grao de licenciado.
-
Estudios que se realizan para obter o grao de licenciado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión do SO de Asia Menor, comprendida entre os golfos de Fethiye e de Antalya. Estivo habitada desde a Antigüidade e as primeiras testemuñas históricas remóntanse á súa conquista polos exércitos de Ciro (546 a C). Unida a Persia, conservou unha certa autonomía ata que foi sometida por Alexandre o Grande. No s III a C organizouse unha confederación licia que seguiu o modelo das confederacións gregas e despois dun breve período de submisión aos rodios, mantivo a súa independencia ata que foi anexionada ao Imperio Romano polo emperador Claudio en 43.
-
-
Relativo ou pertencente a Licia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Licia.
-
Antiga lingua da familia anatólica do phylum indoeuropeo que se falaba en Licia e que se documenta nalgunhas inscricións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de licuescente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección grave do lactante, que se caracteriza por aplasia do tecido linfático, linfopenia importante e tendencia a candidiases repetidas.
-
-
Estado do preito antes da súa terminación.
-
Tempo entre a presentación dunha demanda e a súa resolución.
-
Excepción dilatoria que admite a lei cando unha causa está investigada por outro tribunal ou xuíz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica de adiviñación que se basea na observación das pedras de abalar, e que constitúe un axeitado instrumento de adiviñación en todas as culturas da Europa occidental, onde se considera que as pedras poden respostar as cuestións que se lles formulen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
litotripsia.
-
PERSOEIRO
Historiadora. Doutorouse en Xeografía e Historia en 1989. Desde 1998 é profesora de Prehistoria na Universidade de Santiago de Compostela e centrou as súas investigacións na antropoloxía e no mundo mítico da cultura popular galega. Publicou traballos sobre a historia das mulleres e colaborou coas revistas Gallaecia e Cuadernos de estudios gallegos. Das súas obras destacan Mouros, ánimas e demonios. El imaginario popular gallego (1990) e Os mouros no imaxinario popular galego (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Xeneral da orde dominicana, foi confesor de Carlos V. En 1533 foi elixido bispo de Osma e en 1539, arcebispo de Sevilla. Influínte na corte como conselleiro privado do emperador, exerceu a presidencia do Consello de Indias e foi comisario xeral da Cruzada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiadora da arte e novelista. Coñecida como Anna Banti, a súa narrativa reflicte a problemática da condición feminina e da súa emancipación. É autora de Itinerario di Paolina (1937), Artemisia (1947), Le donne muoiono (1952), La monaca di Sciangai (1957) e Campi Elisi (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Participou no volume poético colectivo Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola libertade (1995). Das súas obras destacan Os camiños do soño: A poesía de Uxío Novoneyra (1993) e Se as aves insistisen na ledicia: a obra de Bernardino Graña (2002). Recibiu o premio da agrupación cultural O Facho en 1991.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Cultivou unha estética realista pola que foi coñecido internacionalmente e, en 1970, asinou un contrato en exclusiva coa galería Malborough de Nova York. A complicidade con outros compañeiros, como María Moreno, Isabel Quintanilla, Francisco e Julio López Hernández, fixo que o grupo recibise a etiqueta de realismo madrileño. A súa obra representa fragmentos do mundo cotián e afectivo, paisaxes, interiores e, como temática principal, a cidade de Madrid. Interveu como protagonista na película El sol del Membrillo (1991), dirixida por V. Erice. Das súas obras destacan Los novios (1955), Campo del Moro (1960) e Gran Vía (1974-1981). Recibiu a Medalla de Oro de Bellas Artes (1983) e o Premio Príncipe de Asturias (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director de escena. Comezou o seu traballo teatral en Teatro Circo e participou nos seus primeiros espectáculos, como Terra en lume e Erros e ferros de Pedro Madruga. Vinculado ao teatro afeccionado e comunitario, desenvolveu unha intensa actividade co movemento teatral ONCE na Coruña, onde dirixiu e coordinou as actividades do grupo Valacar. En 1993 creou, con Teresa Orro, a compañía Espello Cóncavo.
VER O DETALLE DO TERMO